Saltar ao contido

Virtus Bologna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 27 de xullo de 2022 ás 12:33 por Adorian (conversa | contribucións) (Tra)
Virtus Bologna
Información xeral
Nome Virtus Pallacanestro Bologna
Liga LBA
Alcume Vu nere
Fundación 1929
Cores           Branco, negro
Presidente Italia Massimo Zanetti
Adestrador Italia Sergio Scariolo
Patrocinador Segafredo
Himno Dai sali e vai
Localización
Cidade Italia Boloña, Italia
Pavillón Segafredo Arena
Capacidade 9 980
Inauguración 1993
Campionatos
Euroliga 2 (1998, 2001)
Recopa 1 (1990)
Eurocup 1 (2022)
BCL 1 (2009)
EuroChallenge 1 (2019)
Liga Italia 16 (1946−1949, 1955−1956, 1976, 1979−1980, 1984, 1993−1994, 1995, 1998, 2001, 2021)
Copa Italia 8 (1974, 1984, 1989, 1990, 1997, 1999, 2001, 2002)
Supercopa 2 (1995, 2022)
virtus.it

O Virtus Pallacanestro Bologna, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Virtus Segafredo Bologna, é un equipo profesional de baloncesto italiano con sede na cidade de Boloña, Emilia-Romaña. Fundado en 1922, é un dos clubs máis prestixiosos de Italia, como así o acredita o seu palmarés que, entre outros títulos, conta con dúas Euroligas, unha Recopa de Europa e un EuroChallenge a nivel europeo, así como dezaseis Ligas e oito Copas a nivel local. Actualmente o equipo compite na LBA, máxima categoría do baloncesto italiano. Pese a que o "Virtus Pallacanestro Bologna" é o nome oficial, o club foi normalmente coñecido co nome que lle deron as diferentes empresas que o patrocinaron ao longo da súa historia, coma a meirande parte dos equipos italianos de baloncesto. Os seus nomes comerciais máis coñecidos son Sinudyne, Granarolo, Knörr, Buckler e Kinder.

Historia

O club ten unha longa historia. A mellor tempada do Virtus no que se refire aos trofeos foi a 2000−01, cando gañou a Euroliga (aínda que era o ano da escisión entre a FIBA e a ULEB) e a Liga e a Copa italianas. Antes gañara a Euroliga tamén en 1998 con Predrag Danilović.

Porén, logo desa tempada triunfal de 2000-01 varios xogadores clave marcharon. Ao final da tempada 2001−02, Manu Ginobili, o mellor xogador da Final Four de 2001, marchou á NBA, e tamén Marko Jarić. Ao final da tempada 2002-03, o Virtus, como consecuencia de graves problemas financeiros, foi relegado á Segunda División italiana. Conseguiu o retorno á Primeira División, a Serie A, na tempada 2006−07.

A forte rivalidade local entre a Virtus e a Fortitudo en Boloña é unha das máis intensas do mundo do deporte. O xornalista da revista americana Sports Illustrated Alexander Wolff adicou un capítulo do seu libro sobre baloncesto Big Game, Small World a esta rivalidade.

