Saltar ao contido

Joaquina Costa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 30 de agosto de 2021 ás 20:49 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaJoaquina Costa
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor en Wikidata
Deportepiragüismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
1992Xogos Olímpicos de 1992 Editar o valor en Wikidata

Joaquina Costa Iglesias, nada no Grove o 24 de marzo de 1967, é unha ex-piragüista galega que competía na modalidade de augas tranquilas. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a practicar piragüismo aos 13 anos no Club Breogán do Grove, e ao ano seguinte, estando aínda en idade infantil, proclamouse subcampioa de España cadete.[1] En 1983 foi campioa de España cadete no K1.

En 1987 a Federación Galega de Piragüismo inhabilitouna durante tres anos por agredir a un xuíz-árbitro no Campionato de Galicia de Inverno disputado no río Lérez.[2] Con todo, a sanción foille levantada pouco despois e nos seguintes anos confirmouse como a mellor piragüista de Galicia. Formou parte do K4 español e en 1990 disputou o Campionato do Mundo en Poznan, na proba de K2 500 xunto a Susana Torrejón.[3] En 1991 foi campioa de España de Autonomías, tanto no K1 500, como no K2 500 (xunto a Ana María Penas), e no K4 500 (con Penas, Victoria Avilés e María Naveiro); ademais de campioa de España do K1 5000 metros.[4][5] Ao ano seguinte revalidou os títulos de K2 e K4 e foi subcampioa en K1.

Competiu nos Xogos Olímpicos de 1992, en dúas categorías: K2 500 m (xunto á padexeira Belén Sánchez) e K4 500 m (formando equipo con Belén Sánchez, Luisa Álvarez e Ana María Penas. No K2 logrou meterse na final, obtendo a novena praza final, mentres que co equipo de K4 só puido chegar a semifinais.[6][7]

Tralos Xogos Olímpicos, centrouse nos seus estudos de Fisioterapia, aínda que continuou participando nalgunhas competicións como o Mundial de 1993 en Copenhague, onde acadou a final, e pouco despois deixou a competición de elite.[8] En 1996 viaxou como fisioterapeuta da selección española aos Xogos Olímpicos de Atlanta.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 1992 foi declarada "Filla predilecta do Grove", xunto ao tamén piragüista Alfredo Bea.[9]

  1. "Piragüismo: Joaquina Costa Iglesias subcampeona de España". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xuño de 1981. p. 31. 
  2. "La palista Joaquina Costa, del Breogán de O Grove, inhabilitada por tres años". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de abril de 1987. 
  3. "Piragüismo". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de agosto de 1990. p. 31. 
  4. "La actuación de los palistas de Isabel-Breogán y OPP20-Dom a fue la clave del triunfo colectivo". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de xullo de 1991. p. 44. 
  5. "El Breogán O Grove, subcampeón de España de fondo por clubes". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de abril de 1992. p. 41. 
  6. "Piragüismo nos Xogos Olímpicos de 1992 (K2 500)". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 20 de agosto de 2021. 
  7. "Piragüismo nos Xogos Olímpicos de 1992 (K4 500)". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 20 de agosto de 2021. 
  8. "«Era la mayor ilusión de mi vida»". La Voz de Galicia (en castelán) (Arousa ed.). 27 de decembro de 1995. p. 40. 
  9. "El pleno de 0 Grove declara "fillos predilectos" a los dos olímpicos". La Voz de Galicia (en castelán) (Arousa ed.). 5 de agosto de 1992. p. 25. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]