Asker
Modelo:Cidade Asker é un concello no condado de Akershus en Noruega. Limita cos concellos de Bærum, Røyken e Lier. O nome procede da palabra norueguesa ask, freixo. En Skaugum, dentro dos límites municipais de Asker, encóntrase a residencia oficial do príncipe herdeiro noruegués. O seu equipo de fútbol feminino, o Asker Fotball Kvinner é un dos principais da Toppserien, a liga femina de fútbol.
Xeoloxicamente Asker pertence á fosa tectónica de Oslo, os outeiros de rocha basáltica caracterizan a paisaxe, as rochas sedimentarias do cámbrico forman a chaira e e as áreas do litoral que se estenden cara o fiorde. Asker é un concello rural nos suburbios de Oslo, para onde van traballar a maior parte da poboación, comunicándose por medio do Flytoget, un tren de alta velocidade, sendo a estación de Asker a quinta de Noruega en número de viaxeiros. Cara ao leste Asker ábrese ao fiorde de Oslo, os seus illotes e recifes son un destino popular entre os noruegueses, tamén é importante o Museo de Asker.
Lugares
- Nesøya: 3 414
- Nesbru: 3 612
- Billingstad: 2 349
- Hvalstad: 2 002
- Skaugum: 2 047
- Sem: 982
- Syverstad: 1 872
- Fusdal: 4 054
- Asker propio ou Sentrum: 2 363
- Drengsrud: 4 061
- Vettre: 5 357
- Borgen: 4 841
- Blakstad: 3 224
- Vollen: 3 167
- Heggedal: 4 716
- Solberg: 2 698
Personalidades
- Simen Agdestein, xogador de xadrez
- Erik Bye, xornalista
- Pål Arne Fagernes, lanzador de xavelina
- Arne Garborg, escritor
- Harald V, rei de Noruega
- Hulda Garborg, escritor
- Erik Gjems-Onstad, avogado
- Ragnhild Gylver, escritor
- Vigdis Hjorth, escritor
- Arild Nyquist, escritor
- Tilla Valstad, escritora
- Tom Hilde, esquiador