Virtus Bologna
Virtus Bologna | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Virtus Pallacanestro Bologna |
Liga | LBA |
Alcume | Vu nere |
Fundación | 1929 |
Cores | Branco, negro |
Presidente | Massimo Zanetti |
Adestrador | Sergio Scariolo |
Patrocinador | Segafredo |
Himno | Dai sali e vai |
Localización | |
Cidade | Boloña, Italia |
Pavillón | Segafredo Arena |
Capacidade | 9 980 |
Inauguración | 1993 |
Campionatos | |
Euroliga | 2 (1998, 2001) |
Recopa | 1 (1990) |
Eurocup | 1 (2022) |
BCL | 1 (2009) |
EuroChallenge | 1 (2019) |
Liga Italia | 16 (1946−1949, 1955−1956, 1976, 1979−1980, 1984, 1993−1994, 1995, 1998, 2001, 2021) |
Copa Italia | 8 (1974, 1984, 1989, 1990, 1997, 1999, 2001, 2002) |
Supercopa | 2 (1995, 2022) |
virtus.it |
O Virtus Pallacanestro Bologna, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Virtus Segafredo Bologna,[1] é un equipo profesional de baloncesto italiano con sede na cidade de Boloña, Emilia-Romaña. Fundado en 1922, é un dos clubs máis prestixiosos de Italia, como así o acredita o seu palmarés que, entre outros títulos, conta con dúas Euroligas, unha Recopa de Europa e un EuroChallenge a nivel europeo, así como dezaseis Ligas e oito Copas a nivel local. Actualmente o equipo compite na LBA, máxima categoría do baloncesto italiano. Pese a que o "Virtus Pallacanestro Bologna" é o nome oficial, o club foi normalmente coñecido co nome que lle deron as diferentes empresas que o patrocinaron ao longo da súa historia, coma a meirande parte dos equipos italianos de baloncesto. Os seus nomes comerciais máis coñecidos son Sinudyne, Granarolo, Knörr, Buckler e Kinder.
Historia
Comezos e primeiro título
A Virtus foi fundada en 1871 como un club de ximnasia, formando o seu primeiro equipo de baloncesto en 1929. A pista do equipo era a antiga igrexa de Santa Lucia, no centro da cidade. O primeiro título oficial da Virtus foi en 1934, cando o equipo boloñés venceu o torneo da Segunda División e obtivo a promoción para a Primeira División italiana. Após a promoción, a Virtus se estabeleceuse de forma case permanentemente no cume da liga nacional de baloncesto e conseguiu unha longa serie de postos honrosos: nos nove campionatos disputados de 1935 até a eclosión da Segunda Guerra Mundial, o club conseguiu seis segundos lugares, dous terceiros lugares e un sexto.
Ao final da guerra mundial, a pista de Santa Lucia deixou de estar dispoñíbel e, despois dun breve período de xogos ao ar libre nun campo na Vía del Ravone, o equipo mudouse para a Sala Borsa, a bolsa de valores da cidade, que era reaxustada á noite para acoller xogos de baloncesto. Nese local a Virtus conquistou seu primeiro título de liga, gañando tamén as tres edicións seguintes. Os boloñeses gañaron o título nacional novamente en 1955 e 1956. Nesta década de 1950 comezou a rivalidade co Olimpia Milano.
Debido á crecente fama da Virtus, a Sala Borsa xa non era axeitada para acoller os encontros do club. Así, en 1956, o prefecto de Boloña, Giuseppe Dozza, inaugurou unha nova arena, que era simplemente coñecida como "Sports Hall" e tiña capacidade para máis de 7 000 persoas.[2] Este pavillón foi posteriormente alcumado como "Il Madison", en referencia ao Madison Square Garden de Nova York, e en 1966, tras a xubilación de Dozza da política, foi renomeado como "PalaDozza".
Anos 1960 e 1970
Na década de 1960 o equipo boloñés non conquistou ningún título nacional e o baloncesto italiano foi dominado por seus rivais históricos, o Olimpia Milano e o Ignis Varese. O punto de virada veu en 1968, cando o avogado Gianluigi Porelli foi nomeado como director da sección de baloncesto. Alcumado "Torquemada" ou "Robespierre" polos seus métodos moitas veces ditatoriais ou, máis frecuentemente, L'Avvocato (do italiano: O Avogado), Porelli foi unha das figuras máis prominentes da historia da Virtus.
