Teglatfalasar III: Diferenzas entre revisións
m imaxe procedente de Commons |
m bot Modificado: it:Tiglatpileser III |
||
Liña 24: | Liña 24: | ||
[[he:תגלת פלאסר השלישי]] |
[[he:תגלת פלאסר השלישי]] |
||
[[hu:III. Tukulti-apil-Ésarra]] |
[[hu:III. Tukulti-apil-Ésarra]] |
||
[[it: |
[[it:Tiglatpileser III]] |
||
[[ja:ティグラト・ピレセル3世]] |
[[ja:ティグラト・ピレセル3世]] |
||
[[ko:티글라트-필레세르 3세]] |
[[ko:티글라트-필레세르 3세]] |
Revisión como estaba o 15 de decembro de 2008 ás 12:08
Teglatfalasar III, tamén coñecido como Tiglatpileser III, (746 adC — 722 adC.) foi rei de Asiria. Pasa por ser un dos grandes caudillos de todos os tempos.
Chegou ao trono tras unha guerra civil. Venceu a Urartu (Armenia), aos Medos, aos neohititas e controlou toda Siria (destruiu Damasco) e Fenicia. Tomou Arpad tras tres anos de asedio. Impuxo un duro tributo a Hamath e derrotou ao reino de Xudá e aos filisteos, e ocupou Samaría e a maior parte de Israel. Realizou masivas deportacións e duras represións. Acabou co poderío de Babilonia da cal se proclamou rei co seu nome orixinario Pulu.
Atribúeselle a construción do pazo de Nimrud.
Fixo importantes reformas administrativas. Limitou a autonomía dos caudillos militares; incrementou o número de provincias co fin de reducir o seu poderío e puxo ao fronte gobernadores eunucos.
Recrutou estranxeiros no seu exército co fin de poder prolongar as campañas militares alén do verán. Os asirios seguiron formando a cabalería e as unidades de carros, deixándose para os foráneos a infantería. Incrementou o papel da cabalería fronte aos carros, o que permitiu avanzar por áreas montañosas e gañar en velocidade de manobra e ataque. Todo isto permitiulle un despregue militar sen precedentes.
Sucedeulle Salmanasar V, seu fillo.