Saltar ao contido

Club Patín Tenerife

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
C.P. Tenerife
CidadeSanta Cruz de Tenerife, Canarias
Historia1970-2011
Fundado1970
PavillónPancho Camurria
PresidenteEspaña José Federico Almenar
Títulos
Copa CERS1 (2008)
Cores          Azul e branco
Na rede
http://sitiooficialdelclubpatintenerife.blogspot.com.es
Sitio web
[[1] Sitio web oficial]

O Club Patín Tenerife foi un club de hóckey a patíns da cidade de Santa Cruz de Tenerife. Fundado en 1970 e desaparecido no 2011 por motivos económicos.

En 2008 proclamouse campión da Copa CERS ao derrotar na final ao Hockey Valdagno nos penaltis.

Historia

O club foi fundado en 1970 co nome Patín Tenerife La Salle, nun proxecto encabezado por Antonio Miguel Gómez Hernández. Na tempada 1981-82 competiu por primeira vez na División de Honra, mais só duraría un ano na máxima competición do hóckey a patíns español. O seu retorno á OK Liga chegou na tempada 1997-98.

En competicións europeas, na tempada 2007-08 gañou a Copa CERS, e na tempada 2008-09 debutou na Copa de Europa.

O 16 de agosto do 2011 o club anunciaba mediante un comunicado na súa páxina web que renunciaba a competir na 1ª División Estatal (categoría á cal descendera ao final da tempada 2010-11) a causa das dificultades para completar un presuposto de garantías para competir na segunda categoría do hóckey a patíns español, este feito supuxo a desaparición do club canario logo de 41 anos nos que se converteu no máximo expoñente deportivo da illa.[1][2][3]

Palmarés

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas