Breve
˘ |
---|
Breve |
Diacríticos do alfabeto latino |
acentos |
Signos ortográficos empregados como diacríticos |
apóstrofo ( ’ ) |
Diacríticos de alfabetos non latinos |
Diacríticos do alfabeto árabe |
A breve ( ˘ ) é un sinal diacrítico con forma de medio círculo aberto por riba que se coloca sobre ou baixo unha letra. É semellante ao caron, pero este ten forma apuntada en lugar de arredondada.
Uso
[editar | editar a fonte]- Algúns dicionarios modernos de grego clásico e latín empregan a breve para sinalar vogais breves, como oposición ao macron.
- En romanés úsase sobre o A para representar a vogal /ə/.
- En turco ğ alonga a vogal precedente.
- En vietnamita representa vogais adicionais.
- No esperanto emprégase sobre o u para indicar que é unha semivogal.
- Na romanización do sinhala indica unha consoante prenasalizada, por exemplo, n̆da representa [ⁿda]. Tamén se emprega en romanizacións do coreano e no pinyin.
Breve inferior
[editar | editar a fonte]- A breve colocada baixo o H (Ḫ) emprégase na romanización do árabe, do acadio e dos xeróglifos exipcios.
- A breve dupla e a breve tripla inferiores aparecen nunha proposta ortográfica para os dialectos do baixo alemán presentada na década de 1980 pola Landschaftsverband Rheinland.[1]