Xogadores

Destacados

Adestradores

  • Italia Renzo Poluzzi (1948–1951)
  • Italia Dino Fontana (1950–1951)
  • Italia Venzo Vannini (1951–1952)
  • Estados Unidos Larry Strong (1952–1953)
  • Italia Giancarlo Marinelli (1953–1954)
  • Italia Vittorio Tracuzzi (1954–1960)
  • España Eduard Kucharski (1960–1963)
  • Italia Mario Alesini (1963–1966)
  • Checoslovaquia Jaroslav Šíp (1966–1968)
  • Italia Renzo Ranuzzi (1968–1969)
  • Italia Nello Paratore (1969–1970)
  • Italia Vittorio Tracuzzi (1970–1971)
  • Italia Nico Messina (1971–1973)
  • Estados Unidos Dan Peterson (1973–1978)
  • Estados Unidos Terry Driscoll (1978–1980)
  • Italia Ettore Zuccheri (1980–1981)
  • Italia Renzo Ranuzzi (1981)
  • Iugoslavia Aleksandar Nikolić (1981–1982)
  • Estados Unidos George Bisacca (1982)
  • Italia Mauro Di Vincenzo (1982–1983)
  • Italia Alberto Bucci (1983–1985)
  • Italia Alessandro Gamba (1985–1987)
  • Iugoslavia Krešimir Ćosić (1987–1988)
  • Estados Unidos Bob Hill (1988–1989)
  • Italia Ettore Messina (1989–1993)
  • Italia Alberto Bucci (1993–1997)
  • Italia Lino Frattin (1997)
  • Italia Ettore Messina (1997–2002)
  • Bosnia e Hercegovina Bogdan Tanjević (2002)
  • Italia Valerio Bianchini (2002–2003)
  • Italia Giampiero Ticchi (2003)
  • Italia Alberto Bucci (2003–2004)
  • Italia Giordano Consolini (2004–2005)
  • Macedonia do Norte Zare Markovski (2005–2007)
  • Italia Stefano Pillastrini (2007–2008)
  • Italia Renato Pasquali (2008)
  • Italia Matteo Boniciolli (2008–2009)
  • Italia Lino Lardo (2009–2011)
  • Italia Alessandro Finelli (2011–2013)
  • Italia Luca Bechi (2013–2014)
  • Italia Giorgio Valli (2014–2016)
  • Italia Alessandro Ramagli (2016–2018)
  • Italia Stefano Sacripanti (2018–2019)
  • Serbia Aleksandar Đorđević (2019–2021)
  • Italia Sergio Scariolo (2021–presente)

Palmarés

Competicións domésticas

  • Liga de Italia
    • Campións (15): 1946, 1947, 1948, 1949, 1955, 1956, 1976, 1979, 1980, 1984, 1993, 1994, 1995, 1998, 2001
    • Subcampións (16): 1936, 1938, 1940, 1943, 1950, 1952, 1953, 1957, 1958, 1959, 1960, 1961, 1977, 1978, 1981, 2007
  • Copa de Italia
    • Campións (8): 1974, 1984, 1989, 1990, 1997, 1999, 2001, 2002
    • Subcampións (6): 1993, 2000, 2007, 2008, 2009, 2010
  • Supercopa de Italia
    • Campións (1): 1995
    • Subcampións (7): 1997, 1998, 1999, 2000, 2002, 2009, 2010
  • Segunda División de Italia
    • Campións (1): 2017

