Ultimate (deporte)
O Ultimate ou Ultimate frisbee é un deporte de equipo de pouco contacto que se xoga cun disco voador (frisbee). Os puntos anótanse cando un xogador pasa o frisbee a outro xogador do seu mesmo equipo e este o colle na zona de anotación. Cada xogada coma esta vale 1 punto. Esta zona de anotación é similar ás zonas de ensaio do fútbol americano ou do rugby. Co frisbee nas mans non se pode correr nin andar só moverse sobre un mesmo (pivotar) e pasar. O máis característico do deporte é que nos partidos non hai árbitro, polo tanto, o deporte regúlase polo espírito deportivo de cada xogador. Este deporte tamén é distinguido polo seu principio ¨Espírito do xogo¨. Estímase que en todo o mundo existen 300.000 xogadores e 5.000 equipos.
A Federación Mundial de Disco Volador (WFDF) foi fundada no ano 1985 e é o organismo internacional responsábel dos deportes de disco voador. É unha federación formada por Asociacións Internacionais de Disco Voador, sen membros individuais, e está a cargo de eventos como os campionatos mundiais, as normativas e as regras do xogo.
Regras
[editar | editar a fonte]Tipos de regras
[editar | editar a fonte]Hai dous sistemas de regras moi semellantes e case idénticas: as regras UPA, usadas en América do Norte; e as regras da WFDF, utilizadas no resto do mundo. Os dous sistemas son idénticos en case todo con algunhas diferenzas de pouca importancia. Pero nos dous sistemas é igual:
- O ultimate é un deporte sen contacto xogado por dous equipos de sete xogadores.
- O obxectivo do xogo é anotar puntos.
- Un punto é anotado cando un xogador recibe un pase dun compañeiro seu dentro da zona de anotación.
- O disco voador ou frisbee móvese unicamente mediante pases, xa que non se pode nin andar nin correr co disco.
- Cando un pase é incompleto, interceptado, bloqueado, tirado ao chan ou fai contacto cun obxecto fóra do terreo hai un cambio de posesión.
- Para iniciar un partido un dos dous equipos pon o disco en xogo, lanzándoo o máis lonxe posíbel sen que este abandone o terreo de xogo.
- Onde o frisbee cae ao chan o equipo receptor obtén a posesión do mesmo e convértese así no conxunto atacante, e o que perdeu o disco convértese en equipo defensor.
Equipos
[editar | editar a fonte]Dependendo da superficie o número de xogadores no ultimate varía. O máis popular é sobre herba que se xoga con 7 xogadores en cada equipo. No ultimate na praia ou en pista cuberta adoita haber 5 xogadores por equipo. En partidos informais, o número de xogadores é ilimitado poden haber ata 20 xogadores por cada equipo.
Terreo de xogo
[editar | editar a fonte]O terreo de xogo do ultimate normal é un rectángulo con herba dividido en tres partes: dúas zonas de anotación e un campo de xogo. Este ten 110 metros de longo e 37 de ancho. Os 110 m de longo están divididos nos 18 de cada zona de anotación (ou 23 no sistema UPA) e nos 64 do campo de xogo. Os campos de ultimate praia e de ultimate en pista cuberta teñen medidas diferentes a estas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web da federación internacional Arquivado 30 de novembro de 2020 en Wayback Machine.
- Páxina da federación norteamericana