Saltar ao contido

Planum Australe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 23 de marzo de 2024 ás 18:16 por Breobot (conversa | contribucións) (Reemplazos con Replacer: «cara o»)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Planum Australe
Planum Australe, visto dende aMars Global Surveyor.
Tipo de accidente xeolóxico Planitia
Rexión de Marte
Diámetro medio 1.224,58 km[1]
Altitude ?
Coordenadas 83,35° S 157,7° E[1]
Procedencia do nome nome dun antigo accidente xeolóxico.[1]

Planum Australe é a chaira máis ó sur de Marte, de feito ocupa boa parte do seu polo sur, estende dende os 75º S ata o centro do polo sur, exactamente está centrada sobre as coordenadas 83,35° S 157,7° E[1]. As características desta rexión deberon ser estudadas pola infrutuosa misión da sonda da NASA Mars Polar Lander, sonda coa que se perdeu o contacto cando esta entrou na atmosfera marciana.

Capa de xeo

[editar | editar a fonte]

Planum Australe está parcialmente cuberta por unha capa permanente de xeo composta por xeos de auga e dióxido de carbono duns 3 km de grosor. Tamén se forma unha capa de xeo durante a estación invernal sobre a capa permanente, esta capa invernal acaba acadando a latitude 60°S. No punto máis álxido do inverno, o grosor desta capa invernal pode acadar o metro de espesor.[2] É posible que a área que cobre esta capa de xeo se estea encollendo debido a cambios climáticos locais ou a un cambio climático máis global.[3]

Mapa topográfico do polo sur de Marte. Fágase notar coma a chaira se eleva sobre os terreos craterizados dos arredores. Preme na imaxe para obter máis información

En 1966, Leighton e Murray propuxeron que as capas de xeo dos polos marcianos almacenaban máis CO2 cá atmosfera marciana. Pola contra hoxe en día é sabido que a inmensa maioría do xeo dos polos marcianos está composto de xeo de auga. Ambos polos cóbrense cunha fina capa temporal de xeo de CO2, ademais o polo sur cóbrese dunha capa residual e permanente de xeo de CO2, duns 8 a 10 metros de espesor, a cal descansa sobre a capa de xeo de auga. Posiblemente a chave para explicar que o inmensa maior parte deste xeos dos polos é xeo de auga, é que o xeo de CO2 non é mecanicamente o suficientemente duro coma para manter unha capa de xeo de 3 km de espesor durante longos períodos de tempo.[4]. Evidencias obtidas polo radar SHARAD, con capacidade de penetración na masa de xeo, revelaron grandes cantidades de CO2 subterráneo, cantidades que serían aproximadamente iguais ó 80% do CO2 que hai na actual atmosfera marciana.[5]

Datos obtidos coa sonda Mars Express da ESA indican que existen tres partes principais na capa de xeo. A capa máis refractiva está composta por un 85% de xeo seco e un 15% de xeo de auga. A segunda parte sería a capa que se estende ata grandes escarpas e ladeiras que forman a fronteira natural da planicie, esta capa estaría composta case por completo por xeo de auga. E por último a última capa serían os campos de permafrost que se estenden moitos quilómetros a partir das escarpas cara ao norte.[6]

O centro da capa permanente non está situado a 90°S, se non que está desprazado 150 quilómetros ó norte do polo sur xeográfico. A presenza de dúas enormes cuncas de impacto no hemisferios occidental - Hellas Planitia e Argyre Planitia - crean unha área de baixas presións permanentes sobre a capa de xeo. O resultado deste fenómeno é a xeración, por parte desta borrasca, dunha neve moi esponxosa e branca, a cal ten un altísimo albedo. Isto contrasta moito cos xeos escuros que se forman na parte oriental da rexión polar, a cal tamén recibe menos neve.[7]

Accidentes xeolóxicos

[editar | editar a fonte]

Hai dúas subrexións dentro de Planum Australe - Australe Lingula e Promethei Lingula. Estas subrexións están cortadas polos grandes canons Promethei Chasma, Ultimum Chasma, Chasma Australe e Australe Sulci. Formulouse a teoría de que estes canons puideron ser labrados polos vento catabáticos.[8] O cráter máis grande de Planum Australe é McMurdo Crater.

Géiseres en Marte

[editar | editar a fonte]

A formación e fundido da capa de xeo do polo sur marciano crea unha gran cantidade de sistemas de canles con forma de arañeira sobre a capa de xeo dun metro de espesor grazas a enerxía achegada á luz solar. Tamén, o CO2 sublimado (e posiblemente tamén a auga) incrementan a presión no interior da capa de xeo, provocando erupcións semellantes a géiseres que expulsan fluídos fríos a miúdo mesturados con area basáltica escura ou con lama.[9][10][11][12] Estes géiseres morren axiña, unha vez que os gases que se sublimaron dentro da capa de xeo escapan a atmosfera, pero o fenómeno da aparición destes géiseres pódese apreciar durante semanas ou incluso meses, a taxa de incremento deste fenómeno é moi rara na xeoloxía, especialmente en Marte. Non hai misións previstas para que aterren nesta rexión.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Planetary Names: Planum, plana: Planum Australe on Mars". Consultado o 24-04-2012. 
  2. Tony Phillips. Science @ NASA, ed. "Mars is Melting". Arquivado dende o orixinal o 24-02-2007. Consultado o 20-10-2006. 
  3. Steinn Sigurdsson. RealClimate.org, ed. "Global warming on Mars?". Consultado o 20-10-2006. 
  4. Byrne, Shane; Ingersoll, AP (14-02-2003). "A Sublimation Model for Martian South Polar Ice Features". Science 299 (5609): 1051–1053. Bibcode:2003Sci...299.1051B. PMID 12586939. doi:10.1126/science.1080148. 
  5. Philips, R. J. e o seu equipo (2011). "Onset and migration of spiral troughs on Mars revealed by orbital radar". Science 332 (13): 838–841. doi:10.1126/science.1203091. 
  6. European Space Agency (ed.). "Water at Martian south pole". Consultado o 22-10-2006. 
  7. Spaceflight Now (ed.). "Mars' South Pole mystery". Consultado o 26-10-2006. 
  8. Eric J. Kolb; Kenneth L. Tanaka (2006). Mars Informatics Inc., ed. "Accumulation and erosion of south polar layered deposits in the Promethei Lingula region, Planum Australe, Mars". The Mars Journal 2: 1–9. Bibcode:2006Mars....2....1K. doi:10.1555/mars.2006.0001. 
  9. Jet Propulsion Laboratory (16-08-2006). NASA, ed. "NASA Findings Suggest Jets Bursting From Martian Ice Cap". Arquivado dende o orixinal o 10-10-2009. Consultado o 11-08-2009. 
  10. H. H. Kieffer (2000). "ANNUAL PUNCTUATED CO2 SLAB-ICE AND JETS ON MARS." (PDF). Mars Polar Science 2000. Consultado o 06-09-2009. 
  11. G. Portyankina, ed. (2006). "Fourth Mars Polar Science Conference" (PDF). SIMULATIONS OF GEYSER-TYPE ERUPTIONS IN CRYPTIC REGION OF MARTIAN SOUTH. Consultado o 11-08-2009. 
  12. Hugh H. Kieffer; Philip R. Christensen and Timothy N. Titus (30-05-2006). "CO2 jets formed by sublimation beneath translucent slab ice in Mars' seasonal south polar ice cap". Nature 442 (7104): 793–796. Bibcode:2006Natur.442..793K. PMID 16915284. doi:10.1038/nature04945. Consultado o 02-09-2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]