Competicións europeas

Historial

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa de Italia Outras copas Competicións europeas
1934 2 First Div. 5–1
1935 1 Nat. Div. 10–6
1936 1 Nat. Div. 10–2
1936–37 1 Nat. Div. 11–3
1937–38 1 Serie A 12–5
1938–39 1 Serie A 12–4
1939–40 1 Serie A 13–5
1940–41 1 Serie A 8–10
1941–42 1 Serie A 16–1–4
1942–43 1 Serie A 17–3
1945–46 1 Serie A 5–0
1946–47 1 Serie A 15–1–2
1947–48 1 Serie A 15–1–4
1948–49 1 Serie A 18–4
1949–50 1 Serie A 20–6
1950–51 1 Serie A 16–2–8
1951–52 1 Serie A 17–5
1952–53 1 Serie A 15–7
1953–54 1 Serie A 14–8
1954–55 1 Serie A 15–2–5
1955–56 1 Elite 19–3
1956–57 1 Elite 18–4
1957–58 1 Elite 19–3
1958–59 1 Elite 18–4
1959–60 1 Elite 19–3
1960–61 1 Elite 18–4 1 Champions Cup SR 3–1
1961–62 1 Elite 15–7
1962–63 1 Elite 21–5
1963–64 1 Elite 23–3
1964–65 1 Elite 15–7
1965–66 1 Serie A 15–7
1966–67 1 Serie A 10–12
1968–69 1 Serie A 16–6 Top 16
1968–69 1 Serie A 10º 9–13 Cuartos de final
1969–70 1 Serie A 9–13 Cuartos de final
1970–71 1 Serie A 10º 6–18 Top 16
1971–72 1 Serie A 11–11 Cuartos de final
1972–73 1 Serie A 12–14 Cuartos de final
1973–74 1 Serie A 15–11 Champion
1974–75 1 Serie A1 26–14 2 Cup Winners' Cup QF 2–3
1975–76 1 Serie A1 28–8 3 Korać Cup SF 6–1
1976–77 1 Serie A1 25–8 1 Champions Cup GS 3–3
1977–78 1 Serie A1 23–11 2 Cup Winners' Cup 6–5
1978–79 1 Serie A1 23–11 2 Cup Winners' Cup SF 5–3
1979–80 1 Serie A1 26–8 1 Champions Cup SF 9–5
1980–81 1 Serie A1 26–15 1 Champions Cup 13–4
1981–82 1 Serie A1 24–16 2 Cup Winners' Cup SF 4–4
1982–83 1 Serie A1 24–11
1983–84 1 Serie A1 28–10 Champion
1984–85 1 Serie A1 18–16 Cuartos de final 1 Champions Cup SF 5–9
1985–86 1 Serie A1 10º 17–15 Cuartos de final
1986–87 1 Serie A1 20–12 Cuartos de final
1987–88 1 Serie A1 18–14 Top 16 3 Korać Cup QF 6–2
1988–89 1 Serie A1 21–15 Champion
1989–90 1 Serie A1 22–13 Champion 2 Cup Winner's Cup 8–3
1990–91 1 Serie A1 22–14 Cuartos de final 2 Cup Winner's Cup QF 6–2
1991–92 1 Serie A1 24–12 Semifinais 1 EuroLeague QF 13–6
1992–93 1 Serie A1 31–6 Subcampións 1 EuroLeague QF 8–8
1993–94 1 Serie A1 31–9 Semifinais 1 EuroLeague QF 10–7
1994–95 1 Serie A1 33–9 Cuartos de final 1 EuroLeague QF 11–8
1995–96 1 Serie A1 26–12 Semifinais Supercopa 1 EuroLeague GS 8–8
1996–97 1 Serie A1 20–14 Champion 1 EuroLeague T16 8–11
1997–98 1 Serie A1 32–7 Semifinais Supercopa 1 EuroLeague 19–3
1998–99 1 Serie A1 24–9 Champion Supercopa 1 EuroLeague 15–7
1999–00 1 Serie A1 24–14 Subcampións Supercopa 2 Saporta Cup 15–4
2000–01 1 Serie A1 38–5 Champion Supercopa 1 EuroLeague 19–3
2001–02 1 Serie A 32–11 Champion Supercopa SF 1 EuroLeague 17–5
2002–03 1 Serie A 14º 13–21 Supercopa 1 EuroLeague T16 6–14
2003–04 2 Serie A2 25–16 2 Copa ULEB RS 3–7
2004–05 2 Serie A2 31–10
2005–06 1 Serie A 19–15
2006–07 1 Serie A 28–18 Subcampións 3 FIBA EuroCup 12–4
2007–08 1 Serie A 15º 13–21 Subcampións 1 EuroLeague RS 2–12
2008–09 1 Serie A 19–16 Subcampións 3 EuroChallenge 13–3
2009–10 1 Serie A 17–15 Subcampións Supercopa
2010–11 1 Serie A 16–18 Supercopa
2011–12 1 Serie A 20–15
2012–13 1 Serie A 14º 10–20
2013–14 1 Serie A 13º 11–19
2014–15 1 Serie A 15–18
2015–16 1 Serie A 16º 11–19
2016–17 2 Serie A2 33–11 Copa LNP
2017–18 1 LBA 15–15 Cuartos de final
2018–19 1 LBA 11º 15–15 Semifinais 3 Champions League 14–5
2019–20 1 LBA 18–2 Cuartos de final Intercontinental 2 EuroCup 12–4
2020–21 1 LBA 29–9 Cuartos de final Supercopa 2 EuroCup SF 19–2
2021–22 1 LBA 34–8 Semifinais Supercopa 2 EuroCup 15–7

Véxase tamén

Ligazóns externas