Saltar ao contido

Friedrich von Schlegel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 20 de novembro de 2023 ás 22:47 por Xosema (conversa | contribucións) ({{VT|Hans Schlegel}})
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Véxase tamén: Hans Schlegel.
Modelo:BiografíaFriedrich von Schlegel

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Friedrich Schlegel Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoKarl Wilhelm Friedrich von Schlegel
10 de marzo de 1772 Editar o valor en Wikidata
Hannover, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xaneiro de 1829 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Dresden, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAntigo Cemitério Católico de Dresden (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Gotinga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Colonia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, editor literario, poeta, historiador, teórico literario, teórico da arte, profesor universitario, novelista, crítico literario, tradutor, escritor, historiador da arte Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Técnica de Dresden (pt) Traducir
Universidade de Jena
Universidade de Colonia Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEnsaio Editar o valor en Wikidata
MovementoRomanticismo, Romantismo na Alemanha (pt) Traducir e literatura do Romanticismo Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalAugust Wilhelm von Schlegel: Schlegel brothers (en) Traducir
Dorothea Veit (pt) Traducir (1799–)
Helmina von Chézy (pt) Traducir (1801–)
Helmina von Chézy (pt) Traducir (1803–) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeDorothea Veit (1804–)
Dorothea Veit (1799–) Editar o valor en Wikidata
PaiJohann Adolf Schlegel Editar o valor en Wikidata
IrmánsAugust Wilhelm von Schlegel Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Шлегель Фридрих)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1159130 Musicbrainz: 17c2909f-3ae5-41e8-b2cc-628ce58862d2 Discogs: 1997480 IMSLP: Category:Schlegel,_Friedrich WikiTree: Schlegel-740 Find a Grave: 6820956 Editar o valor en Wikidata
Friedrich von Schlegel.

Karl Wilhelm Friedrich von Schlegel, nado en Hannover o 10 de marzo de 1772 e finado en Dresde o 12 de xaneiro de 1829, foi un lingüista, crítico literario, filósofo, hispanista e poeta alemán, un dos fundadores do Romanticismo, irmán do tamén filólogo August Wilhelm von Schlegel.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi o máis novo dunha familia protestante de sete irmáns. Destinado a ser banqueiro, rexeitou esa vocación e empezou en 1790 os estudos de Dereito na universidade de Gotinga, e proseguiunos en Leipzig. Neste período estableceu amizade co poeta Novalis. En Leipzig empezou a interesarse pola cultura grega. En 1794 viaxou a Dresde, onde estudou a arte e a cultura grecolatina clásica e escribiu o seu ensaio Sobre o estudo da poesía grega, que publicou como introdución a unha obra súa de máis empeño, Die Griechen und Römer («Os gregos e romanos»), 1797.

Viaxou entón a Jena, en cuxa universidade o seu irmán August Wilhelm impartía clases. Alí, influído pola filosofía de Fichte, empezou a desenvolver en Estética o que constituiría o principio teórico do Romanticismo, a ironía romántica ou dicotomía entre a obra creada e imperfecta e a idea do seu autor perfecta; a poesía encerraría pois elementos dunha filosofía, unha mitoloxía e unha relixión. Desde 1797 Schlegel colaborou no Deutschland and Der Deutsche Merkur. Co seu irmán e Ludwig Tieck fundou a revista Athenaeum, («Ateneo»), órgano do movemento romántico alemán, revista que editou entre 1798 e 1800.

Durante eses anos escribiu a novela semiautobiográfica e inacabada Lucinde (1799). En 1800 Schlegel publicou Gespräch über die Poesie, a súa obra máis ampla sobre estética romántica, onde estatuía que Dante Alighieri, Miguel de Cervantes e William Shakespeare eran as maiores figuras da literatura universal. «A historia é unha profecía ó revés», escribiu no Athenaeum. Desa época é a súa traxedia Alarcos (1802), onde sen moita fortuna tentou combinar elementos clásicos e románticos. Cando leu a historia da literatura europea lamentou perder tanto o tempo estudando o período clásico grecolatino. Compuxo entón Geschichte der alten und neuren Literatur (Viena, 1812), unha historia da literatura antiga e moderna.

Entre 1800 e 1801 Schlegel foi lector na Universidade de Jena. Estableceuse en París algúns anos coa escritora e tradutora Dorothea Veit, da que se namorou en Berlín anos antes e que era parente do crítico literario Moses Mendelssohn. En París Schlegel estudou sánscrito e fundou, en 1803, o xornal Europa. Traballou editándoo até 1805. En 1804 casou ó fin con Dorothea Veit, e volveu a Alemaña, en concreto a Colonia (1804-1807). Tras converterse ó catolicismo en 1808 viaxou a Viena, onde traballou no Ministerio de Asuntos Exteriores austríaco. Alí coñeceu ó escritor Joseph von Eichendorff. Serviu no exército austríaco entre 1809 e 1810.

Fundou e editou Deutsches Museum (1812-1813) e publicou o seu Über die Sprache und Weisheit dern Indier («Do idioma e a sabedoría dos indios») (Heidelberg, 1808) onde aplica ó indoeuropeo a metodoloxía da filoloxía comparada, na que se lle considera un pioneiro. Valéndose das observacións de Sir William Jones sobre as similitudes entre o sánscrito e outras linguas, latín, grego e persa, proclamou Schlegel que a India era o berce da civilización occidental. O paralelismo entre lingua e raza fíxolle falar da raza común dos arios que se desprazou a Europa e falaría unha Ursprache nai de tódalas linguas. Nos seus últimos anos sostivo unha grande admiración cara á obra de Goethe, en especial a súa Wilhelm Meister.

Constituíuse no portavoz ideolóxico da liberación alemá do xugo napoleónico e apoiou á Santa Alianza e a Metternich. Desde 1815 a 1818 serviu como secretario da legación austríaca na Confederación Xermánica, en Frankfurt. En Viena preparou a edición das súas obras completas (10 vols.). Entre 1820 e 1823 editou o xornal católico Concordia. Morreu en Dresde o 12 de xaneiro de 1829.

Schlegel foi desde 1798 o principal filósofo e teorizador do primeiro Romanticismo alemán (introduciu de feito o termo romantisch no contexto literario).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]