Relixiosidade popular
A relixiosidade popular é un concepto das ciencias sociais no ámbito relixioso, especialmente da antropoloxía da relixión, da socioloxía, a historia e outras ciencias da relixión. Ás veces empréganse de xeito intercambiábel outras expresións, como piedade popular, que de forma estrita non son totalmente equivalentes.
Identifícase coa forma en que vive a relixión o pobo en oposición terminolóxica coa "relixiosidade oficial", que é a das elites, os intelectuais e a xerarquía eclesiástica. Algunhas das manifestacións da relixiosidade popular poden ser consideradas supersticións pola relixiosidade oficial.
As diferenzas entre ambas as relixiosidades son esencialmente dúas:[1]
- A oficial considera de máxima importancia a hierofanía fundacional (a manifestación do sagrado) mentres que a popular se centra nas prácticas rituais e na forma de manter unha relación propiciatoria coas entidades sobrenaturais.
- A oficial transmítese mediante mecanismos de socialización internos das institucións relixiosas, como o recrutamento do clero, os seminarios e outras institucións de ensino relixioso regrado, que chegan a todos os niveis (catequese, escola dominical), mentres que a popular o fai no ámbito familiar e local mediante vivencias colectivas de todo tipo (tradicións populares, festividades, peregrinacións, romarías, procesións, ritos de paso, elementos da vida cotiá como a gastronomía ou indumentaria etc.).[2]
Cristianismo popular
O cristianismo popular definiuse, entre outros termos, como o "cristianismo praticado por pobos conquistados",[3] o cristianismo vivido pola maioría das persoas que "superan as divisións entre ortodoxia e non-ortodoxia",[4] o cristianismo impactado polas supersticións populares[5] e o cristianismo definido "en termos culturais sen referencia ás teoloxías e á historia".[6]
Islam popular
O islam popular é un "termo paraugas" usado para describir colectivamente formas do islam que incorporan crenzas e prácticas populares nativas.[7] O islam popular foi descrito como o islam dos "pobres urbanos, dos campesiños e das tribos",[8] en contraste co islam ortodoxo ou islam "alto"[9] O sufismo e conceptos sufís adoitan integrarse no islam popular.
Identificáronse varias prácticas e crenzas co concepto de "islam popular". Inclúen as seguintes:
- Crenza nos sistemas máxicos tradicionais e éxtases rituais.[10][11]
- Uso de santuarios e amuletos.[12]
- Veneración de santos ou jinn, como no culto gnawa.[13][14]
- Incorporación de crenzas de animistas.[15]
Xudaísmo popular
Nun dos primeiros traballos académicos importantes sobre o tema, titulado Jewish Magic and Superstition: A Study in Folk Religion, Joshua Trachtenberg ofreceu unha definición da relixión popular xudía que consiste en ideas e prácticas que, aínda que non se ligaban coa aprobación de líderes relixiosos gozaban dunha ampla popularidade de tal xeito que debían incluírse no que el denominou o campo da relixión.[16] Isto incluía crenzas pouco ortodoxas sobre demos e anxos e prácticas máxicas.
Estudos posteriores fixeron fincapé na importancia da destrución do templo de Xerusalén para os moitos costumes populares xudeus ligados ao loito e en particular á crenza na "hibbut ha-qever" (tortura da tumba), crenza en que os mortos son torturados na súa tumba durante tres días despois do enterro por demos ata que lembren os seus nomes. Esta idea comezou coa escatalóxica inicial aggadah e logo foi desenvolvida polos cabalistas.[17]
Raphael Patai foi recoñecido como un dos primeiros en empregar a antropoloxía para estudar a relixión popular xudía.[18] En particular chamou a atención sobre o importante papel do elemento divino feminino,[19] que viu na deusa Asherah, a Shekhinah, a Matronit e Lilith.[20]
O escritor Stephen Sharot afirmou que a relixión popular xudía en común con outras formas de relixión popular, está centrada na maxia apotropaica, ou taumaturxia, é dicir, úsase para axudar a protexer individuo de doenzas e desgrazas. Destaca que, aínda que o xudaísmo rabínico trataba do ritual xudeu ortodoxo e halakah, os magos afirmaban usar rituais máxicos pouco ortodoxos para axudar as persoas na vida cotiá. Sinala o exemplo de que un tipo de mago relativamente profesionalizado foron os ba'al shem de Polonia, que a partir do século XVI prosperou coa popularidade da práctica da cábala no século XVIII. Estes ba'al shem prometeron usar o seu coñecemento dos nomes de deus e dos anxos, xunto co exorcismo, a quiromancia e a medicina con herbas para facer dano aos inimigos e obter o éxito en áreas da vida social como o matrimonio e o parto.[21]
Charles Liebman escribiu que a esencia da relixión popular dos xudeus estadounidenses son os seus lazos sociais entre si, ilustrado polo descubrimento de que as prácticas relixiosas que impedirían a integración social, como unha interpretación estrita da dieta, as leis e o sábado, foran abandonadas, mentres que as prácticas que se seguían, como o Seder de Pessach, os ritos sociais de paso e os grandes días de festa, son as que reforzaban a integración familiar e comunitaria xudía.[22] Liebman describiu os rituais e crenzas da relixión popular xudía contemporánea nas súas obras The Ambivalent American Jew (1973) e American Jewry: Identity and Affiliation.
Hinduísmo popular
McDaniel (2007) clasifica o hinduísmo en seis tipos principais e numerosos tipos menores, co fin de comprender a expresión das emocións entre os hindús.[23] Segundo McDaniel, un dos principais tipos e o máis antigo sen ser escrito é o hinduísmo popular, baseado en tradicións e cultos ás deidades.[23] O hinduismo popular implica o culto a deidades que non se atopan nas escrituras hindús. Implica a adoración a Gramadevata (deidade da aldea), Kuldevta (deidade do fogar) e a deidades locais.[24]
Notas
- ↑ Dupront 1987, citado en Manuel Marzal, Popular religiosity Arquivado 20 de agosto de 2014 en Wayback Machine., Blackwell Encyclopedia of Sociology, George Ritzer, 2007, ISBN 9781405124331
- ↑ Bribiesca Sumano, María Elena (2016). La religiosidad popular en el valle de Toluca a través de los testamentos 1565-1623 (en castelán). Adabi de México / Fundación Alfredo Harp Helú. ISBN 978-607-416-318-6.
- ↑ Brown, Peter Robert Lamont (2003). The rise of Western Christendom. Wiley-Blackwell, 2003. ISBN 0-631-22138-7, p. 341. Consultado en xullo de 2009.
- ↑ Rock, Stella (2007). Popular religion in Russia. Routledge ISBN 0-415-31771-1, p. 11. Consultado en xullo de 2009.
- ↑ Snape, Michael Francis (2003). The Church of England in industrialising society. Boydell Press, ISBN 1-84383-014-0, p. 45. Consultado en xullo de 2009
- ↑ Corduan, Winfried (1998). Neighboring faiths: a Christian introduction to world religions. InterVarsity Press, ISBN 0-8308-1524-4, p. 37. Consultado en xullo de 2009.
- ↑ Cook, Chris (2009). Spirituality and Psychiatry. RCPsych Publications. p. 242. ISBN 978-1-904671-71-8.
- ↑ Ridgeon, Lloyd (2003). Major World Religions: From Their Origins To The Present. Routledge. p. 280. ISBN 978-0-415-29796-7.
- ↑ Malešević, Siniša (2007). Ernest Gellner and Contemporary Social Thought. Cambridge University Press. p. 189. ISBN 978-0-521-70941-5.
- ↑ Masud, Muhammad Khalid; et al. (2009). Islam and Modernity: Key Issues and Debates. Edinburgh University Press. p. 138. ISBN 978-0-7486-3793-5.
- ↑ Makris, JP (2006). Islam in the Middle East: A Living Tradition. Wiley-Blackwell. p. 49. ISBN 978-1-4051-1603-9.
- ↑ Chelkowski, Peter J; et al. (1988). Ideology and Power in the Middle East: Studies in Honor of George Lenczowski. Duke University Press. p. 286. ISBN 978-0-8223-0781-5.
- ↑ Hinde, Robert (2009). Why Gods Persist: A Scientific Approach to Religion. Routledge. p. 99. ISBN 978-0-415-49761-9.
- ↑ Hefner, Robert W; et al. (1997). Islam In an Era of Nation-States: Politics and Religious Renewal in Muslim Southeast Asia. University of Hawaii Press. p. 20. ISBN 978-0-8248-1957-6.
- ↑ Khan, IK (2006). Islam in Modern Asia. MD Publications. p. 281. ISBN 978-81-7533-094-8.
- ↑ Jewish Magic and Superstition: A Study in Folk Religion, Joshua Trachtenberg, 1939, Forgotten Books, Preface, páx. xxvii
- ↑ The Oxford Dictionary of the Jewish Religion, Edited by Adele Berlin, Oxford University Press, 2011, páx. 344,
- ↑ Fields of Offerings: Studies in Honor of Raphael Patai, Victor D. Sanua, páx. 28
- ↑ Fields of Offerings: Studies in Honor of Raphael Patai, Victor D. Sanua, Fairleigh Dickinson Univ Press, 1983, páx. 27
- ↑ Fields of Offerings: Studies in Honor of Raphael Patai, Victor D. Sanua, Fairleigh Dickinson Univ Press, 1983, páx. 2
- ↑ Comparative Perspectives on Judaisms and Jewish Identities, By Stephen Sharot, Wayne State University Press, 2011, páx. 58
- ↑ Comparative Perspectives on Judaisms and Jewish Identities, Stephen Sharot, Wayne State University Press, 2011, páx. 152
- ↑ 23,0 23,1 June McDaniel "Hinduism", in John Corrigan, The Oxford Handbook of Religion and Emotion, (2007) Oxford University Press, 544 pages, páx. 52–53 ISBN 0-19-517021-0
- ↑ "Folk Hinduism". sociology.iresearchnet.
