Mostrar mensagens com a etiqueta tutoriais. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta tutoriais. Mostrar todas as mensagens

16 de dezembro de 2009

Handmade Christmas III

Compártovos en forma de titorial paso a paso a grilanda que veño de rematar istos días. Deume traballiño mas ficou fermosa e estou moi contenta, agardo que vos guste tanto como a min.

Aínda que nun primeiro momento pensei en facela de cores e mesmo cortei e cosín varias bandeirolas, finalmente non me agradaba o resultado e comecei de cero decantándome polas cores do Nadal por excelencia: branco, vermello e verde

tutorial grilanda 14Alinhar ao centro

Materiais necesarios: Feltro, unha fita bonita, enfeites de pompóns, abelorios de distintas formas, botóns, fío e cola para tecidos.
(Tanto os abelorios, como os botóns, como os fíos son do bazar chinés)

Empreguei como motivo istos anxos trompetistas que me deu a miña nai e que non recorda de onde os sacou, mas supoño que nas tendas de decoración non han ser difíciles de atopar motivos semellantes ou en todo caso sempre podedes facer o voso propio :)

O primeiro paso e recortar o modelo (fíxeno cun rectángulo e un círculo) e colar o anxo.
tutorial grilanda 1 tutorial grilanda 2

Despois cosinlle a flor no círculo, que por certo foi a primeira vez que empreguei este tipo de bordado e de seguido cosinlle os abelorios pequenos a modo de pompas.
tutorial grilanda 3

Engadinlle outro abelorio no centro da flor, este branco mate en contraposicións dos verdes semitransparentes de arriba.
tutorial grilanda 4

Cosín as dúas partes da bandeirola
tutorial grilanda 5

E coleille a fita de pompóns (encántame o toque que lle dan istos pomponciños ás cousas).
tutorial grilanda 6

E dispuxen a fita de tal xeito que fun colocando as bandeirolas na súa posición definitiva axudándome dun alfinete.
tutorial grilanda 7

As bandeirolas van suxeitas por diante con cola de tecido
tutorial grilanda 8

E por detrás tamén, aínda que como non me fiaba dinlle unhas puntadiñas :D
tutorial grilanda 9
tutorial grilanda 10

Xa para rematar engadinlle nos extremos uns abelorios metálicos cun debuxo a modo de estrelas
tutorial grilanda 11

Cosinlle os enganches dos extremos (de venta en calquera mercería, non vaiades á ferretería como fixen eu).
tutorial grilanda 12

E engadinlle uns botóns brancos entre as bandeirolas, aínda que no medio cosinlle un botón branco máis pequeno sobre outro vermello.
tutorial grilanda 13


Agardo que gozarades co titorial e que vos animedes a facer a vosa propia grilanda de Nadal.

Boas Festas a todos e gracias por estar aí.
tutorial grilanda 15




DIY Day @ ASPTL

BCD Show and tell

8 de dezembro de 2009

Handmade Christmas II

Outro tipo de enfeites para facer cos pequenos, son os feitos con "arcilla" branca e dos que (creio) xa vos falara ou mesmo vo-los ensinara algunha vez.
Ó mesmo que os outros de hai uns días, son ben sinxelos de facer e fican moi vistosos na árbore ou noutro sitio, os pequenos a gozan facéndoos e mesmo poden servir de agasallo ou empregarse a modo de etiqueta para pendurar nos lazos dos presentes.
enfeites Nadal

Para facelos non fan falta grandes aparellos, nós empregamos un vaso, unha palliña, unha cera e formas da plasticina ou mesmo cortapastas.
enfeites Nadal


Co vaso cortamos a forma redondeada, coa cera facémoslle o buraco que servirá despois para perduralos e coa palliña debuxamos pequenos círculos.
enfeites Nadal


Para pintalos usamos témpera e fican ben vistosos! Aquí vos ensino algúns dos que fixemos. Tamén temos uns con forma de corazón e vistosas cores que levan os nomes dos pequenos, de tal xeito que cada un ten o seu corazón pendurado na árbore.
Imaxino estes enfeites pasando de "xeración en xeración" :)
enfeites Nadal

enfeites Nadal

enfeites Nadal

E vos? mercades todos os enfeites de Nadal?

5 de dezembro de 2009

Handmade Christmas I

Os pequenos fixeron hoxe adornos de Nadal, nós temos o costume de aproveitar istos días festivos (para os de fora: o 6 celébrase a Constitución Española e o 8 é unha festa católica) para enfeitar a casa de Nadal.
Son moi doados de facer e fican ben vistosos nas xanelas, déixovos o "paso a paso".

