Saltar ao contido

Reloxeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 25 de agosto de 2024 ás 02:09 por Gasparoff (conversa | contribucións) (Creada como tradución da páxina "Relojoeiro")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Reloxeiro en Gabón
Profesional reparando un reloxo en Tailandia.

Un reloxeiro é un artesán que fabrica ou repara reloxos. A maioría dos reloxeiros modernos só traballan na reparación de reloxos, non na creación de novos modelos, aínda que un reloxeiro experimentado pode facer moitas das pezas que compoñen un reloxo mecánico.

En Inglaterra, historicamente, os reloxeiros tiveron que someterse a un período de formación de sete anos e despois unirse a un gremio como a Worshipful Company of Clockmakers de Londres, antes de vender o seu primeiro reloxo.[1] Hoxe en día, os reloxeiros realizan cursos de formación como WOSTEP.

O reloxeiro como metáfora

A metáfora do reloxeiro ten sido usada dun ou outro xeito por varios filósofos, artistas e pensadores para ilustrar puntos sobre a complexidade no universo, desde Hume até William Paley, Richard Dawkins, Phillip Pullman e moitos outros.

  • Richard Dawkins, no seu libro The Blind Watchmaker (1986), reinterpreta esta metáfora para apoiar a teoría da evolución. Dawkins sostén que a evolución por selección natural pode crear complexidade biolóxica sen necesidade dun deseñador consciente, argumentando que é un proceso cego porque non anticipa futuras necesidades.
  • Alan Moore, na súa famosa novela gráfica Watchmen (lit. "vixiantes" pero tamén "homes do reloxo"), utiliza a metáfora do reloxeiro como parte central da historia entre liñas do personaxe Dr. Manhattan quen ten unha visión do tempo que desafía as sensacións humanas convencionais, reflectindo a orde e o caos na súa propia existencia.
  • Na novela de ciencia ficción The Mote in God's Eye de Larry Niven, os "reloxeiros" son unha pequena subespecie tecnoloxicamente intelixente dos Moties que reparan e melloran as cousas que se lles entregan (acompañadas de alimentos como pago) simbolizando a habilidade técnica sen unha dirección ética clara.


Os reloxeiros no cinema

A figura do reloxeiro foi retratada en varios filmes, simbolizando temas diversos, como o tempo, o destino, a precisión etc. Aquí destacamos algúns personaxes reloxeiros notables na historia do cine:

  • Geppetto nas diversas versións dos libros e filmes de Pinocchio. Tradicionalmente descrito como carpinteiro, Geppetto tamén é retratado con habilidades de reloxeiro en algunhas adaptacións.
  • Elgin en Hodináruv ucen, narra o traballo de George Daniels e Roger W. Smith, vistos a través dos ollos do seu aprendiz. O filme ofrece unha visión profunda da arte da reloxería.[4]
  • O Father Time en Santa Claus: The Movie (1985). Representando unha figura metafórica do tempo, este personaxe xoga un papel similar ao dun relojoeiro, controlando e mantendo o fluír do tempo.[5]
  • O traballador Charlot, interpretado por Charlie Chaplin en Modern Times (1936). Aínda que non é propiamente un reloxeiro, o personaxe loita con máquinas na liña de montaxe satirizando a automatización e mecanización excesiva. A súa interacción coa maquinaria da fábrica lembra o traballo meticuloso dun reloxeiro, destacando o conflito humano fronte ao ritmo implacable da tecnoloxía do tempo moderno.[6]

Notas

  1. "The Rise, Fall and Rise Again of British Watchmaking". Esquire (en inglés). 2022-11-15. Consultado o 2024-08-25. 
  2. Pierro, Bruno (2024-05-27). "Einstein relojoeiro". Science Arena (en portugués). Consultado o 2024-08-25. 
  3. "Hugo (2011)". IMDb. Consultado o 2024-08-24. 
  4. Rudolfová, Jitka (2019-08-15). "Hodináruv ucen". Consultado o 2024-08-25. 
  5. "Santa Claus: The Movie". IMDb. Consultado o 2024-08-24. 
  6. "Modern Times". IMDb. Consultado o 2024-08-24. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas