Virtus Bologna
Virtus Bologna | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Virtus Pallacanestro Bologna |
Liga | LBA |
Alcume | Vu nere |
Fundación | 1929 |
Cores | Branco, negro |
Presidente | Alberto Bucci |
Adestrador | Alessandro Ramagli |
Patrocinador | Segafredo |
Himno | Dai sali e vai |
Localización | |
Cidade | Boloña, Italia |
Pavillón | Segafredo Arena |
Capacidade | 9 980 |
Inauguración | 1993 |
Campionatos | |
Euroliga | 2 (1998, 2001) |
Recopa | 1 (1990) |
Eurocup | 1 (2022) |
BCL | 1 (2009) |
EuroChallenge | 1 (2019) |
Liga Italia | 16 (1946−1949, 1955−1956, 1976, 1979−1980, 1984, 1993−1994, 1995, 1998, 2001, 2021) |
Copa Italia | 8 (1974, 1984, 1989, 1990, 1997, 1999, 2001, 2002) |
Supercopa | 2 (1995, 2022) |
virtus.it |
O Virtus Pallacanestro Bologna, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Virtus Segafredo Bologna, é un equipo profesional de baloncesto italiano con sede na cidade de Boloña, Emilia-Romaña. Fundado en 1922, é un dos clubs máis prestixiosos de Italia, como así o acredita o seu palmarés que, entre outros títulos, conta con dúas Euroligas, unha Recopa de Europa e un EuroChallenge a nivel europeo, así como dezaseis Ligas e oito Copas a nivel local. Actualmente o equipo compite na LBA, máxima categoría do baloncesto italiano. Pese a que o "Virtus Pallacanestro Bologna" é o nome oficial, o club foi normalmente coñecido co nome que lle deron as diferentes empresas que o patrocinaron ao longo da súa historia, coma a meirande parte dos equipos italianos de baloncesto. Os seus nomes comerciais máis coñecidos son Sinudyne, Granarolo, Knörr, Buckler e Kinder.
Historia
O club ten unha longa historia. A mellor tempada do Virtus no que se refire aos trofeos foi a 2000−01, cando gañou a Euroliga (aínda que era o ano da escisión entre a FIBA e a ULEB) e a Liga e a Copa italianas. Antes gañara a Euroliga tamén en 1998 con Predrag Danilović.
Porén, logo desa tempada triunfal de 2000-01 varios xogadores clave marcharon. Ao final da tempada 2001−02, Manu Ginobili, o mellor xogador da Final Four de 2001, marchou á NBA, e tamén Marko Jarić. Ao final da tempada 2002-03, o Virtus, como consecuencia de graves problemas financeiros, foi relegado á Segunda División italiana. Conseguiu o retorno á Primeira División, a Serie A, na tempada 2006−07.
A forte rivalidade local entre a Virtus e a Fortitudo en Boloña é unha das máis intensas do mundo do deporte. O xornalista da revista americana Sports Illustrated Alexander Wolff adicou un capítulo do seu libro sobre baloncesto Big Game, Small World a esta rivalidade.
Xogadores
Destacados
- Alessandro Abbio
- Pietro Aradori
- Marco Belinelli
- Gianni Bertolotti
- Augusto Binelli
- Davide Bonora
- Roberto Brunamonti
- Carlo Caglieris
- Claudio Coldebella
- Alessandro Frosini
- Alessandro Gentile
- Gianfranco Lombardi
- Walter Magnifico
- Giuseppe Poeta
- Luigi Serafini
- Vittorio Tracuzzi
- Renato Villalta
- Manu Ginóbili
- Hugo Sconochini
- Elvis Rolle
- Guilherme Giovannoni
- Carl English
- Bill Wennington
- Krešimir Ćosić
- Arijan Komazec
- Petteri Koponen
- Antoine Rigaudeau
- Tornike Shengelia
- Nikos Oikonomou
- Kostas Patavoukas
- David Blu
- Saulius Štombergas
- Vlado Ilievski
- Michael Olowokandi
- Ekpe Udoh
- Predrag Danilović
- Marko Jarić
- Dejan Koturović
- Stefan Marković
- Žarko Paspalj
- Zoran Savić
- Branislav Prelević
- Miloš Teodosić
- Dušan Vukčević
- Marko Milič
- Rasho Nesterović
- Matjaž Smodiš
- Jure Zdovc
- John Amaechi
- Alan Anderson
- Charlie Bell
- Travis Best
- Anthony Bonner
- Earl Boykins
- Jan van Breda Kolff
- Mario Chalmers
- Terry Driscoll
- Clemon Johnson
- Keith Langford
- Cliff Levingston
- Kyle Macy
- Joe Meriweather
- Tom McMillen
- Jim McMillian
- Micheal Ray Richardson
- Russ Schoene
- Greg Stokes
- Orlando Woolridge
Adestradores
- Renzo Poluzzi (1948–1951)
- Dino Fontana (1950–1951)
- Venzo Vannini (1951–1952)
- Larry Strong (1952–1953)
- Giancarlo Marinelli (1953–1954)
- Vittorio Tracuzzi (1954–1960)
- Eduard Kucharski (1960–1963)
- Mario Alesini (1963–1966)
- Jaroslav Šíp (1966–1968)
- Renzo Ranuzzi (1968–1969)
- Nello Paratore (1969–1970)
- Vittorio Tracuzzi (1970–1971)
- Nico Messina (1971–1973)
- Dan Peterson (1973–1978)
- Terry Driscoll (1978–1980)
- Ettore Zuccheri (1980–1981)
- Renzo Ranuzzi (1981)
- Aleksandar Nikolić (1981–1982)
- George Bisacca (1982)
- Mauro Di Vincenzo (1982–1983)
- Alberto Bucci (1983–1985)
- Alessandro Gamba (1985–1987)
- Krešimir Ćosić (1987–1988)
- Bob Hill (1988–1989)
- Ettore Messina (1989–1993)
- Alberto Bucci (1993–1997)
- Lino Frattin (1997)
- Ettore Messina (1997–2002)
- Bogdan Tanjević (2002)
- Valerio Bianchini (2002–2003)
- Giampiero Ticchi (2003)
- Alberto Bucci (2003–2004)
- Giordano Consolini (2004–2005)
- Zare Markovski (2005–2007)
- Stefano Pillastrini (2007–2008)
- Renato Pasquali (2008)
- Matteo Boniciolli (2008–2009)
- Lino Lardo (2009–2011)
- Alessandro Finelli (2011–2013)
- Luca Bechi (2013–2014)
- Giorgio Valli (2014–2016)
- Alessandro Ramagli (2016–2018)
- Stefano Sacripanti (2018–2019)
- Aleksandar Đorđević (2019–2021)
- Sergio Scariolo (2021–present)
Palmarés
Competicións domésticas
- Liga de Italia
- Campións (15): 1946, 1947, 1948, 1949, 1955, 1956, 1976, 1979, 1980, 1984, 1993, 1994, 1995, 1998, 2001
- Subcampións (16): 1936, 1938, 1940, 1943, 1950, 1952, 1953, 1957, 1958, 1959, 1960, 1961, 1977, 1978, 1981, 2007
- Copa de Italia
- Campións (8): 1974, 1984, 1989, 1990, 1997, 1999, 2001, 2002
- Subcampións (6): 1993, 2000, 2007, 2008, 2009, 2010
- Supercopa de Italia
- Campións (1): 1995
- Subcampións (7): 1997, 1998, 1999, 2000, 2002, 2009, 2010
- Segunda División de Italia
- Campións (1): 2017
Competicións europeas
- Euroliga
- Campións (2): 1998, 2001
- Subcampións (3): 1981, 1999, 2002
- Copa Saporta
- Campións (1): 1990
- Subcampións (2): 1978, 2000
- Eurocup
- Campións (1): 2022
- Basketball Champions League
- Campións (1): 2019
- EuroChallenge
- Campións (1): 2009