Así que chegou, con só 38 anos, Porelli vendeu o mellor xogador da época, Gianfranco Lombardi, desencadeando unha forte polémica. En 1970 a Virtus foi un dos principais proponentes e fundadores da Lega Basket. Ese mesmo ano, a Virtus separouse do club polideportivo e tornouse unha sociedade anónima. Grazas as súas escollas, altamente criticadas, Porelli definitivamente curou as finanzas e en 1973 abriu unha nova xeira de triunfos grazas á colaboración de Sinudyne, unha famosa empresa italiana de electrodomésticos, e á chegada do adestrador Dan Peterson.
A Virtus conquistou inmediatamente a súa primeira Copa de Italia en 1973−74 e, tras dous anos, o seu sétimo campionato nacional, grazas ao liderado de xogadores como Marco Bonamico e Luigi Serafini. En 1978, o adestrador Peterson mudouse para o Olimpia Milano e o antigo xogador Terry Driscoll foi nomeado novo adestrador. So o seu comando, a Virtus conquistou dous títulos nacionais consecutivos en 1979 e 1980. Os xogadores máis importantes dese bicampionato foron Renato Villalta, Jim McMillian e Krešimir Ćosić.
Anos 1980
Despois da volta ao cume en Italia, a Virtus tentou volverse tamén nun gran equipo en Europa. En 1981 o club chega á final da Copa de Europa en Estrasburgo. Porén, perderon por só un punto ante o Maccabi Tel Aviv, despois dun xogo moi disputado. Tras a derrota, Porelli contratou a Aleksandar Nikolić, mundialmente coñecido como "O Profesor", para ser o novo adestrador. A pesar de súa fama, Nikolić non conseguiu traer a Virtus de volta ao título, así que en 1983 Alberto Bucci tornouse o novo adestrador. So o comando de Bucci, a Virtus conquistou seu décimo campionato nacional, derrotando o Olimpia Milano nunha final histórica, sempre lembrada como unha das mellores da historia do baloncesto italiano. Ese mesmo ano, o equipo venceu tamén na Copa de Italia.
En 1988, Porelli contratou Bob Hill, que fora adestrador dos New York Knicks na temporada anterior. Hill trouxo para Italia dous ex-xogadores da NBA: Micheal Ray Richardson, un All-Star que fora proscrito da NBA por violacións da política antidrogas da liga, e Clemon Johnson, campión da NBA en 1983 cos Philadelphia 76ers. Na temporada de 1988−89, a Virtus conquistou súa terceira Copa da Italia, mais foi derrotado na semifinal do campionato nacional. No verão seguinte, Hill dimitiu do seu cargo, e seu asistente, Ettore Messina foi nomeado novo adestrador. Con Messina a Virtus conseguiu de novo a Copa de Italia novamente e o seu primeiro título europeo, a Copa Saporta, derrotando o Real Madrid na final. Na final destacou o desempeño de Richardson, capaz de marcar 29 puntos.
Patrocinios
Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Minganti Bologna (1953–1958)
- Oransoda Bologna (1958–1960)
- Idrolitina Bologna (1960–1961)
- Virtus Bologna (1961–1962)
- Knorr Bologna (1962–1965)
- Candy Bologna (1965–1969)
- Virtus Bologna (1969–1970)
- Norda Bologna (1970–1974)
- Sinudyne Bologna (1974–1983)
- Granarolo Bologna (1983–1986)
- Dietor Bologna (1986–1988)
- Knorr Bologna (1988–1993)
- Buckler Beer Bologna (1993–1996)
- Kinder Bologna (1996–2002)
- Virtus Bologna (2002–2003)
- Carisbo Bologna (2003–2004)
- Caffè Maxim Bologna (2004–2005)
- VidiVici Bologna (2005–2007)
- La Fortezza Bologna (2007–2009)
- Canadian Solar Bologna (2009–2012)
- SAIE3 Bologna (2012–2013)
- Oknoplast Bologna (2013)
- Granarolo Bologna (2013–2015)
- Obiettivo Lavoro Bologna (2015–2016)
- Virtus Segafredo Bologna (2016–presente)
Xogadores
Destacados
- Alessandro Abbio
- Pietro Aradori
- Marco Belinelli
- Gianni Bertolotti
- Augusto Binelli
- Davide Bonora
- Roberto Brunamonti
- Carlo Caglieris
- Claudio Coldebella
- Alessandro Frosini
- Alessandro Gentile
- Gianfranco Lombardi
- Walter Magnifico
- Giuseppe Poeta
- Luigi Serafini
- Vittorio Tracuzzi
- Renato Villalta
- Manu Ginóbili
- Hugo Sconochini
- Elvis Rolle
- Guilherme Giovannoni
- Carl English
- Bill Wennington
- Krešimir Ćosić
- Arijan Komazec
- Petteri Koponen
- Antoine Rigaudeau
- Tornike Shengelia
- Nikos Oikonomou
- Kostas Patavoukas
- David Blu
- Saulius Štombergas
- Vlado Ilievski
- Michael Olowokandi
- Ekpe Udoh
- Predrag Danilović
- Marko Jarić
- Dejan Koturović
- Stefan Marković
- Žarko Paspalj
- Zoran Savić
- Branislav Prelević
- Miloš Teodosić
- Dušan Vukčević
- Marko Milič
- Rasho Nesterović
- Matjaž Smodiš
- Jure Zdovc
- John Amaechi
- Alan Anderson
- Charlie Bell
- Travis Best
- Anthony Bonner
- Earl Boykins
- Jan van Breda Kolff
- Mario Chalmers
- Terry Driscoll
- Clemon Johnson
- Keith Langford
- Cliff Levingston
- Kyle Macy
- Joe Meriweather
- Tom McMillen
- Jim McMillian
- Micheal Ray Richardson
- Russ Schoene
- Greg Stokes
- Orlando Woolridge
Adestradores
- Renzo Poluzzi (1948–1951)
- Dino Fontana (1950–1951)
- Venzo Vannini (1951–1952)
- Larry Strong (1952–1953)
- Giancarlo Marinelli (1953–1954)
- Vittorio Tracuzzi (1954–1960)
- Eduard Kucharski (1960–1963)
- Mario Alesini (1963–1966)
- Jaroslav Šíp (1966–1968)
- Renzo Ranuzzi (1968–1969)
- Nello Paratore (1969–1970)
- Vittorio Tracuzzi (1970–1971)
- Nico Messina (1971–1973)
- Dan Peterson (1973–1978)
- Terry Driscoll (1978–1980)
- Ettore Zuccheri (1980–1981)
- Renzo Ranuzzi (1981)
- Aleksandar Nikolić (1981–1982)
- George Bisacca (1982)
- Mauro Di Vincenzo (1982–1983)
- Alberto Bucci (1983–1985)
- Alessandro Gamba (1985–1987)
- Krešimir Ćosić (1987–1988)
- Bob Hill (1988–1989)
- Ettore Messina (1989–1993)
- Alberto Bucci (1993–1997)
- Lino Frattin (1997)
- Ettore Messina (1997–2002)
- Bogdan Tanjević (2002)
- Valerio Bianchini (2002–2003)
- Giampiero Ticchi (2003)
- Alberto Bucci (2003–2004)
- Giordano Consolini (2004–2005)
- Zare Markovski (2005–2007)
- Stefano Pillastrini (2007–2008)
- Renato Pasquali (2008)
- Matteo Boniciolli (2008–2009)
- Lino Lardo (2009–2011)
- Alessandro Finelli (2011–2013)
- Luca Bechi (2013–2014)
- Giorgio Valli (2014–2016)
- Alessandro Ramagli (2016–2018)
- Stefano Sacripanti (2018–2019)
- Aleksandar Đorđević (2019–2021)
- Sergio Scariolo (2021–presente)
Palmarés
Competicións domésticas
- Liga de Italia
- Campións (15): 1946, 1947, 1948, 1949, 1955, 1956, 1976, 1979, 1980, 1984, 1993, 1994, 1995, 1998, 2001
- Subcampións (16): 1936, 1938, 1940, 1943, 1950, 1952, 1953, 1957, 1958, 1959, 1960, 1961, 1977, 1978, 1981, 2007
- Copa de Italia
- Campións (8): 1974, 1984, 1989, 1990, 1997, 1999, 2001, 2002
- Subcampións (6): 1993, 2000, 2007, 2008, 2009, 2010
- Supercopa de Italia
- Campións (1): 1995
- Subcampións (7): 1997, 1998, 1999, 2000, 2002, 2009, 2010
- Segunda División de Italia
- Campións (1): 2017
Competicións europeas
- Euroliga
- Campións (2): 1998, 2001
- Subcampións (3): 1981, 1999, 2002
- Copa Saporta
- Campións (1): 1990
- Subcampións (2): 1978, 2000
- Eurocup
- Campións (1): 2022
- Champions League
- Campións (1): 2019
- EuroChallenge
- Campións (1): 2009
Historial
Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa de Italia | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1934 | 2 | 1ª Div. | 1º | 5–1 | ||||||
1935 | 1 | Div. Nac. | 2º | 10–6 | ||||||
1936 | 1 | Div. Nac. | 2º | 10–2 | ||||||
1936–37 | 1 | Div. Nac. | 2º | 11–3 | ||||||
1937–38 | 1 | Serie A | 2º | 12–5 | ||||||
1938–39 | 1 | Serie A | 3º | 12–4 | ||||||
1939–40 | 1 | Serie A | 2º | 13–5 | ||||||
1940–41 | 1 | Serie A | 6º | 8–10 | ||||||
1941–42 | 1 | Serie A | 3º | 16–1–4 | ||||||
1942–43 | 1 | Serie A | 2º | 17–3 | ||||||
1945–46 | 1 | Serie A | 1º | 5–0 | ||||||
1946–47 | 1 | Serie A | 1º | 15–1–2 | ||||||
1947–48 | 1 | Serie A | 1º | 15–1–4 | ||||||
1948–49 | 1 | Serie A | 1º | 18–4 | ||||||
1949–50 | 1 | Serie A | 2º | 20–6 | ||||||
1950–51 | 1 | Serie A | 3º | 16–2–8 | ||||||
1951–52 | 1 | Serie A | 2º | 17–5 | ||||||
1952–53 | 1 | Serie A | 2º | 15–7 | ||||||
1953–54 | 1 | Serie A | 3º | 14–8 | ||||||
1954–55 | 1 | Serie A | 1º | 15–2–5 | ||||||
1955–56 | 1 | Elite | 1º | 19–3 | ||||||
1956–57 | 1 | Elite | 2º | 18–4 | ||||||
1957–58 | 1 | Elite | 2º | 19–3 | ||||||
1958–59 | 1 | Elite | 2º | 18–4 | ||||||
1959–60 | 1 | Elite | 2º | 19–3 | ||||||
1960–61 | 1 | Elite | 2º | 18–4 | 1 Copa de Europa | 2R | 3–1 | |||
1961–62 | 1 | Elite | 3º | 15–7 | ||||||
1962–63 | 1 | Elite | 3º | 21–5 | ||||||
1963–64 | 1 | Elite | 3º | 23–3 | ||||||
1964–65 | 1 | Elite | 3º | 15–7 | ||||||
1965–66 | 1 | Serie A | 4º | 15–7 | ||||||
1966–67 | 1 | Serie A | 6º | 10–12 | ||||||
1968–69 | 1 | Serie A | 3º | 16–6 | Oitavos de final | |||||
1968–69 | 1 | Serie A | 10º | 9–13 | Cuartos de final | |||||
1969–70 | 1 | Serie A | 7º | 9–13 | Cuartos de final | |||||
1970–71 | 1 | Serie A | 10º | 6–18 | Oitavos de final | |||||
1971–72 | 1 | Serie A | 5º | 11–11 | Cuartos de final | |||||
1972–73 | 1 | Serie A | 4º | 12–14 | Cuartos de final | |||||
1973–74 | 1 | Serie A | 5º | 15–11 | Campión | |||||
1974–75 | 1 | Serie A1 | 4º | 26–14 | 2 Recopa | CF | 2–3 | |||
1975–76 | 1 | Serie A1 | 1º | 28–8 | 3 Copa Korać | SF | 6–1 | |||
1976–77 | 1 | Serie A1 | 2º | 25–8 | 1 Copa de Europa | FG | 3–3 | |||
1977–78 | 1 | Serie A1 | 2º | 23–11 | 2 Recopa | 2º | 6–5 | |||
1978–79 | 1 | Serie A1 | 1º | 23–11 | 2 Recopa | SF | 5–3 | |||
1979–80 | 1 | Serie A1 | 1º | 26–8 | 1 Copa de Europa | SF | 9–5 | |||
1980–81 | 1 | Serie A1 | 2º | 26–15 | 1 Copa de Europa | 2º | 13–4 | |||