1. Tómase o molde e debúxase na cartolina.
DIY adornos Nadal

Alinhar ao centro2. Recórtase e fanse buraquiños
DIY adornos Nadal

3. Cólase papel dese transparente de cores (como é que lle chaman?) de xeito que fique tapando os buracos.
DIY adornos Nadal

Ou cólase en toda a forma!! :)
Os buracos tamén se aproveitan para facer de folerpas
DIY adornos Nadal

4. Cólase o enganche
DIY adornos Nadal


5. Admírase a obra :D
DIY adornos Nadal

6. Enfeítase a casa :)
DIY adornos Nadal

30 de novembro de 2009

Facendo bonecas con material de refugallo

Vale, o recoñezo, están feitas con cartón de caixa de cereais :D
E ficaron preciosas, son fadas-princesas (e nos ratos libres aposto que tamén son bailarinas).
Tema: boneco

Son ben doadas de facer, apenas precisamos cartón de caixa de cereais, un anaquiño de tea, ... e moita imaxinación! :)
Tema: boneco

Para facerlle o vestido usamos outro cartón onde pegamos a tea remetendo polos bordos, esta foi máis tarefa miña porque o de remeter ten o seu aquel.
Tema: boneco

E agora xa están prontas para debuxárllela cara e facerlles os demáis enfeites.
Tema: boneco

Non son obxectiva, encantanme!! :) Estou namorada dos chapeus de princesas, das pinzas de corazóns, dos brazos en alto porque están contentas,...

Que me dicides dos "rosquitos" (así é como lle chaman na miña casa aos "rizos") que ten esta nas ás?
Tema: boneco
Este papel semitransparente creo que se chama "papel de seda" non?

E os chichiños desta? Cortoulle tanto o pelo que case queda sen el :)
Tema: boneco

E xa voan no noso salón, por riba dos calendarios de adviento que xa están prontos para empezar a abrirse mañá.
Tema: boneco

15 de julho de 2009

Primeiro cumpreBlogue!

Pois é, aínda que me parece incrível xa pasou un ano dende que escribín o primeiro post que comezou este blogue instigada (e inspirada) por Xose e máis a que se converteu co paso do tempo na miña xemelguiña :)

Un ano con máis 20.800 visitas, 71 seguidores, aparicións en Cucurrucu!, ABC&123 (e aquí), en Vieiros, en Kireei,...

Nun principio pensaba facer un sorteo mas despois pensei que era mellor premiarvos a todos os que me visitades e aquí está o meu agasallo de cumpreblogue, unhas preciosas bandeirolas (clicar para descargalas) para que imprimades na casa e que eu estarei encantada de ver como vos quedaron e onde as empregáchedes, así que non vos esquezades de sacar fotos :)


O "estampado" son unhas florciñas aínda que aquí vedes outras versións.

Son ben doadas de facer, imprimídeas, recortádeas, escolledes a corda ou fío do voso gosto e ides dobrando cada bandeirola, escolledes a colocación das cores e por último aplicades o pegamento


E as ides pegando no fío


Et voilà!


Como vedes quedan ben onde queira que se poñan, na xanela, nos estantes, na parede,... mesmo as podedes pegar en escarvadentes e empregalas como topes para as madalenas ou outros pequenos bocadiños.

Que as disfrutedes!

Hoxe non é precisamente o día que cumpro o ano, mas non podía agardar máis tempo hehehe

28 de março de 2009

"Poucheando"

Hai tempo corteilles ós meus pequenos este pouch para que xogaran a levar ós seus bonecos como fai mami.
É ben doado de facer, só tendes que cortar unha camiseta que sexa máis ou menos da talla do rapaz que vai usar o pouch como no debuxo. Pola miña experiencia é mellor que sexa un bocadiño máis grande da súa talla e cortádeo bastante ancho porque así é-lles máis doado meter os bonecos.

21 de dezembro de 2008

Estas últimas semanas

Xa teño rematada a nosa estrela da árbore, bem, aínda non está rematada de todo porque quero pórlle uns abelorios verdes paralelos ós laranxas do borde e probavelmente algo pendurado, aínda non o teño claro terei que ver que me vai pedindo pero este ano creio que xa fica así.

Os pequenos quixeron colocala eles, primeiro un, despois outro... hahaha, a verdade é que estou moi satisfeita co resultado final aínda que ten por aí algún erro claro, detalles das cousas feitas a man por primeira vez.

Déixovos unha foto da estrela en primeiro plano por se alguén se anima a facer unha para a súa árbore, a única condición e vir a ensinarma despois :)



Tamén rematei unha outra estreliña en feltro que foi a orixe da estrela grande da árbore.

Como á outra bordeille por detrás o ano.


Tamén xa teño case rematado un foguete que vai cara a lúa, só lle falta o astronauta!! Prometo ensinárvolo. Ademais atopei un fantástico tutorial para facer o nó francés e como non xa estou a maquinar onde o vou empregar.


Estivemos a facer cousiñas sacadas do Álbum Picassa de Sonia, non deixedes de visitalo pois ten moitos recursos do máis variado.


Atopoume outro blogue homeschooler: Escola em Casa "Dedicado a equipar famílias cristãs para a importante responsabilidade de dar a seus filhos uma educação escolar em casa dentro da ética cristã."


E xa por último partillo algúns dos meus recentes descobrimentos: