Saltar ao contido

Baranavičy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 24 de marzo de 2013 ás 05:06 por Addbot (conversa | contribucións) (Bot: Retiro 31 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q237655)

Baranovichi (Баранавiчы en bielorruso; Baranowicze en polaco) é unha cidade do voblast de Brest no oeste de Bielorrusia. En 1995 tiña 173.000 habitantes.

Historia

A primeira mención á cidade data de 1706 como propiedade privada da familia polaca Rozwadowski. No século XVIII como resultado da partición de Polonia pasa a Rusia. En 1870s Baranovichi aumenta a súa importancia ao se converter nunha importante empalme ferroviario. En 1883 chega aos 2.000 habitantes e en 1897 aos 4.600 (o 50% xudeus).
Os polacos conquistan a cidade durante a guerra polaco-soviética e en 1919 recibe dereitos de cidade. En 1921 tiña 11.000 habitantes (67% xudeus) e en 1939 chega aos 30.000 habitantes. Logo da Guerra Defensiva Polaca de 1939 a cidade foi ocupada pola Unión Soviética ata o 25 de xuño de 1941 en que a Wehrmacht conquistou a cidade, en agosto os creouse un gueto para os 12.000 xudeus da cidade, onde viviron en condicións lamentables ata o 14 de decembro de 1942, cando foron enviados a varios campos de concentración, só 250 sobreviviron.