Saltar ao contido

Thomas Hobbes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 26 de febreiro de 2013 ás 13:19 por Alfonso Márquez (conversa | contribucións) (Traxectoria: arranxiño)
Thomas Hobbes
Profesión: filósofo
Nado en: 5 de abril de 1588
Lugar: Malmesbury, Wiltshire, Inglaterra
Faleceu en: 4 de decembro de 1679
Lugar: Derbyshire, Inglaterra

Thomas Hobbes, nado o 5 de abril de 1588 e finado o 4 de decembro de 1679, foi un filósofo e político inglés do século XVII.

Traxectoria

Foi considerado ao longo da historia unha persoa escura, feito polo que en 1666 foron queimados os seus libros, sendo considerado ateo. Foi un enemigo da Igrexa anglicana e da Universidade de Oxford.

Algunhas das súas ideas foron recollidas no Leviatán (Leviathan), onde explicaba a súa teoría sobre gobernos e sociedades. No estado natural, o ser humano ten unha loita entre os seus membros, desconfiando uns dos outros (Homo homini lupus, o home é un lobo para o home), unha guerra interna (Bellum omnia omnes. Por iso, os individuos fan contratos sociais para evitar estas guerras que os perxudican, entrando nunha sociedade. Estes individuos deben estar controlados por unha autoridade, o Leviatán, que é o encargado de asegure a paz interna e a defensa do pobo.

Thomas Hobbes fixo unha valoración da conexión Igrexa-Estado, dicindo que o home pode estar baixo un poder centralizado, que pode interpretar libremente as escrituras.

Obras