Saltar ao contido

Ponte Nafonso

Revisión feita o 1 de xuño de 2023 ás 22:12 por Justinoguerra (conversa | contribucións) (engadir fotos)
Ponte Nafonso
Localización
Coordenadas42°49′41″N 8°52′32″O / 42.828027777778, -8.8756666666667{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
RíoTambre
ConcelloNoia, Outes
ProvinciaA Coruña
Características
ConstruciónIdade Media
Lonxitude270 m
Ancho5 m
MaterialPedra

Ponte Nafonso é unha ponte de pedra encol do río Tambre preto da súa desembocadura no fondo da ría de Muros-Noia, unindo os concellos de Noia e Outes[1].

Descrición

Ponte Nafonso.

Contén vinte arcos dos vinte e sete que tivo orixinalmente. Nos planos do século XVIII aparece con 20 arcos, un deles parcialmente derruído[2]

Ten unha lonxitude de 270 metros aínda que foi orixinalmente máis longa. Os arcos do tramo principal teñen luces entre os nove e dez metros, e están apoiados sobre piares de 2,2 m a 3 metros de ancho. Xa que logo a relación macizo/van é de 1/3. No tramo de acceso os arcos son desiguais e as medidas do macizo variábeis.

O taboleiro ten cinco metros de ancho pero inicialmente foi máis estreito. As bóvedas orixinais son apuntadas, pero froito dunha reconstrución a maioría son de medio punto.

Augas arriba os tallamares son triangulares salvo o central oxival, e trapezoidais augas abaixo, salvo os dos extremos.

É único o seu requebro na calzada sen que estea clara a razón do mesmo.

Historia

As súas orixe remóntanse a Idade media cando a súa construción substituíu a comunicación das dúas beiras por barca. Chamado inicialmente coma "Ponte das Pías"[3] e logo coma "Ponte de Don Alonso" unas fontes o atribuen o nome o seu constructor e outras o Rei Alfonso VIII [4] Alfonso VII[5]

Certas fontes indica que o seu construtor estaría soterrado baixo o Cruceiro a entrada da ponte.[6]; outras fontes como Murguía tamén que era irman do mestre construtor do Mosteiro de Toxos Outos

"Adios ti Ponte Nafonso,

Non sey quen t' acabará...

Trinta anos me levaches

Flor da miña mocedad" [7]

Dito Cruceiro hoxe desaparecido podería ser o representado nos planos do século XVIII na entrada dende Noia o seu lado dereito.

Según o "Diccionario de artistas que florecieron en Galicia durante los siglos XVI y XVII"[8] de Pablo Pérez Constanti as fases de reconstrucción e reformas según protocolos notariais serían as seguintes:

O concello de Noia en 1528 require o mestre pedrero Gregorio Robin execute as obras por ser fiador do mestre Toribio de Areas ao ausentarse este sen realizalas.[9] [10](Arq. Notarial de Santiago; Protocolos Macías Vázquez de 1528)

Bieito Gonzalez mestre canteiro da Vila de Noia sendo aduxudicatario das obras de remate en 1578 por 510 ducados o non ser capaz de rematalas por carecer de medios cede nese mesmo ano 3/4 partes da mesma a Roi Ledo e Pedro Fernández veciños de Noia e Xoan de Vilasoa de Boiro[11] (Arq. Notarial de Noia; Protocolos do escribano Jácome Gómez de 1578)

En 1610 Cristina Rodríguez, viuva do mestre de obras da vila de Noia Mateo de Cubas, fai un convenio cos canteiros de Noia Juan de Olveira, Bartolomé de Agra, y Pedro García, para terminar as obras encargadas o seu difunto marido, pagandolles 120 ducados e os materiais necesarios. Consistían as obras en "Un pilar que está para la ermita de Nuestra Señora de la Puente a la parte de abajo y de otro pilar que está a la parte de arriba" [12](Arq. Notarial de Noia; Protocolos do escribano Pedro Mariño de Romay de 1610)


En fechas posteriores aparecen reseñas de mais intervencións.


