Serres, Muros: Diferenzas entre revisións
→Muíño de marea do Pozo de Cachón: corrixo |
m →Outros artigos: +control autoridades using AWB |
||
Liña 53: | Liña 53: | ||
=== Outros artigos === |
=== Outros artigos === |
||
* [[Lugares de Muros]] |
* [[Lugares de Muros]] |
||
{{Control de autoridades}} |
|||
[[Categoría:Parroquias de Muros]] |
[[Categoría:Parroquias de Muros]] |
Revisión como estaba o 18 de xullo de 2018 ás 00:49
Serres | |
---|---|
Vista xeral. | |
Concello | Muros |
Coordenadas | 42°47′21″N 9°04′14″O / 42.78916667, -9.07055556{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina |
Poboación | 2.088 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 13 |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán de Serres é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Muros. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 2.088 habitantes (1.091 mulleres e 997 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.494 habitantes.
Patrimonio
Igrexa de San Xoán de Serres
A igrexa parroquial de San Xoán Bautista sufriu ao longo da súa historia diferentes ampliacións e remodelacións. A partida máis antiga conservada no seu arquivo é de 1600. No século XVIII a Confraría da Nosa Señora das Dores financiou a construción da capela maior, incorporada ó corpo principal da igrexa. En 1892 levouse a cabo unha gran ampliación, quedando o edificio actual con planta de cruz latina, sancristía, presbiterio, nave central e dúas capelas.
En 1984 remodelouse o presbiterio, desprazándose cara adiante o altar de pedra incorporado ó retablo, tamén de pedra. Engadiuse tamén un sagrario de pedra atopado entre entullos. En 1991 volveuse ampliar, quedando a nave central de forma cuadrangular.
Santuario da Virxe do Camiño
O santuario da Virxe do Camiño, de estilo gótico, foi construído cara o século XV. Acolle unha imaxe da Virxe, atopada segundo a tradición nunha praia veciña.
A planta é rectangular, composta por unha soa nave dividida en catro tramos por tres arcos apuntados. No exterior ten grosos contrafortes e uns grandes canzorros de inspiración románica. A carón da fachada principal está anexo o edificio que correspondeu ao antigo Hospital de Lazarados, que tamén servía lugar de acollida para os peregrinos que dende Santiago de Compostela se dirixían a Fisterra. O conxunto da obra foi declarado Monumento Nacional.
Muíño de marea do Pozo de Cachón
O muíño de marea do Pozo de Cachón foi construído no primeiro cuarto do século XIX. Logo de estar abandonado, en 1990 iniciouse a súa rehabilitación. Ten planta rectangular, cunha parte adicada a almacén onde a principios do século XX funcionaron os Baños de Santa María, un balneario especializado na hidroterapia con auga mariña e baños temperados de algas.
É un dos maiores muíños do estado das súas características. Na actualidade funciona como centro cultural, albergando de xeito permanente paneis con explicacións sobre a súa construción e función. Tamén acolle exposicións temporais e diversas actividades culturais.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Serres, Muros.
-
Petróglifos da Coba da bruxa.
-
Petróglifos da Coba da bruxa.
-
Igrexa parroquial de San Xoán de Serres
Lugares e parroquias
Lugares de Serres
Lugares da parroquia de Serres no concello de Muros (provincia da Coruña) | |
---|---|
A Acea | Anido | Avesada | Badernado | Boa Vista | Burleo | O Castelo | Portugalete | O Pozo do Cachón | A Retorta | A Rocha | Serres | Serres de Arriba | Valdexería |
Parroquias de Muros
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Serres, Muros |