Saltar ao contido

Skópelos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 9 de agosto de 2011 ás 21:05 por ZéroBot (conversa | contribucións) (r2.7.1) (Bot: Engado: pl:Skopelos)
Skópelos - Σκόπελος
Vista da illa
Datos
Capital Skópelos
País Grecia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Espóradas
Linguas Grego
Poboación (2001) 4.696 hab.
Superficie 96´29 km²
Densidade
Coordenadas Modelo:Coor dm
Maior Altura 681 m. Delphi
Localización
Localización da illa

Skópelos (en grego Σκόπελος) é unha illa grega do mar Exeo occidental, unha das Espóradas Setentrionais. Skópelos sitúase ao leste da Grecia continental, ao nordeste da illa de Eubea, e forma parte do departamento de Magnesia e da rexión de Tesalia.

As súas máximas altitudes son o monte Delfi (681 m), no centro da illa, e Palouki (546 m), ao sueste. Cunha superficie de 96 km², Skópelos és lixeiramente máis grande que Míkonos e máis pequena que Santorini. As illas habitadas máis próximas son Skíathos ao oeste e Alónnissos ao leste. No ano 2001 tiña 4.696 habitantes.

A capital, tamén chamada Skópelos ou Khora (3.027 habitantes), é o porto principal.

Antigamente chamáballa Peparethos (en latín Peparethus). Segundo Plinio antes chamábase Staphylos, o nome dun rei mítico. A illa contaba tres cidades, unha das cales levaba o mesmo nome que a illa, e sufriu un terremoto no ano -426. Foi atacada por Alexandre de Feres. A mediados do século -IV apoderouse da illa de Halonnesos e en represalia foi devastada por Filipo II de Macedonia. No ano -207, Filipo V de Macedonia gorneceu a cidade par defendela contra os romanos e finalmente foi destruída no ano -200 para evitar a conquista por parte destes. Finalmente pasou a mans romanas (-146), bizantinas (330), venecianas (1204) e otomás (1538), ata que en 1830 entrou a formar parte do novo estado grego. Foi ocupada polas potencias do Eixo entre 1941 e 1944.