Demanda en 1696 dos veciños de Noia e Muros sobre la reparación da ponte chamada de D. Alonso [13]

No século XVIII presenta un dos seus arcos derrubados, con arcos de medio punto e oxivales.

Entre 1842 e 1844 A Deputación da Coruña procede a sua reparación [14]

As reformas do século XIX fixéronlle perder o seu estilo gótico; (xa presentaba arcos de medio punto en planos anteriores). No século XX, o peitoril foi substituído por unha varanda metálica e recubriuse de asfalto o firme.

É mencionada por Lucas Labrada na súa Descrición económica do Reyno de Galicia de 1804, e por George Borrow en 1836.

En 1911 comenzan os planes de reformas na estrada de acceso a ponte, levantándose o expediente de expropiación en 1913[15] [16] [17]

Ficheiro:Arg xpe 26952 9 15s PL002.jpg|alt=

</gallery>En 1926 colócaselle unha nova varanda [18]

En 2021 a Xunta de Galicia licita as obras de restauraciónd da ponte cun orzamento inicial de 574.000,00 €[19]

Notas

  1. Ponte Nafonso na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  2. Plano y Elevacion que manifiesta el actual estado del Puente llamado de Dn. Alonso situado en la Desembocadura del Río Tamber, y Ría de la Villa de Noio en el Reino de Galicia. [17--?]. 
  3. "Ponte Nafonso". Turismo de Noia. 
  4. de la Iglesia, Antonio (1863 outubro 1). "Estudios Arqueológicos. Puente de D. Alonso y Monasterio de San Justo". Galicia : revista universal de este reino (Ano IV Número 19). 
  5. "Galicia : revista universal de este reino: Ano IV Número 19". 1863 outubro 1. Consultado o 01/06/23. 
  6. Esparrago Fernandez, Manuel (1944). "Aspecto económico de los puertos de la costa gallega". Boletín de la Real Sociedad Geográfica: Tomo LXXX Número 1 a 6 - 1944 Enero: 228. 
  7. Murguía, Manuel (1888). Galicia (1888). Establecimiento Tipográfico- Editorial de Daniel Cortezo y Cia. 
  8. Pérez Costanti, Pablo (1930). Diccionario de artistas que florecieron en Galicia durante los siglos XVI y XVII. Santiago : Seminario C. Central. 
  9. "Diccionario de artistas que florecieron en Galicia durante los siglos XVI y XVII". 
  10. "Diccionario de artistas que florecieron en Galicia durante los siglos XVI y XVII". 
  11. "Diccionario de artistas que florecieron en Galicia durante los siglos XVI y XVII". 
  12. "Diccionario de artistas que florecieron en Galicia durante los siglos XVI y XVII". 
  13. "LOS VECINOS DE LA VILLA DE NOYA CON LOS DE LA VILLA DE MUROS, SOBRE REPARO DEL PUENTE LLAMADO DE DON ALONSO". 
  14. "Galicia : revista universal de este reino: Ano IV Número 19". 1863 outubro 1. Consultado o 01/06/2023. 
  15. "Expediente de expropiación forzosa por causa de utilidade pública da estrada de terceira orde de Boimorto a Muros. Sección de Noia a Muros. Travesía na Ponte Nafonso. Termo municipal de Noia". Arquivo Dixital de Galicia. Consultado o 31/05/2023. 
  16. "Gaceta de Galicia, Diario de Santiago Nº 209 "El Plan de Carreteras". 30/08/1911. Consultado o 01/06/2023. 
  17. "Diario de Galicia: Periódico de la Mañana Nº 1519". 19/12/1913. Consultado o 01/06/23. 
  18. "El pueblo gallego : rotativo de la mañana: Ano III Número 712". 16/05/1926. Consultado o 01/05/23. 
  19. "A Xunta adxudica as obras de rehabilitación e posta en valor da Ponte Nafonso en Noia e Outes por preto de 574.000 euros". Xunta de Galicia.