Crater: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: az:Kasa (bürc) |
m r2.7.1) (bot Modificado: la:Crater (constellatio) |
||
Liña 104: | Liña 104: | ||
[[ja:コップ座]] |
[[ja:コップ座]] |
||
[[ko:컵자리]] |
[[ko:컵자리]] |
||
[[la:Crater ( |
[[la:Crater (constellatio)]] |
||
[[lb:Crater (Stärebild)]] |
[[lb:Crater (Stärebild)]] |
||
[[lt:Taurė (žvaigždynas)]] |
[[lt:Taurė (žvaigždynas)]] |
Revisión como estaba o 26 de marzo de 2011 ás 19:15
Crater | |
---|---|
Nome latino | Cráter |
Abreviatura | Crt |
Xenitivo | Crateris |
Simboloxía | A Vasilla ou Cunca, |
Ascensión recta | 11 h |
Declinación | −15° |
Área | 282 graos cadrados
Rango 53º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
Non |
Estrela máis brillante | δ Crt
(magnitude ap. 3,57) |
Choiva de meteoros | |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +65° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Abril | |
Crater (vasilla en Latín) é unha das 88 constelacións e tamén foi unha das 48 listadas por Ptolomeo. Dise que representa a copa de Apolo. Non ten estrelas cun brillo maior á cuarta magnitude.
Estrelas principais
γ Crateris é unha binaria pechada , cunha magnitude de 4,06 , un ángulo de posición de 96° e unha separación de 52". A súa compañeira é de 9,6. Este sistema está localizado a 84 anos luz do Sol.
R Crateris é unha semiregular variable do tipo SRb e unha clasificación espectral de M7. Ten unha magnitude de 9,8 a 11,2 e un período óptico de 160 días.
SZ Crateris é de magnitude 8,1 e é unha estrela variable. É un sistema estelar localizado bastante preto de nós, a uns 44 anos luz. Tamén é identificada co nome de Gliese 425, e no pasado foi coñecida coma a estrela de Abt.
- Estrelas con nome propio:
- (11/β Crt) 4,46 Al Sharasif
- < ? As costelas (da Hydra)
- (12/δ Crt) 3,56 Labrum ou Santo Grial
- (11/β Crt) 4,46 Al Sharasif
- Estrelas con designación de Bayer:
- Estrelas con designación de Flamsteed:
- Outras estrelas notables:
- BD-10°3166 10,0 (ten un planeta extrasolar).
- HD 98800, sistema estelar cun disco de po.
- LHS 2397a, sistema binario de baixa masa, composto por unha feble anana vermella e unha anana marrón.
Obxectos Notables do espazo profundo
NGC 3511 é unha galaxia en espiral cunha barra difuminada preto do borde,do tipo SBbc. É un membro do cúmulo de galaxias Abell 1060. Esta galaxia e dunha magnitude de 12, e dun tamaño de 4' x 1'.
NGC 3887 é unha galaxia de espiral barrada do tipo SBc, de magnitude 11, cun diámetro de 3,5'.
NGC 3981 é unha galaxia espiral con dous brazos ben separados, do tipo SBbc. A súa magnitude e 12 cun diámetro de 3'. Esta galaxia foi descuberta por William Herschel no 1785.
Mitoloxía
Na mitoloxía grega, un corvo servía a Apolo, e foi enviado a traer auga, pero este quedouse a esperar cuns figos duns figueira madurasen para poder comelos, despois de varios días de espera, e de finalmente obte-la auga na fonte, regresou levando ademais do cráter onde levaba a auga, unha serpe de auga (chamada tamén hidra), e coma escusa pola súa tardanza explicou que esta serpe bebíase cada día a auga da fonte (noutros relatos o corvo dicía que a serpe o tiña atacado). De acordo co mito, Apolo descubriu o engano, e furioso mandou ó corvo, o cráter e a serpe ó ceo. A orixe desta fábula é debido á proximidade desta constelación coas do Corvus, e da Hydra, na área do firmamento coñecida coma Mar.
Véxase tamén
Outros Artigos
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Crater |