Palau Blaugrana
Palau Blaugrana | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 41°22′48″N 2°07′12″L / 41.380081, 2.12005 |
Localización | Barcelona, Cataluña |
Construción | |
Inauguración | 23 de outubro de 1971 |
Arquitecto | Francesc Cavallé e Josep Soteras |
Estadio | |
Capacidade | 8.250 espectadores |
Propietario | Fútbol Club Barcelona |
Localía | FC Barcelona (ACB) FC Barcelona (OK Liga) FC Barcelona (ASOBAL) FC Barcelona (Primeira División da LNFS) |
Web | https://www.fcbarcelona.cat/ca/club/installacions/palau-blaugrana |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Palau Blaugrana é o pavillón cuberto, propiedade do Futbol Club Barcelona, onde disputan os seus partidos oficiais os primeiros equipos das seccións de baloncesto, balonmán, hockey sobre patíns e fútbol sala do FC Barcelona.
Está situado na Avenida Arístides Maillol, no barrio de Les Corts de Barcelona, e no interior do complexo que acolle o estadio do Camp Nou. Xunto ao "Palau Blaugrana" están as oficinas do club, así como a tenda oficial do FC Barcelona e o Palau de Gel.
Historia
Inaugurado o 23 de outubro de 1971, foi deseñado polos arquitectos cataláns Francesc Cavallé e Josep Soteras e a súa estrutura proxectada polo enxeñeiro madrileño Florencio del Pozo Frutos. Ten un aforamento de 7.585 espectadores, todos sentados, grazas á remodelación que levou a cabo en 1994. Até entón, o Palau tiña unha cabida para 5.696 espectadores.
A súa principal característica é a gran cúpula, construída de formigón armado, e que no seu momento converteu o pavillón nun dos máis modernos e vistosos de España. Ademais de ser testemuña dos principais éxitos dos equipos das seccións do FC Barcelona, o Palau Blaugrana tamén acolleu importantes eventos. Durante os Xogos Olímpicos de 1992, celebrados en Barcelona, o Palau foi o escenario das competicións de hockey sobre patíns, judo e taekwondo.
Dorsais retirados
Do teito do Palau Blaugrana colgan as camisetas dos xogadores máis importantes do FC Barcelona na historia das súas seccións. Están colgadas, a modo de homenaxe as camisetas de seis xogadores de balonmán (Joan Sagalés, Iñaki Urdangarin, Enric Masip, Òscar Grau, Xavier O'Callaghan e David Barrufet) e catro de baloncesto (Roberto Dueñas, Andrés Jiménez, Nacho Solozábal e Juan Antonio San Epifanio «Epi»).
Véxase tamén
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |