Bergey's Manual of Systematic Bacteriology
O Bergey’s Manual of Systematic Bacteriology (Manual de bacterioloxía sistemática de Bergey, moitas veces abreviado como manual de Bergey) é un libro que é a principal fonte utilizada para a determinación da identidade das especies de bacterias, utilizando as diversas caractrerísticas que as distinguen.
Este manual foi sucesor do anterior Bergey's Manual of Determinative Bacteriology (Manual de bacterioloxía determinativa de Bergey), a pesar de que este último aínda se segue publicando como unha guía para a identificación de bacterias descoñecidas.[1] O manual de Bergey foi publicado por primeira vez en 1923 por David Hendricks Bergey, e utilízase para clasificar as bacterias baseándose nos seus atributos funcionais e estruturais para situalas en familias e ordes específicas. Este proceso fíxose cada vez máis empírico nos últimos anos.[2]
Organización da obra
Desde 1980 empezouse a taballar nun cambio no libro, mudando o formato en varios volumes e cun novo estilo no que se incluían as "relacións entre organismos" e cun "alcance expandido" no seu conxunto. Este novo estilo foi presentado nun conxunto de catro volumes,[3] dos cales se publicou o primeiro en 1984. A información que contiña cada volume foi distribuída así:
- Volume 1, que incluía información de todos os tipos de bacterias Gram negativas que se considera que teñen "importancia industrial ou médica."
- Volume 2, que incluía información sobre todos os tipos de bacterias Gram positivas.
- Volume 3, que trataba o resto das bacterias Gram negativas lixeiramente distintas do grupo principal, e tamén as arqueas.
- Volume 4, que contiña a información sobre actinomicetos filamentosas e outras bacterias similares.[4]
Despois, a obra sufriu máis modificacións. Os volumes actuais diferéncianse drasticamente dos volumes anteriores en que moitos dos taxons superiores non están definidos en termos de fenotipo, senón só baseándose na filoxenia do ARNr de 16S, como é o caso das claes de Proteobacteria.[5]
A distribución actual dos volumes é a seguinte:
- Volume 1 (2001): As Arqueas e as bacterias fototrópicas que se ramificaron moi profundamente (moi cedo) na árbore evolutiva[6]
- Volume 2 (2005): As Proteobacteria, divididas en tres libros:
- 2A: Ensaios introdutorios[5]
- 2B: As Gammaproteobacteria[7]
- 2C: Outras clases de Proteobacteria[8]
- Volume 3 (2009): As Firmicutes[9]
- Volume 4 (2011): As Bacteroidetes, Spirochaetes, Tenericutes (Mollicutes), Acidobacteria, Fibrobacteres, Fusobacteria, Dictyoglomi, Gemmatimonadetes, Lentisphaerae, Verrucomicrobia, Chlamydiae, e Planctomycetes[10]
- Volume 5 (divididio en dúas partes) (2012): As Actinobacteria[11]
Notas
- ↑ Bergey’s Manual of Systematic Bacteriology Book Review Int. J. of Syst. Bact.; July 1985, p. 408
- ↑ History of the Manual
- ↑ "O novo formato, que ten un scope expandido e examina as relacións entre os organismos (sistemática), denomínase Bergey's Manual of Systematic Bacteriology. O traballo no primeiro volume da secuencia de catro volumes empezou en 1980 e foi...", "Microbiology" por Daniel V. Lim, Kendall Hunt, 2002
- ↑ "Bergey's Manuals", Understanding bacteria by Sheela Srivastava, Springer, 2003, Pg. 40
- ↑ 5,0 5,1 Don J. Brenner; Noel R. Krieg, James T. Staley (July 26, 2005) [1984(Williams & Wilkins)]. George M. Garrity, ed. Introductory Essays. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology 2A (2nd ed.). New York: Springer. p. 304. ISBN 978-0-387-24143-2. British Library no. GBA561951.
- ↑ Boone, David R.; Castenholz, Richard W. (May 18, 2001) [1984(Williams & Wilkins)]. George M. Garrity, ed. The Archaea and the Deeply Branching and Phototrophic Bacteria. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology 1 (2nd ed.). New York: Springer. p. 721. ISBN 978-0-387-98771-2. British Library no. GBA561951.
- ↑ Don J. Brenner; Noel R. Krieg, James T. Staley (July 26, 2005) [1984(Williams & Wilkins)]. George M. Garrity, ed. The Gammaproteobacteria. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology 2B (2nd ed.). New York: Springer. p. 1108. ISBN 978-0-387-24144-9. British Library no. GBA561951.
- ↑ Don J. Brenner; Noel R. Krieg, James T. Staley (July 26, 2005) [1984(Williams & Wilkins)]. George M. Garrity, ed. The Proteobacteria. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology 2C (2nd ed.). New York: Springer. p. 1388. ISBN 978-0-387-24145-6. British Library no. GBA561951.
- ↑ Vos, P.; Garrity, G.; Jones, D.; Krieg, N.R.; Ludwig, W.; Rainey, F.A.; Schleifer, K.-H.; Whitman, W.B. (September 15, 2009) [1984(Williams & Wilkins)]. George M. Garrity, ed. The Firmicutes. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology 3 (2nd ed.). New York: Springer. p. 1450. ISBN 978-0-387-95041-9. British Library no. GBA561951.
- ↑ Krieg, N.R.; Ludwig, W.; Whitman, W.B.; Hedlund, B.P.; Paster, B.J.; Staley, J.T.; Ward, N.; Brown, D.; Parte, A. (November 24, 2010) [1984(Williams & Wilkins)]. George M. Garrity, ed. The Bacteroidetes, Spirochaetes, Tenericutes (Mollicutes), Acidobacteria, Fibrobacteres, Fusobacteria, Dictyoglomi, Gemmatimonadetes, Lentisphaerae, Verrucomicrobia, Chlamydiae, and Planctomycetes. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology 4 (2nd ed.). New York: Springer. p. 908. ISBN 978-0-387-95042-6. British Library no. GBA561951.
- ↑ Whitman, W.B.; Goodfellow, M.; Kämpfer, P.; Busse, H.-J.; Trujillo, M.E.; Ludwig, W.; Suzuki, K.-i.; Parte, A. (January 29, 2012) [1984(Williams & Wilkins)]. George M. Garrity, ed. The Actinobacteria. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology 4 (2nd ed.). New York: Springer. p. 1750. ISBN 978-0-387-95043-3. British Library no. GBA561951.