Saltar ao contido

Queimada: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Estevoaei (conversa | contribucións)
Estevoaei (conversa | contribucións)
formato referencias
Liña 1: Liña 1:
{{Outros homónimos}}
{{Outros homónimos}}
[[Ficheiro:Queimada Galicia 4.jpg|dereita|250px|miniatura|Queimada ardendo.]]
[[Ficheiro:Queimada Galicia 4.jpg|dereita|250px|miniatura|Queimada ardendo.]]
A '''queimada''' (de queimar, que se supón que evolucionou a partir dunha forma hispánica *''caimare'', alteración do [[Lingua latina|latín]] ''cremare'')<ref>{{Cita web|url=http://portaldaspalabras.gal/lexico/palabra-do-dia/queimada/|páxina-web=Portal das Palabras|título=Queimada|data-acceso=15 de agosto de 2016}}</ref> é unha bebida alcohólica tradicional galega propia da [[Gastronomía de Galicia|súa gastronomía]]. Elabórase a base de augardente queimada, con azucre, grans de café e limón. Atribúenselle facultades curativas,<ref name="GonzálezReboredo">[http://consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/etnicidade.pdf/]
A '''queimada''' (de queimar, que se supón que evolucionou a partir dunha forma hispánica *''caimare'', alteración do [[Lingua latina|latín]] ''cremare'')<ref>{{Cita web|url=http://portaldaspalabras.gal/lexico/palabra-do-dia/queimada/|páxina-web=Portal das Palabras|título=Queimada|data-acceso=15 de agosto de 2016}}</ref> é unha bebida alcohólica tradicional galega propia da [[Gastronomía de Galicia|súa gastronomía]]. Elabórase a base de augardente queimada, con azucre, grans de café e limón. Atribúenselle facultades curativas,<ref name="GonzálezReboredo">{{cita libro|título=Etinicidade e Nacionalismo|autor=González Reboredo, Xosé Manuel|editorial=Consello da cultura Galega|ano=2000|capítulo=A construción de referentes de identidade etno-nacional. Algunhas mostras sobre Galicia|id=ISBN 84-95415-34-8|url=https://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=330}}
</ref><ref name="Abalo1">{{Cita web|url=http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/08/09/3969952.shtml?idioma=galego|título=«O café na queimada é unha copia dos cataláns»|dataacceso=16 de marzo de 2010|autor=entrevista de R. Queimaliños|data=9 de agosto de 2005|work=|editor=''[[La Voz de Galicia]]''|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20150709134807/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/08/09/3969952.shtml?idioma=galego|dataarquivo=09/07/2015|urlmorta=yes}}</ref> asemade, o seu consumo está rodeado de tradicións: mentres se elabora pronúnciase un [[conxuro]] para protexer contra meigallos e para escorrentar os [[espírito]]s e demais seres malvados de quen a bebe.
{{cita libro|título=Etinicidade e Nacionalismo|autor=González Reboredo, Xosé Manuel|editorial=Consello da cultura Galega|ano=2000|capítulo=A construción de referentes de identidade etno-nacional. Algunhas mostras sobre Galicia|id=ISBN 84-95415-34-8}}
</ref><ref name="Abalo1">[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/08/09/3969952.shtml] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20101122090228/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/08/09/3969952.shtml |date=22/11/2010 }} «O café na queimada é unha copia dos cataláns»</ref> asemade, o seu consumo está rodeado de tradicións: mentres se elabora pronúnciase un [[conxuro]] para protexer contra meigallos e para escorrentar os [[espírito]]s e demais seres malvados de quen a bebe.


== Tradición ==
== Tradición ==
Liña 17: Liña 16:
[[Ficheiro:Mariano Marcos Abalo - queimada.jpg|dereita|miniatura|Mariano Marcos Abalo, autor do conxuro, facendo a queimada.]]
[[Ficheiro:Mariano Marcos Abalo - queimada.jpg|dereita|miniatura|Mariano Marcos Abalo, autor do conxuro, facendo a queimada.]]


