Saltar ao contido

Fasces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de decembro de 2011 ás 07:53 por EmausBot (conversa | contribucións) (r2.6.4) (Bot: Modifico: el:Φάσκες)

Na antiga Roma, as fasces eran feixes de varas que formaban un cilindro e representaban a autoridade dos altos maxistrados. Medían 1,5 m de longo e atábanse con correas vermellas. Portábannas os líctores, funcionarios que acompañaban aos maxistrados superiores (cum imperio), ao Pontifex Maximus e ás Vestais. Fóra do recinto da cidade engadíaselles un machado indicando o dereito de vida e morte que os cónsules adquirían así.