Saltar ao contido

Octans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 26 de agosto de 2018 ás 20:32 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8))
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Octans
Octans
Nome latino Octante
Abreviatura Oct
Xenitivo Octantis
Simboloxía O Octante
Ascensión recta 22 h
Declinación −90°
Área 291 graos cadrados

Rango 50

Número de estrelas

(magnitude < 3)

0
Estrela máis brillante ν Octantis

(magnitude ap. 3,73)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +0° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Outubro

Circumpolar.

Octans ou Octante[1] é unha constelación discreta presentada por Nicolas Louis de Lacaille. É, fundamentalmente, coñecida por se-lo lugar onde fica o polo sur celeste.

A súa estrela Sigma Octantis (σ Oct) é a estrela máis próxima ó polo que pode ser vista a simple vista, pero é tan feble, que é practicamente inútil coma estrela polar para efectos da navegación. Afortunadamente, a constelación Crux, A Cruz do Sur, sinala o polo.

A constelación é circumpolar ó Polo Sur Celeste, así que pode ser vista nos ceos do Hemisferio Sur durante as noites de calquera mes do ano. A ascensión recta e mes de maior visibilidade dadas son para as tres estrelas máis brillantes, as cales son as máis altas no ceo durante as noites de novembro.

Dado que Octans foi presentada no século 17 e se sitúa preto do polo sur, non foi coñecida polas culturas clásicas, así que non ten mitoloxía relacionada.

Estrelas con nome propio:
  • (σ Oct) 5,45 Polaris Australis
Estrelas con designación de Bayer:
α Oct 5,13; β Oct 4,13; γ1 Oct 5,10; γ2 Oct 5,72; γ3 Oct 5,29; δ Oct 4,31; ε Oct 5,09; ζ Oct 5,43; θ Oct 4,78; η Oct 6,19; ι Oct 5,45; κ Oct 5,56; λ Oct 5,27; μ1 Oct 5,99; μ2 Oct 6,51; ν Oct 3,73; ξ Oct 5,32; π1 Oct 5,65; π2 Oct 5,65; ρ Oct 5,57; τ Oct 5,50; υ Oct 5,76; χ Oct 5,29; φ Oct 5,47; ψ Oct 5,49; ω Oct 5,88
  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]