O conxuro ou esconxuro tradicional da queimada foi inventado en [[Vigo]] en [[1967]]<ref name="correo">[http://www.elcorreogallego.es/verano/ecg/cita-estival-38-seminaristas/idEdicion-2009-08-06/idNoticia-455432/] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120114075550/http://www.elcorreogallego.es/verano/ecg/cita-estival-38-seminaristas/idEdicion-2009-08-06/idNoticia-455432/ |date=14 de xaneiro de 2012 }} A cita estival de 38 seminaristas</ref> por [[Mariano Marcos Abalo]] para unha festa de xogos florais das moitas que entón tiñan lugar nun barco comisado amarrado no porto da cidade.<ref name="Abalo2">[http://www.lavozdegalicia.com/vigo/2008/10/19/0003_7237455.htm] «Sábese que o conxuro é meu, e iso bástame»</ref> En [[1974]] o seu creador engadiulle as referencias a [[Satán]] e [[Belcebú]] e comezou a representalo na discoteca Fausto da cidade olívica.<ref name="Abalo2" /> Por esa mesma época, unha imprenta viguesa comezou a vender copias do esconxuro,<ref name="Abalo2" /> inicialmente sen a súa autorización e logo pagando unha peseta por exemplar vendido,<ref name="Abalo2" /> o éxito fixo que outras empresas comezasen a vender copias pola súa conta, sen ningunha autorización e sen citar o seu nome, o que pode contribuír á crenza de que o esconxuro era dun autor anónimo. No [[2001]] Mariano Marcos Abalo decidiu rexistrar a propiedade intelectual do esconxuro.<ref name="Abalo1" />
O conxuro ou esconxuro tradicional da queimada foi inventado en [[Vigo]] en [[1967]]<ref name="correo">{{cita novas|url=https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/cita-estival-38-seminaristas-AFCG455432|título=La cita estival de 38 seminaristas|xornal=El Correo Gallego|data=6 de agosto de 2009}}</ref> por [[Mariano Marcos Abalo]] para unha festa de xogos florais das moitas que entón tiñan lugar nun barco comisado amarrado no porto da cidade.<ref name="Abalo2">{{cita novas|url=http://www.lavozdegalicia.com/vigo/2008/10/19/0003_7237455.htm|título«Se sabe que el conxuro es mío, y eso me bastame»|xornal=La Voz de Galicia|data=19 de outubro de 2008|autor=B. R. Sotelino}}</ref> En [[1974]] o seu creador engadiulle as referencias a [[Satán]] e [[Belcebú]] e comezou a representalo na discoteca Fausto da cidade olívica.<ref name="Abalo2" /> Por esa mesma época, unha imprenta viguesa comezou a vender copias do esconxuro,<ref name="Abalo2" /> inicialmente sen a súa autorización e logo pagando unha peseta por exemplar vendido,<ref name="Abalo2" /> o éxito fixo que outras empresas comezasen a vender copias pola súa conta, sen ningunha autorización e sen citar o seu nome, o que pode contribuír á crenza de que o esconxuro era dun autor anónimo. No [[2001]] Mariano Marcos Abalo decidiu rexistrar a propiedade intelectual do esconxuro.<ref name="Abalo1" />


== Ingredientes ==
== Ingredientes ==
Liña 30: Liña 29:


== Conxuro ou esconxuro ==
== Conxuro ou esconxuro ==
[[Ficheiro:Queimada_Conjuro.jpg|miniatura|dereita|250px|Recitando o conxuro.]]
[[Ficheiro:Queimada_Conjuro.jpg|miniatura|dereita|Recitando o conxuro.]]
Un dos conxuros da queimada foi escrito por [[Mariano Marcos Abalo]] en 1967 e revisado en 1974<ref>{{Cita web|url=http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/08/09/3969952.shtml?idioma=galego|autor=R. Queimaliños|data=09-08-2005|páxina-web=|título=«O café na queimada é unha copia dos cataláns»|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20150709134807/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/08/09/3969952.shtml?idioma=galego|dataacceso=07-05-2018|editor=La Voz de Galicia|dataarquivo=09-07-2015|work=|urlmorta=yes}}</ref>, e comeza así:
Un dos conxuros da queimada foi escrito por [[Mariano Marcos Abalo]] en 1967 e revisado en 1974<ref name="Abalo1" />, e comeza así:


{{Cita centrada |Mouchos, curuxas, sapos e bruxas.<br>
{{Cita centrada |Mouchos, curuxas, sapos e bruxas.<br>

Revisión como estaba o 17 de abril de 2024 ás 09:16

Queimada ardendo.

A queimada (de queimar, que se supón que evolucionou a partir dunha forma hispánica *caimare, alteración do latín cremare)[1] é unha bebida alcohólica tradicional galega propia da súa gastronomía. Elabórase a base de augardente queimada, con azucre, grans de café e limón. Atribúenselle facultades curativas,[2][3] asemade, o seu consumo está rodeado de tradicións: mentres se elabora pronúnciase un conxuro para protexer contra meigallos e para escorrentar os espíritos e demais seres malvados de quen a bebe.

Tradición

O ritual da preparación está dirixido a afastar os malos espíritos e as meigas que, segundo a tradición, asexan os homes e mulleres para tentar maldicilos, ben sexa por diversión, por vinganza ou por calquera outro motivo. Calquera ocasión é boa para realizar unha queimada: unha festa, reunións familiares ou de amigos. Tras a cea, na escuridade da noite (que é un dos mellores momentos para realizala), os comensais reúnense arredor do pote no que se elabora, preferibelmente coas luces apagadas, para animar os corazóns e estreitar os lazos de amizade. Un deles encárgase de darlle o toque final erguendo cun cazo o líquido en chamas e deixándoo caer pouco a pouco no recipiente mentres pronuncia o conxuro, o que crea un ambiente moi especial.

Orixes

Recipente no que se elabora a queimada.

