Saltar ao contido

Teglatfalasar III: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
m robot Modificado: it:Tiglat-Pileser III
Liña 21: Liña 21:
[[he:תגלת פלאסר השלישי]]
[[he:תגלת פלאסר השלישי]]
[[hu:III. Tukulti-apil-Ésarra]]
[[hu:III. Tukulti-apil-Ésarra]]
[[it:Tiglat-Pilesar III]]
[[it:Tiglat-Pileser III]]
[[ja:ティグラト・ピレセル3世]]
[[ja:ティグラト・ピレセル3世]]
[[ko:티글라트-필레세르 3세]]
[[ko:티글라트-필레세르 3세]]

Revisión como estaba o 5 de xaneiro de 2008 ás 10:50

Teglatfalasar III, tamén coñecido como Tiglatpileser III, (746 adC-722 adC.) foi rei de Asiria. Pasa por ser un dos grandes caudillos de todos os tempos.

Chegou ao trono tras unha guerra civil. Venceu a Urartu (Armenia), aos Medos, aos neohititas e controlou toda Siria (destruiu Damasco) e Fenicia. Tomou Arpad tras tres anos de asedio. Impuxo un duro tributo a Hamath e derrotou ao reino de Xudá e aos filisteos, e ocupou Samaría e a maior parte de Israel. Realizou masivas deportacións e duras represións. Acabou co poderío de Babilonia da cal se proclamou rei co seu nome orixinario Pulu.

Atribúeselle a construción do pazo de Nimrud.

Fixo importantes reformas administrativas. Limitou a autonomía dos caudillos militares; incrementou o número de provincias co fin de reducir o seu poderío e puxo ao fronte gobernadores eunucos.

Recrutou estranxeiros no seu exército co fin de poder prolongar as campañas militares alén do verán. Os asirios seguiron formando a cabalería e as unidades de carros, deixándose para os foráneos a infantería. Incrementou o papel da cabalería fronte aos carros, o que permitiu avanzar por áreas montañosas e gañar en velocidade de manobra e ataque. Todo isto permitiulle un despregue militar sen precedentes.

Sucedeulle Salmanasar V, seu fillo.