Saltar ao contido

Polígono industrial de Vío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 25 de agosto de 2023 ás 01:36 por Breobot (conversa | contribucións) (Reemplazos con Replacer: «construcción»)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Polígono industrial de Vío
Instalacións de Caramelo no polígono de Vío.
Tipopolígono industrial
Data de fundación2006
EnA Coruña
PaísGalicia
43°19′43″N 8°26′59″O / 43.328694444444, -8.4498333333333
editar datos en Wikidata ]

O polígono industrial de Vío é unha zona industrial e loxística duns 680 000 metros cadrados[1] situada no lugar de Vío, no concello da Coruña.

Creouse mediante investimento privado a través dunha concesión municipal polos empresarios José Collazo e Manuel Jove. As obras de urbanización comezaron en 2006. En 2013 foi convertido en Zona de Actividades Loxísticas (ZAL) vinculada ao Porto Exterior de Punta Langosteira, en detrimento do polígono industrial de Morás, porén isto non supuxo o impulso que esperaba.[1]

Non foi até marzo de 2015 cando se instalou a primeira e única empresa do polígono: Caramelo. Pouco máis dun ano despois, dez anos após as primeiras obras de construción, Caramelo anunciaba a súa quebra e disolución[2]. En decembro de 2016, ante o evidente estado de abandono da infraestrutura, foi utilizada como circuíto de carreiras ilegais de coches[3].

En agosto de 2023, comeza a construción dunha terceira nave no polígono, que vén a sumarse ás das empresas Facet Ibérica (nas instalacións da desaparecida Caramelo) e Prosaga.

Ferroviario e portuario

[editar | editar a fonte]
  • Está previsto conectar, sen data confirmada, o Porto Exterior co Eixe Atlántico a través do polígono, xa que ten recibido a consideración de ZAL.[4]

Estradas e autoestradas

[editar | editar a fonte]
  • O acceso de tráfico rodado realízase a través da Avenida Terceira, pertencente ao veciño polígono de Pocomaco.
  1. 1,0 1,1 La Opinión de A Coruña. "Caramelo: Adiós al único oasis en el desierto de Vío". Consultado o 2017-04-28. 
  2. "Caramelo quebra e pide a liquidación - Praza Pública". Praza Pública. Consultado o 2017-04-28. 
  3. "Veinte coches participan en una carrera ilegal en A Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-12-12. Consultado o 2017-04-28. 
  4. "Sin noticias todavía de cuándo se licitará el acceso ferroviario al puerto exterior". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-12-28. Consultado o 2017-04-28.