Saltar ao contido

Froila I: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Cossue (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Cossue (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 24: Liña 24:
Coma no caso do seu pai, o denominativo ''"de Asturias"'' é debido a diversos autores do romanticismo español de mediados do século XIX<ref name="López Carreira">López Carreira, A. ''O reino medieval de Galicia'', Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., [[2005]], ISBN 84-96403-54-8</ref> denominación que aínda hoxe ten gran vixencia, pero que as crónicas medievais xamais chegaron a atribuírlle<ref name="López Carreira"/>. De feito, figura como rei de Galicia nas fontes historiográficas de orixe árabe.<ref>{{Cita libro|título=Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales|apelidos=Carballeira Debasa|nome=Ana María|editorial=CSIC|ano=2007|ISBN=|ref=|páxina=131|cita=Rei de Galicia (Yilliqiya) (citando a Ibn al-Athir, Ibn Khaldun, Ibn Al-Khatib, al-Qalqashandi e El-Hajji)}}</ref>
Coma no caso do seu pai, o denominativo ''"de Asturias"'' é debido a diversos autores do romanticismo español de mediados do século XIX<ref name="López Carreira">López Carreira, A. ''O reino medieval de Galicia'', Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., [[2005]], ISBN 84-96403-54-8</ref> denominación que aínda hoxe ten gran vixencia, pero que as crónicas medievais xamais chegaron a atribuírlle<ref name="López Carreira"/>. De feito, figura como rei de Galicia nas fontes historiográficas de orixe árabe.<ref>{{Cita libro|título=Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales|apelidos=Carballeira Debasa|nome=Ana María|editorial=CSIC|ano=2007|ISBN=|ref=|páxina=131|cita=Rei de Galicia (Yilliqiya) (citando a Ibn al-Athir, Ibn Khaldun, Ibn Al-Khatib, al-Qalqashandi e El-Hajji)}}</ref>


Pola súa pertenza á Galicia alto-medieval, tamén está recoñecido dentro do cómputo de [[reis de Galicia]] por boa parte dos historiadores galegos actuais<ref name="Carreira Cal">López Carreira, A; Fernández Cal, T. ''Os reis de Galicia'', Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.</ref>, concedéndolle o nome de '''Froila I'''.<ref name="López Teixeira">López Teixeira, X.A. ''Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910)'', Editorial Toxosoutos, S.L. 02/[[2003]].</ref>De feito así é denominado nas fontes árabes medievais.
Pola súa pertenza á Galicia alto-medieval, tamén está recoñecido dentro do cómputo de [[reis de Galicia]] por boa parte dos historiadores galegos actuais<ref name="Carreira Cal">López Carreira, A; Fernández Cal, T. ''Os reis de Galicia'', Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.</ref>, concedéndolle o nome de '''Froila I'''.<ref name="López Teixeira">López Teixeira, X.A. ''Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910)'', Editorial Toxosoutos, S.L. 02/[[2003]].</ref>


== Reinado ==
== Reinado ==

Revisión como estaba o 21 de novembro de 2019 ás 08:48

Modelo:Realeza

Mapa político do noroeste da Península Ibérica tras a substitución da España visigoda, pola musulmá. Galicia aparece gobernada por numerosos señores territoriais cristiáns que tentan impoñer a súa autoridade sobre os demais[1].

Froila I, nado en 722 e finado en Cangas de Onís no ao 768, foi un nobre da alta idade media, fillo de Afonso I, ao que sucedeu á fronte dos territorios patrimoniais, aqueles que logrou expandir alén da Cordilleira Cantábrica[2] durante o seu reinado (757-768)[3].

Coma no caso do seu pai, o denominativo "de Asturias" é debido a diversos autores do romanticismo español de mediados do século XIX[4] denominación que aínda hoxe ten gran vixencia, pero que as crónicas medievais xamais chegaron a atribuírlle[4]. De feito, figura como rei de Galicia nas fontes historiográficas de orixe árabe.[5]

Pola súa pertenza á Galicia alto-medieval, tamén está recoñecido dentro do cómputo de reis de Galicia por boa parte dos historiadores galegos actuais[3], concedéndolle o nome de Froila I.[2]

Reinado

Ao comezo do seu reinado enfrontouse a un exército enviado por Abderramán I, emir de Córdoba, nun lugar chamado Pontumio. Nesta batalla tomou prisioneiro a Ahumar, fillo de Abderramán, que foi degolado segundo uns autores, ou feito preso, segundo outros, morrendo no cativerio[6].

Tivo que reprimir duramente unha rebelión dos vascóns de Álava contra a súa autoridade. Tomou algúns reféns, entre eles a unha nobre chamada Munia, que sería a súa esposa. Pouco despois, segundo contan as dúas versións da Crónica afonsina, tivo que reprimir outra rebelión dos nobres galegos no ano 766[2], aos que venceu.

Reformou o clero do seu reino, prohibindo o casamento aos clérigos e incluso obrigando a deixar a esposa aos casados, o que lle gañou a inimizade de grande parte deste estamento.

Froila fundou diversos mosteiros da Orde de San Bieito, entre eles o de San Vicente de Oviedo, que foi a orixe da cidade de Oviedo; onde está enterrado xunta á súa esposa. O Cartulario de San Millán da Cogolla recolle a constitución, outorgada por Froila o 24 de abril de 759, dun convento feminino de 28 monxas co seu presbítero en San Miguel de Pedroso (Burgos), na fronteira leste do reino, onde un forte núcleo visigodo-cristián resistiu a invasión árabe ao amparo dos Montes de Aiago e a Serra da Demanda.

Vendo que o seu irmán Vimarano gañaba as simpatías da aristocracia, matouno el mesmo persoalmente, acusándoo de encabezar unha conspiración para destronalo[3]. Isto concitoulle a inimizade da nobreza, que confabulou para asasinalo na corte de Cangas de Onís. Unha vez asasinado Froila, resultou elixido coma sucesor ao trono o seu curmán Aurelio[2], fillo de Froila Pérez.[7]

Os fillos de Froila foron Ximena e Afonso (coñecido posteriormente como Afonso II). A súa nai Munia, temendo polas dúas vidas, enviounos ao Mosteiro de Samos (Lugo)[7], fundado polo seu marido.

Reino de Galicia

Segue a:
Afonso I o Católico
Froila I
Precede a:
Aurelio
Astur-Leonesa

Notas

  1. Barbosa Álvarez, J.M. Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-0
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 López Teixeira, X.A. Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
  3. 3,0 3,1 3,2 López Carreira, A; Fernández Cal, T. Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
  4. 4,0 4,1 López Carreira, A. O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8
  5. Carballeira Debasa, Ana María (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. CSIC. p. 131. Rei de Galicia (Yilliqiya) (citando a Ibn al-Athir, Ibn Khaldun, Ibn Al-Khatib, al-Qalqashandi e El-Hajji) 
  6. Couceiro Freijomil, Antonio. Historia de Pontedeume e a súa comarca, 4ª edición (1995). Xunta de Galicia ISBN 84-453-1437-8, páx. 25
  7. 7,0 7,1 Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • López Carreira, A,; Fernández Cal, T. Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
  • López Teixeira, X.A. Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
  • López Carreira, A. O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8.
  • Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
  • Barbosa Álvarez, J.M., Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-0.