Saltar ao contido

R.E.M.: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Krisko (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5: Liña 5:
| orixe = [[Athens, Xeorxia]]
| orixe = [[Athens, Xeorxia]]
| país = [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] [[Ficheiro:Flag of the United States.svg|20px|]]
| país = [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] [[Ficheiro:Flag of the United States.svg|20px|]]
| período = [[1980]] - [[2011]]
| período = 1980–2011
| xénero = [[rock alternativo]]
| xénero = [[rock alternativo]]
| selo = I.R.S., Warner Bros.
| selo = I.R.S., Warner Bros.
Liña 12: Liña 12:
| web = http://remhq.com
| web = http://remhq.com
}}
}}

'''R.E.M.''' foi unha banda de [[rock alternativo]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]] creada en [[1980]] en [[Athens, Xeorxia]]. Estivo formada por [[Michael Stipe]] (voz), [[Peter Buck]] ([[guitarra]]), [[Mike Mills]] ([[baixo]]) e [[Bill Berry]] (batería); este último deixou o grupo en [[1997]]. R.E.M. foi unha das bandas de [[rock alternativo]] máis populares.
'''R.E.M.''' foi unha banda de [[rock alternativo]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]] creada en [[1980]] en [[Athens, Xeorxia]]. Estivo formada por [[Michael Stipe]] (voz), [[Peter Buck]] ([[guitarra]]), [[Mike Mills]] ([[baixo]]) e [[Bill Berry]] (batería); este último deixou o grupo en [[1997]]. R.E.M. foi unha das bandas de [[rock alternativo]] máis populares.



Revisión como estaba o 1 de abril de 2014 ás 13:02

R.E.M.
R.E.M. en directo
OrixeAthens, Xeorxia, Estados Unidos
Período1980–2011
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)I.R.S., Warner Bros.
MembrosPeter Buck
Mike Mills
Michael Stipe
Antigos membrosBill Berry
Na rede
http://remhq.com
IMDB: nm1032121 Facebook: REMhq Twitter: remhq Instagram: rem MySpace: rem Youtube: UC7eaRqtonpyiYw0Pns0Au_g Bandcamp: remhqSouncloud: remhq Spotify: 4KWTAlx2RvbpseOGMEmROg iTunes: 311145 Last fm: R.E.M. Musicbrainz: ea4dfa26-f633-4da6-a52a-f49ea4897b58 Songkick: 220219 Discogs: 74500 Allmusic: mn0000325459 Deezer: 129 Genius: Rem Editar o valor en Wikidata

R.E.M. foi unha banda de rock alternativo estadounidense creada en 1980 en Athens, Xeorxia. Estivo formada por Michael Stipe (voz), Peter Buck (guitarra), Mike Mills (baixo) e Bill Berry (batería); este último deixou o grupo en 1997. R.E.M. foi unha das bandas de rock alternativo máis populares.

O día 21 de setembro do 2011 a banda anunciaba a súa disolución a través da súa páxina web oficial[1].

Traxectoria

R.E.M. marca o punto na historia do rock onde o post-punk convértese en rock alternativo. Dende o primeiro sinxelo "Radio Free Europe", lanzado en 1981, xerou un movemento "de volta ao garaxe" no underground estadounidense. Mentres existía un número grande de bandas hardcore e punk nos Estados Unidos durante o inicio dos anos 80, R.E.M. trouxo de volta o pop rock de finais dos anos 60 dun xeito tan único que soaba ao mesmo tempo tradicional e moderno. A pesares de non haber grandes innovacións na súa música, R.E.M. ten unha identidade e unha actitude que transformou o underground estadounidense.

Ao longo dos anos 80 traballaron incansablemente, lanzando discos todos os anos e con xiras constantes en teatros e pequenos clubs. Pasaron anos ata que R.E.M. alcanzou a cima das listas, pero dende o principio, dende o lanzamento do EP Chronic Town en 1982, a banda ven conquistando a admiración e o respecto do seu público sempre en aumento. Chronic Town establecía unha mestura de folk e garage rock que convertíuse na marca rexistrada da banda durante os seguintes cinco anos.

A finais dos anos 80 o público da banda medrara o suficiente para garantir grandes vendas, pero o grande éxito comercial do álbum Document de 1987, empurrado polo sinxelo "The One I Love" foi inesperado, especialmente porque R.E.M. pouco cambiara no seu son e na súa actitude diante dos medios. Despois de Document, a banda lentamente converteuse nunha das máis populares do mundo. Logo dunha exhaustiva xira internacional de presentación do álbum Green, de 1988, R.E.M. parou coas xiras e concentrouse no estudio, cando gravou os seus álbums máis exitosos: Out of Time (1991) e Automatic for the People (1992).

Discografía

Álbums

EPs

Recompilatorios

Videografía

Notas

Ligazóns externas

Modelo:Link FA