As orixes da bebida son descoñecidas. Popularmente, á queimada atribúenselle orixes celtas, mais, segundo afirmou en 1972 o catedrático de prehistoria da Universidade de Santiago, Carlos Alonso del Real[4] isto sería imposible, xa que a destilación do augardente en Galicia non pode ser anterior á introdución do alambique (de orixe árabe) a partir do século XII ou XIII, xa na Idade media. Así mesmo, sempre segundo Alonso del Real,[4] o azucre de cana, un dos seus ingredientes fundamentais, tamén o introduciron os árabes na Península Ibérica (a difusión do seu equivalente de remolacha é moi posterior, correspondendo ás Guerras Napoleónicas). Isto levouno a atribuírlle orixes medievais á bebida.

Posteriormente, o antropólogo Xosé Manuel González Reboredo, afirmou[2] que o consumo de augardente (normalmente sen queimar) era habitual na Galicia rural tradicional, onde tiña fama como medicamento contra o catarro e que nun momento dado -que el sitúa ao redor dos anos cincuenta do século XX[2]- galegos residentes no exterior comezaron a tomar esta bebida nas festas ou despois das comidas. En xuntanzas deste tipo xurdiría o costume de acompañar o consumo da queimada de esconxuros compostos ex-profeso para o momento. Este costume espallouse tan axiña que xa no ano 1955 o oleiro mindoniense Tito Freire, creou o recipiente de barro cocido, con forma de tarteira e patas nos que se adoita preparar habitualmente.[2]

Historia do conxuro

Mariano Marcos Abalo, autor do conxuro, facendo a queimada.

O conxuro ou esconxuro tradicional da queimada foi inventado en Vigo en 1967[5] por Mariano Marcos Abalo para unha festa de xogos florais das moitas que entón tiñan lugar nun barco comisado amarrado no porto da cidade.[6] En 1974 o seu creador engadiulle as referencias a Satán e Belcebú e comezou a representalo na discoteca Fausto da cidade olívica.[6] Por esa mesma época, unha imprenta viguesa comezou a vender copias do esconxuro,[6] inicialmente sen a súa autorización e logo pagando unha peseta por exemplar vendido,[6] o éxito fixo que outras empresas comezasen a vender copias pola súa conta, sen ningunha autorización e sen citar o seu nome, o que pode contribuír á crenza de que o esconxuro era dun autor anónimo. No 2001 Mariano Marcos Abalo decidiu rexistrar a propiedade intelectual do esconxuro.[3]

Ingredientes

Os seus ingredientes principais son a augardente e o azucre ós que xeralmente se lles bota tamén casca de limón ou laranxa, uns poucos grans de café sen moer. Á mestura pódenselle engadir cachos de mazá, uvas ou algún outro ingrediente, os cales se engaden de forma independente segundo a tradición da zona.

Preparación

Nun pote de barro cocido (hainos especiais para a queimada) bótanse a augardente e o azucre na proporción duns 120 gramos deste por litro daquela, os demais ingredientes e reméxese todo.

Nun recipiente máis pequeno (normalmente o cazo co que se remove) cóllese, á parte, unha pequena cantidade de queimada, sen limón nin café, móllanse os bordos do garfelo coa bebida e préndeselle lume. Cando estea ardendo, métese o cazo no recipiente grande ata que se estenda por toda a superficie. A continuación reméxese lentamente, deixando que suban as lapas do alcohol, creando cascadas con elas. Reméxese ata que se esgota case que todo o alcohol, facendo que a queimada se apague case por si soa, normalmente rematando polos bordos, que non se apagan. É cara ó final deste proceso cando se recita o esconxuro.

A queimada sérvese quente, incluíndo todos os ingredientes.

Conxuro ou esconxuro

Recitando o conxuro.

Un dos conxuros da queimada foi escrito por Mariano Marcos Abalo en 1967 e revisado en 1974[3], e comeza así:

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas.

Demos, trasgos e diaños, [...]

Galería de imaxes

Notas

  1. "Queimada". Portal das Palabras. Consultado o 15 de agosto de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 González Reboredo, Xosé Manuel (2000). "A construción de referentes de identidade etno-nacional. Algunhas mostras sobre Galicia". Etinicidade e Nacionalismo. Consello da cultura Galega. ISBN 84-95415-34-8. 
  3. 3,0 3,1 3,2 entrevista de R. Queimaliños (9 de agosto de 2005). La Voz de Galicia, ed. "«O café na queimada é unha copia dos cataláns»". Arquivado dende o orixinal o 09/07/2015. Consultado o 16 de marzo de 2010. 
  4. 4,0 4,1 Alonso del Real, Carlos (1972). "Os orixes da queimada. Capítulo programático dun libro en preparación". Grial (35): 74–82. 
  5. "La cita estival de 38 seminaristas". El Correo Gallego. 6 de agosto de 2009. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 B. R. Sotelino (19 de outubro de 2008). La Voz de Galicia http://www.lavozdegalicia.com/vigo/2008/10/19/0003_7237455.htm.  Texto "título«Se sabe que el conxuro es mío, y eso me bastame»" ignorado (Axuda); Falta o |title= (Axuda)

Véxase tamén

Ligazóns externas