R.E.M.: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Reemplazos con Replacer: «púbico» |

(Non se amosan 4 revisións feitas por 2 usuarios.) | |||
Liña 11: | Liña 11: | ||
| membros = [[Peter Buck]]
[[Mike Mills]]
[[Michael Stipe]]
[[Bill Berry]] |
| membros = [[Peter Buck]]
[[Mike Mills]]
[[Michael Stipe]]
[[Bill Berry]] |

| antigos_membros = |
| antigos_membros = |

| relacionados = [[10,000 Maniacs]], [[Automatic Baby]], [[The B-52's]], [[The Baseball Project]], [[Filthy Friends]], [[Hindu Love Gods]], [[The Minus 5]], [[The Troggs]], [[Tired Pony]], [[Tuatara]], [[U2]], [[Warren Zevon]] |

| web = http://remhq.com |
| web = http://remhq.com |

'''R.E.M.''' foi unha banda de [[rock alternativo]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]] creada en [[1980]] en [[Athens, Xeorxia]]. Estivo formada por [[Michael Stipe]] (voz), [[Peter Buck]] ([[guitarra]]), [[Mike Mills]] ([[baixo]]) e [[Bill Berry]] (batería); este último deixou o grupo en [[1997]]. R.E.M. foi unha das bandas de [[rock alternativo]] máis populares, e unha das primeiras do xénero en chegar ao gran |
'''R.E.M.''' foi unha banda de [[rock alternativo]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]] creada en [[1980]] en [[Athens, Xeorxia]]. Estivo formada por [[Michael Stipe]] (voz), [[Peter Buck]] ([[guitarra]]), [[Mike Mills]] ([[baixo]]) e [[Bill Berry]] (batería); este último deixou o grupo en [[1997]]. R.E.M. foi unha das bandas de [[rock alternativo]] máis populares, e unha das primeiras do xénero en chegar ao gran público durante a década dos 80. |

O día [[21 de setembro]] do [[2011]] a banda anunciaba a súa disolución a través da súa páxina web oficial.<ref>{{Cita web |url=http://remhq.com/news_story.php?id=1446 |título=Anuncio da separación |lingua=inglés |data-acceso=21 de setembro de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110922192304/http://remhq.com/news_story.php?id=1446 |dataarquivo=22 de setembro de 2011 |urlmorta= |
O día [[21 de setembro]] do [[2011]] a banda anunciaba a súa disolución a través da súa páxina web oficial.<ref>{{Cita web |url=http://remhq.com/news_story.php?id=1446 |título=Anuncio da separación |lingua=inglés |data-acceso=21 de setembro de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110922192304/http://remhq.com/news_story.php?id=1446 |dataarquivo=22 de setembro de 2011 |urlmorta=yes }}</ref> |

== Traxectoria == |
== Traxectoria == |

Liña 94: | Liña 95: | ||
* [https://web.archive.org/web/20191103223844/https://www.remhq.com/ Páxina oficial (en inglés)] |
* [https://web.archive.org/web/20191103223844/https://www.remhq.com/ Páxina oficial (en inglés)] |

* [http://www.remrock.com/ Páxina de fans, con táboaturas (en inglés)] |
* [http://www.remrock.com/ Páxina de fans, con táboaturas (en inglés)] |

* [http://www.murmurs.com/ Páxina con novas sobre o grupo (en inglés)] |
* [http://www.murmurs.com/ Páxina con novas sobre o grupo (en inglés)]{{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20050127095952/http://www.murmurs.com/ |date=27 de xaneiro de 2005 }} |

* {{En}} [http://www.rem-fan.com www.rem-fan.com] |
* {{En}} [http://www.rem-fan.com www.rem-fan.com] |

{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
Revisión actual feita o 20 de febreiro de 2024 ás 07:56
R.E.M. | |

