Aneto
Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Aneto | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anethum graveolens in Otto Wilhelm Thomé, Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885 | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Anethum graveolens L., Sp. Pl.,1 , 263 (1753)[1] |
O aneto (Anethum graveolens) é un planta herbácea de curta vida. Medra silvestre nos campos da Península Ibérica, sobre todo no val do Ebro e en Andalucía, resto da Europa meridional, Exipto, Asia Menor, África do Norte, cultívase en Alemaña, Hungría, Italia, Gran Bretaña, Países Baixos, India, Paquistán, Estados Unidos para a súa utilización nos sectores farmacéutico, cosmético, alimentario e para a produción de licores
É unha planta anual de entre 60 e 150 cm, co talo feble e oco, as flores amarelas, os froitos de cor castaña e arrodeados por unha película clara, cun cheiro aromático. Moi utilizada, tradicionalmente, xa polos gregos e romanos, na condimentación dos guisos de peixe, e posteriormente noutro tipo de comidas, en Francia utilízase na repostería e en Escandinavia adóbanse os cogombros co aneto. Tamén se coce para expulsar os gases que se forman no aparato dixestivo.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aneto |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Aneto |