1981–82 | 1 | Serie A1 | 4º | 24–16 | 2 Recopa | SF | 4–4 | |||
1982–83 | 1 | Serie A1 | 5º | 24–11 | ||||||
1983–84 | 1 | Serie A1 | 1º | 28–10 | Campión | |||||
1984–85 | 1 | Serie A1 | 7º | 18–16 | Cuartos de final | 1 Copa de Europa | SF | 5–9 | ||
1985–86 | 1 | Serie A1 | 10º | 17–15 | Cuartos de final | |||||
1986–87 | 1 | Serie A1 | 5º | 20–12 | Cuartos de final | |||||
1987–88 | 1 | Serie A1 | 9º | 18–14 | Oitavos de final | 3 Copa Korać | CF | 6–2 | ||
1988–89 | 1 | Serie A1 | 3º | 21–15 | Campión | |||||
1989–90 | 1 | Serie A1 | 5º | 22–13 | Campión | 2 Recopa | 1º | 8–3 | ||
1990–91 | 1 | Serie A1 | 3º | 22–14 | Cuartos de final | 2 Recopa | CF | 6–2 | ||
1991–92 | 1 | Serie A1 | 4º | 24–12 | Semifinais | 1 Euroliga | CF | 13–6 | ||
1992–93 | 1 | Serie A1 | 1º | 31–6 | Subcampión | 1 Euroliga | CF | 8–8 | ||
1993–94 | 1 | Serie A1 | 1º | 31–9 | Semifinais | 1 Euroliga | CF | 10–7 | ||
1994–95 | 1 | Serie A1 | 1º | 33–9 | Cuartos de final | 1 Euroliga | CF | 11–8 | ||
1995–96 | 1 | Serie A1 | 3º | 26–12 | Semifinais | Supercopa | 1º | 1 Euroliga | FG | 8–8 |
1996–97 | 1 | Serie A1 | 3º | 20–14 | Campión | 1 Euroliga | T16 | 8–11 | ||
1997–98 | 1 | Serie A1 | 1º | 32–7 | Semifinais | Supercopa | 2º | 1 Euroliga | 1º | 19–3 |
1998–99 | 1 | Serie A1 | 3º | 24–9 | Campión | Supercopa | 2º | 1 Euroliga | 2º | 15–7 |
1999–00 | 1 | Serie A1 | 3º | 24–14 | Subcampión | Supercopa | 2º | 2 Copa Saporta | 2º | 15–4 |
2000–01 | 1 | Serie A1 | 1º | 38–5 | Campión | Supercopa | 2º | 1 Euroliga | 1º | 19–3 |
2001–02 | 1 | Serie A | 3º | 32–11 | Campión | Supercopa | SF | 1 Euroliga | 2º | 17–5 |
2002–03 | 1 | Serie A | 14º | 13–21 | Supercopa | 2º | 1 Euroliga | T16 | 6–14 | |
2003–04 | 2 | Serie A2 | 3º | 25–16 | 2 Copa ULEB | RS | 3–7 | |||
2004–05 | 2 | Serie A2 | 2º | 31–10 | ||||||
2005–06 | 1 | Serie A | 9º | 19–15 | ||||||
2006–07 | 1 | Serie A | 2º | 28–18 | Subcampión | 3 FIBA EuroCup | 3º | 12–4 | ||
2007–08 | 1 | Serie A | 15º | 13–21 | Subcampión | 1 Euroliga | RS | 2–12 | ||
2008–09 | 1 | Serie A | 5º | 19–16 | Subcampión | 3 EuroChallenge | 1º | 13–3 | ||
2009–10 | 1 | Serie A | 5º | 17–15 | Subcampión | Supercopa | 2º | |||
2010–11 | 1 | Serie A | 8º | 16–18 | Supercopa | 2º | ||||
2011–12 | 1 | Serie A | 5º | 20–15 | ||||||
2012–13 | 1 | Serie A | 14º | 10–20 | ||||||
2013–14 | 1 | Serie A | 13º | 11–19 | ||||||
2014–15 | 1 | Serie A | 8º | 15–18 | ||||||
2015–16 | 1 | Serie A | 16º | 11–19 | ||||||
2016–17 | 2 | Serie A2 | 1º | 33–11 | Copa LNP | 1º | ||||
2017–18 | 1 | LBA | 9º | 15–15 | Cuartos de final | |||||
2018–19 | 1 | LBA | 11º | 15–15 | Semifinais | 3 Champions League | 1º | 14–5 | ||
2019–20 | 1 | LBA | 1º | 18–2 | Cuartos de final | Intercontinental | 2º | 2 EuroCup | — | 12–4 |
2020–21 | 1 | LBA | 1º | 29–9 | Cuartos de final | Supercopa | 2º | 2 EuroCup | SF | 19–2 |
2021–22 | 1 | LBA | 2º | 34–8 | Semifinais | Supercopa | 1º | 2 EuroCup | 1º | 15–7 |
Notas
- ↑ "Virtus Segafredo Bologna". EuroCup Basketball.
- ↑ "Champions Cup 1965-66". Linguasport. Parámetro descoñecido
|dataacesso=
ignorado (suxírese|dataacceso=
) (Axuda)