R.E.M. en directo | |
Orixe | Athens, Xeorxia, Estados Unidos |
Período | 1980 – 2011 |
Xénero(s) | rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | I.R.S. Records, Warner Bros. Records |
Membros | Peter Buck Mike Mills Michael Stipe Bill Berry |
Artistas relacionados | 10,000 Maniacs, Automatic Baby, The B-52's, The Baseball Project, Filthy Friends, Hindu Love Gods, The Minus 5, The Troggs, Tired Pony, Tuatara, U2, Warren Zevon |
Na rede | |
http://remhq.com | |
R.E.M. foi unha banda de rock alternativo estadounidense creada en 1980 en Athens, Xeorxia. Estivo formada por Michael Stipe (voz), Peter Buck (guitarra), Mike Mills (baixo) e Bill Berry (batería); este último deixou o grupo en 1997. R.E.M. foi unha das bandas de rock alternativo máis populares, e unha das primeiras do xénero en chegar ao gran público durante a década dos 80.
O día 21 de setembro do 2011 a banda anunciaba a súa disolución a través da súa páxina web oficial.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]R.E.M. marcou o punto na historia do rock onde o post-punk converteuse en rock alternativo. Dende o primeiro sinxelo "Radio Free Europe", lanzado en 1981, xerou un movemento "de volta ao garaxe" no underground estadounidense. Mentres existía un número grande de bandas hardcore e punk nos Estados Unidos durante o inicio dos anos 80, R.E.M. trouxo de volta o pop rock de finais dos anos 60 dun xeito tan único que soaba ao mesmo tempo tradicional e moderno. A pesar de non haber grandes innovacións na súa música, R.E.M. ten unha identidade e unha actitude que transformou o underground estadounidense.
Ao longo dos anos 80 traballaron incansablemente, lanzando discos todos os anos e con xiras constantes en teatros e pequenos clubs. Pasaron anos ata que R.E.M. alcanzou a cima das listas, pero dende o principio, dende o lanzamento do EP Chronic Town en 1982, a banda ven conquistando a admiración e o respecto do seu público sempre en aumento. Chronic Town establecía unha mestura de folk e garage rock que se converteu na marca rexistrada da banda durante os seguintes cinco anos.
A finais dos anos 80 o público da banda medrara o suficiente para garantir grandes vendas, pero o grande éxito comercial do álbum Document de 1987, empurrado polo sinxelo "The One I Love" foi inesperado, especialmente porque R.E.M. pouco cambiara no seu son e na súa actitude diante dos medios. Despois de Document, a banda lentamente converteuse nunha das máis populares do mundo. Logo dunha exhaustiva xira internacional de presentación do álbum Green, de 1988, R.E.M. parou coas xiras e concentrouse no estudio, cando gravou os seus álbums máis exitosos: Out of Time (1991) e Automatic for the People (1992).
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |

Murmur | 1983 | I.R.S. Records |
Reckoning | 1984 | I.R.S. Records |
Fables of the Reconstruction | 1985 | I.R.S. Records |
Lifes Rich Pageant | 1986 | I.R.S. Records |
Document | 1987 | I.R.S. Records |
Green | 1989 | Warner Bros. Records |
Out of Time | 1991 | Warner Bros. Records |
Automatic for the People | 1992 | Warner Bros. Records |
Monster | 1994 | Warner Bros. Records |
New Adventures in Hi-Fi | 1996 | Warner Bros. Records |
Up | 1998 | Warner Bros. Records |
Reveal | 2001 | Warner Bros. Records |
Around the Sun | 2004 | Warner Bros. Records |
Accelerate | 2008 | Warner Bros. Records |
Collapse into Now | 2011 | Warner Bros. Records |
EPs
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |

Chronic Town | 1982 | I.R.S. Records |
Not Bad for No Tour | 2001 | Warner Bros. Records |
Vancouver Rehearsal Tapes | 2003 | Warner Bros. Records |
Live from London | 2008 | Warner Bros. Records |
Reckoning Songs from the Olympia | 2009 | Warner Bros. Records |
Deep Cuts: R.E.M. | 2009 | Warner Bros. Records |
Recompilatorios
[editar | editar a fonte]- Dead Letter Office - 1987
- Eponymous - 1988
- The Best of R.E.M. - 1991
- In Time - The Best of R.E.M. 1988-2003 - 2003
Videografía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Anuncio da separación" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2011. Consultado o 21 de setembro de 2011.