Saltar ao contido

Flavio Severo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3: Liña 3:


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Baixo o nome de Severo II, foi un militar brillante, pero de escasa mentalidade política. Cando no [[305]], [[Diocleciano]] abdica e [[Maximiano]], augustus de Occidente tamén o fai obrigado. [[Galerio]] nomea a Flavio Severo césar de Occidente, pasando por riba das intencions de [[Constancio I Cloro]], que quería nomear o seu fillo [[Constantino]]. Ademais, [[Maxencio]], o fillo do emperador Maximiano, tamén consideraba que tiña dereitos sobre o trono, e como tal, rebélase, faise proclamar augustus en [[Roma]], e chama o seu pai para o seu carón co fin de gobernar ámbolos dous como augustus.
Baixo o nome de Severo II, foi un militar brillante, pero de escasa mentalidade política. Cando no [[305]], [[Diocleciano]] abdica e [[Maximiano]], augustus de Occidente tamén o fai obrigado. [[Galerio]] nomea a Flavio Severo césar de Occidente, pasando por riba das intencions de [[Constancio I Cloro]], que quería nomear o seu fillo [[Constantino I o Grande|Constantino]]. Ademais, [[Maxencio]], o fillo do emperador Maximiano, tamén consideraba que tiña dereitos sobre o trono, e como tal, rebélase, faise proclamar augustus en [[Roma]], e chama o seu pai para o seu carón co fin de gobernar ámbolos dous como augustus.


[[Galerio]], augustus de Oriente, atópase de súpeto con catro augustus en occidente. [[Constancio I Cloro]], [[Severo II]], [[Maxencio]] e [[Maximiano]]. Constancio I Cloro morre en [[Britania]] nunha expedición contra os [[pictos]], pero as lexións nomean o seu fillo [[Constantino I o Grande|Constantino]] augustus.
[[Galerio]], augustus de Oriente, atópase de súpeto con catro augustus en occidente. [[Constancio I Cloro]], [[Severo II]], [[Maxencio]] e [[Maximiano]]. Constancio I Cloro morre en [[Britania]] nunha expedición contra os [[pictos]], pero as lexións nomean o seu fillo [[Constantino I o Grande|Constantino]] augustus.

Revisión como estaba o 24 de xuño de 2012 ás 10:39

Flavius Valerius Severus como césar.

Flavio Valerio Severo, en latín Flavius Valerius Severus, falecido o 16 de setembro do ano 307, foi un emperador romano de Occidente. Foi un militar romano de orixe iliria, nacido no seo dunha familia humilde.

Traxectoria

Baixo o nome de Severo II, foi un militar brillante, pero de escasa mentalidade política. Cando no 305, Diocleciano abdica e Maximiano, augustus de Occidente tamén o fai obrigado. Galerio nomea a Flavio Severo césar de Occidente, pasando por riba das intencions de Constancio I Cloro, que quería nomear o seu fillo Constantino. Ademais, Maxencio, o fillo do emperador Maximiano, tamén consideraba que tiña dereitos sobre o trono, e como tal, rebélase, faise proclamar augustus en Roma, e chama o seu pai para o seu carón co fin de gobernar ámbolos dous como augustus.

Galerio, augustus de Oriente, atópase de súpeto con catro augustus en occidente. Constancio I Cloro, Severo II, Maxencio e Maximiano. Constancio I Cloro morre en Britania nunha expedición contra os pictos, pero as lexións nomean o seu fillo Constantino augustus.

Galerio envía a Severo II a Italia para rematar coas intencións de Maxencio e Maximiano, nomeados despois da rebelión do pobo de Roma en contra da designacion de Severo II como césar. Pero as tropas abandonan a Severo II que ten que fuxir cara a Ravenna. Aló é convencido por Maximiano de que se lle respectara a súa vida a cambio da súa abdicación, cousa que fai, entregándose ós seus persecutores.

Pero Galerio, emperador en Oriente, non acepta esta situación e prepara a invasión de Italia. Cando chega para se enfrontar ós seus "augustus" rivais, Maxencio manda asasinar a Severo II, que se atopaba prisioneiro en Roma no ano 307.


Imperio Romano

Segue a:
Galerio
Flavio Severo
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Tetrarquia