Véxase tamén
Bibliografía
- Allen, Catherine. The Hold Life Has: Coca and Cultural Identity in an Andean Community. Washington: Smithsonian Institution Press, 1989; second edition, 2002
- Badone, Ellen, ed. Religious Orthodoxy and Popular Faith in European Society. Princeton: Princeton University Press, 1990
- Bastide, Roger. The African Religions of Brazil: Toward a Sociology of the Interpenetration of Civilizations. Trans. by Helen Sebba. Baltimore: Johns Hopkins University Press, 1978
- Blackburn, Stuart H. Death and Deification: Folk Cults in Hinduism, History of Religions (1985)
- Brandão, Carlos Rodrigues (2007). Os deuses do povo: um estudo sobre a religião popular. Uberlândia: EDUFU. ISBN 978-85-7078-108-6.
- Brintnal, Douglas. Revolt against the Dead: The Modernization of a Mayan Community in the Highlands of Guatemala. Nova York: Gordon and Breach, 1979
- Christian, William A., Jr. Apparitions in Late Medieval and Renaissance Spain. Princeton: Princeton University Press, 1981
- Gellner, David N. Hinduism. None, one or many?, Social Anthropology (2004), 12: 367-371 Cambridge University* Johnson, Paul Christopher. Secrets, Gossip, and Gods: The Transformation of Brazilian Candomblé. Oxford: Oxford University Press, 2002
- Gorshunova, Olga V. (2008). Svjashennye derevja Khodzhi Barora…, ( Sacred Trees of Khodzhi Baror: Phytolatry and the Cult of Female Deity in Central Asia) in Etnoragraficheskoe Obozrenie, n° 1, pp. 71–82. ISSN 0869-5415 (en ruso)
- Nepstad, Sharon Erickson (1996). "Popular Religion, Protest, and Revolt: The Emergence of Political Insurgency in the Nicaraguan and Salvadoran Churches of the 1960s–80s". En Smith, Christian. Disruptive Religion: The Force of Faith in Social Movement Activism. Nova York: Routledge. pp. 105–124. ISBN 0-415-91405-1.
- Nash, June (1996). "Religious Rituals of Resistance and Class Consciousness in Bolivian Tin-Mining Communities". En Smith, Christian. Disruptive Religion: The Force of Faith in Social Movement Activism. Nova York: Routledge. pp. 87–104. ISBN 0-415-91405-1.
- Kononenko, Natalie "Vernacular religion on the prairies: negotiating a place for the unquiet dead," Canadian Slavonic Papers 60, no. 1-2 (2018)
- Nutini, Hugo. Ritual Kinship: Ideological and Structural Integration of the Compadrazgo System in Rural Tlaxcala. Princeton: Princeton University Press, 1984
- Nutini, Hugo. Todos Santos in Rural Tlaxcala: A Syncretic, Expressive, and Symbolic Analysis of the Cult of the Dead. Princeton: Princeton University Press, 1988
- Sinha, Vineeta. Problematizing Received Categories: Revisiting ‘Folk Hinduism’ and ‘Sanskritization’, Current Sociology, Vol. 54, No. 1, 98-111 (2006)
- Sinha, Vineeta. Persistence of ‘Folk Hinduism’ in Malaysia and Singapore, Australian Religion Studies Review Vol. 18 No. 2 (Nov 2005):211-234
- Stuart H. Blackburn, Inside the Drama-House: Rama Stories and Shadow Puppets in South India, UCP (1996), ch. 3: " Ambivalent Accommodations: Bhakti and Folk Hinduism"
- Taylor, Lawrence J. Occasions of Faith: An Anthropology of Irish Catholics. Philadelphia: University of Pennsylvania Press, 1995
- Thomas, Keith (1971). Religion and the Decline of Magic. Studies in popular beliefs in sixteenth and seventeenth century England. Londres: Weidenfeld and Nicholson. ISBN 0-297-00220-1.
Ligazóns externas
- Folk Christianity in the Philippines
- "Myths over Miami": an account of the folk religion of children living in homeless shelters in Miami, circa 1997