Saltar ao contido

Pródico de Ceos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 19 de decembro de 2010 ás 23:51 por MastiBot (conversa | contribucións) (r2.6.4) (bot Eliminado: hu:Prodikosz)
Filosofía grega
Presocráticos
Sofistas
Sócrates
Platón
Aristóteles
Epicureísmo
Estoicismo
Escepticismo
Cinismo

Pródico de Ceos (en grego Πρόδικος "Pródikos", aprox. 465 - 415 AEC) foi un filósofo grego do primeiro período do movemento sofista[1], coñecido como o "precursor de Sócrates".

Pouco se sabe da súa orixe, excepto que parece que naceu en Iulis, na illa exea de Ceos (unha das Cícladas, entre o 460 e o 470 AEC. Foi a Atenas como embaixador de Ceos, e tornouse coñecido como orador e profesor. Do mesmo modo que Protágoras, intentaba treinar os seus pupilos para asuntos domésticos e civís; mas encanto Protágoras focalizaba o seu ensino principalmente en disciplinas como retórica e estilo, Pródico facía da ética disciplina proeminente no seu currículo xunto coa lingüística. Facia especial énfase (coincidindo con Confucio) na corrección dos nomes ou orthoepeia (en grego ὀρϑοέπεια). Parece que era unha brincadeira común na época a referencia aos prezos das súas ensinanzas e á diferenza entre o curso de un dracma e o de cincuenta dracmas. No Cratilo, Sócrates di que se se puidese ter permitido o curso de cincuenta dracmas sería un experto na "corrección dos nomes". Pese a este comentario, Sócrates foi moi influenciado por Pródico e pola súa teoría da corrección. [2] E en ética era un pesimista. Embora teña dispensado os seus deberes civís a despeito de un físico fráxil, enfatizaba as dores da vida e avogaba, con todo, non por unha resignación sen esperanza, mais, antes diso, pola cura encontrada no traballo, tomando como modelo Heracles - a incorporación da actividade viril.

Aristófanes, na obra de teatro As nubes, considerao un experto en astronomía, e en As aves conta que compuxo unha Cosmogonía. Segundo Sexto Empírico (Mat. 9, 18), Pródico ensenaba que:

Os antigos consideraron como deuses o Sol, a Lúa, os ríos, as fontes e en xeral todas aquelas cosas que son útiles para a nosa vida, na medida en que a axudan, igual que los exipcios deificaban o río Nilo, e, engade que por esta razón o pan foi chamado Deméter, a agua Posidón, o lume Hefesto, e así sucesivamente cada cousa que era útil.

Esta visión a respecto da orixe da crenza nos deuses era notabelmente moderna, após este estadio inicial, defendia que os homes que tiñan realizado proezas e servizos para a humanidade eran deificados. Estabeleceu asi a base para unha teoría naturalista da relixión da interpretación de los mitos segundo o evemerismo; tamén afirmaba que a alma humana é resultado da organización. O punto de vista de Prodico, como o dos seus compañeiros sofistas, era humanístico, e interpretou a relixión no marco do naturalismo. [3]Tanto el como Diágoras de Melos e alguns outros foron considerados ateos.


Da sua filosofía natural sabese apenas o título de seus tratados Da Natureza e Da Natureza do Home. Os eu interese principal era buscar precisión no uso das palabras. Dise que Theramenes, Eurípedes e Isócrates foran discípulos de Pródico. Polos seus sucesores inmediatos foi estimado de modos variados: Platón, por exemplo, satirizao nos seus primeiros diálogos. Parte do contido, se non as propias palabras, dun dos seus discursos retóricos conservase. O discurso era aparentemente unha fábula relatandoa educación de Heracles pola virtude. O texto encóntrase na "Memorabilia" de Xenofonte.


Referencias

  1. "He was a Sophist in the full sense of a professional freelance educator."Guthrie, William. The Sophists. New York: Cambridge University Press, 1971. ISBN 0-521-09666-9. p. 275.
  2. "For Socrates, correct language was the prerequisite for correct living (including an efficient government). But Prodicus, though his linguistic teaching undoubtedly included semantic distinctions between ethical terms, had stopped at the threshold. The complete art of logoi embraced nothing less than the whole of philosophy." Ibid. p. 276.
  3. "His theory was that primitive man was so impressed with the gifts nature provided him for the furtherance of his life that he believed them to be the discovery of gods or themselves to embody the godhead. This theory was not only remarkable for its rationalism but for its discernment of a close connection between religion and agriculture." Ibid. p. 179.