Arquieparquía católica ucraína de Lviv
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 1.063.500 (2019) (282,32 hab./km²) | |||
Lingua usada | lingua ucraína | |||
Relixión | catolicismo | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 3.767 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 1539 (Gregoriano) | |||
Catedral | Catedral de San Xurxo | |||
Páxina web | ugcc.lviv.ua |
A arquieparquía de Lviv é unha sé metropolitana da Igrexa católica bizantina ucraína, parte da Igrexa católica. En 2009 tiña un total de 755.821 bautizados sobre unha poboación total de 1 068 400 habitantes. Está actualmente encabezada polo arcebispo Ihor Vozniak.
Historia
En 1539 fora erixida a eparquía ortodoxa de Lviv, como unha sé sucesora da eparquía de Halych, erixida a mediados do século XII e elevada ao rango de sé metropolitana en 1303, até que os títulos de metropolitano foron trasladados a Kíiv en 1401. A eparquía de Lviv rexeitou a Unión de Brest de 1596, e non foi até 1700 que a aceptou.
En 1807 a Igrexa católica ucraína foi dividida en dous para separar os territorios baixo o Imperio Ruso (metrópole de Kíiv) dos territorios baixo o Imperio Austríaco, elevando a eparquía de Lviv ao rango de metrópole e dándolle os mesmos dereitos que a de Kíiv: o 22 de febreiro, coa bula In universalis Ecclesiae, o papa Pío VII uniuna á sé de Halych e elevouna ao rango de arquieparquía metropolitana, tendo como sufragáneas ás eparquías de Chełm e de Przemyśl.
O 26 de marzo de 1885 cedeu parte do seu territorio para erixir a eparquía de Stanislaviv.
O 23 de decembro de 1963 foi erixido a arquieparquía maior da Igrexa católica bizantina ucraína, e a arquieparquía de Lviv pasou a ser a sé propia do arcebispo maior.
O 20 de abril de 1993 cedeu parte do seu territorio para erixir as eparquías de Sambir-Drohobych, de Ternopil e de Zboriv. O 25 de novembro de 1995 cedeu novamente territorio para erixir o exarcado apostólico de Kíiv-Vyshhorod, e outra vez o 21 de xullo de 2000 coa erección da eparquía de Sokal.
A sé do arcebispado maior foi transferida a Kíiv o 29 de agosto de 2005, e a arquieparquía de Lviv converteuse en sé arcebispal non metropolitana, cun ordinario propio.
O 21 de novembro de 2011 foi restaurada como arquieparquía metropolitana.
Episcopoloxio
- Bispos de Lviv
- Yosyf Shumlianskyi (1700 - 1708, finado)
- Varlaam Sheptytskyi (1710 - 5 de abril de 1715, finado)
- Atanasii Sheptytskyi (1715 - 12 de decembro de 1746, finado)
- Lev Sheptytskyi (1748 - 13 de maio de 1779, finado)
- Petro Bilianskyi (1780 - 29 de maio de 1798, finado)
- Mykola Skorodynskyi (28 de outubro de 1798 - 23 de maio de 1805, finado)
- Metropolitas de Lviv
- Antin Anhelovych (16 de marzo de 1808 - 9 de agosto de 1814, finado)
- Mykhailo Levytskyi (8 de marzo de 1816 - 14 de xaneiro de 1858, finado)
- Hryhorii Yakhymovych (23 de marzo de 1860 - 29 de abril de 1863, finado)
- Spyrydon Lytvynovych (5 de maio de 1864 – 4 de xuño de 1869, finado)
- Yosyf Sembratovych (27 de xuño de 1870 – 22 de decembro de 1882, renuncia)
- Sylvestr Sembratovych (27 de marzo de 1885 – 4 de agosto de 1898, finado)
- Yulian Sas-Kuilovskyi (19 de xuño de 1899 - 4 de maio de 1900, finado)
- Andrei Sheptytskyi (17 de decembro de 1900 - 4 de novembro de 1944, finado)
- Yosyf Slipyi (1 de novembro de 1944 - 23 de decembro de 1963, nomeado a arcebispo maior de Lviv)
- Arcebispos maiores de Lviv
- Yosyf Slipyi (23 de decembro de 1963 - 7 de setembro de 1984, finado)
- Myroslav Ivan Liubachivskyi (7 de setembro de 1984 - 14 de decembro de 2000, finado)
- Liubomyr Huzar (26 de xaneiro de 2001 - 29 de agosto de 2005, nomeado arcebispo maior de Kíiv-Galicia)
- Metropolitas de Lviv
- Ihor Vozniak (10 de novembro de 2005 - actualidade)