Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade en Tanzania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 20 de outubro de 2024 ás 11:42 por Breogan2008 (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Localización dos sitios de Tanzania na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Tanzania, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Tanzania ratificou a Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural da Humanidade o 2 de agosto de 1977, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Tanzania
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[4]

     † En perigo

Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO Descrición
01 Zona de conservación de Ngorongoro Rexión de Arusha 1979 39bis; iv, vii, viii, ix, x (mixto) O cráter de Ngorongoro, do cal recibe o nome a zona, é a caldeira volcánica ininterrompida máis grande do mundo e forma parte do Rift de África Oriental. A zona é o fogar de numerosos animais grandes. Admite a migración de máis dun millón de ñus, así como rabaños de cebras, gacelas de Grant e gacelas de Thomson. O rinoceronte negro, en perigo de extinción, vive no parque. O sitio foi catalogado inicialmente pola súa importancia natural. En 2010, estendeuse para incluír os aspectos culturais, a saber, os xacementos da garganta de Olduvai e Laetoli onde se atopan os restos dos primeiros homínidos e pegadas fosilizadas, que indican o desenvolvemento do ser humano bípede. O sitio foi catalogado como Lista do Patrimonio Mundial en Perigo|en perigo entre 1984 e 1989 debido á diminución dos esforzos de conservación.[5][6]
02 Parque Nacional de Serengueti Rexión de Arusha e rexión de Mara 1981 156; vii, x (natural) O Serengeti é o fogar dunha das maiores migracións de mamíferos do mundo, con amplas mandas de ñus, cebras, gacelas de Thomson, xirafas, diferentes especies de antílopes e outros herbívoros que se moven polas chairas da sabana na procura de pastos. Séguenlles grandes depredadores, incluíndo leóns, leopardos, guepardos, hienas pintas e licaóns.[7]
03 Ruínas de Kilwa Kisiwani e de Songo Mnara Rexión de Lindi 1981 144; iii (cultural) As dúas cidades portuarias situadas en pequenas illas fronte ao continente foron importantes centros comerciais do océano Índico ata a chegada dos portugueses no século XVI. Os comerciantes comerciaban con ouro, perlas, prata, perfumes, así como porcelana da China. Kilwa Kisiwani, a maior das dúas, alcanzou o seu apoxeo nos séculos XIII e XIV, cando foi visitado por Ibn Battuta. A cidade está agora en ruínas (na imaxe, o interior da Gran Mesquita). En Songo Mnara, conserváronse as ruínas de mesquitas, un complexo de palacios e edificios residenciais. O sitio foi catalogado como en perigo entre 2004 e 2014 debido á deterioración e colapso parcial dalgunhas estruturas.[8][9]
04 Reserva de caza de Selous Rexión de Lindi, rexión de Ruvuma e rexión de Morogoro 1982 199; ix, x (natural) Cunha superficie de 50 000 km2, a reserva é unha das maiores áreas protexidas de África. Hai varios tipos de vexetación presentes, sendo o dominante os bosques de miombo caducifolios. Tamén hai bosques de galería, pantanos e bosques chuviosos de terras baixas. Unha característica destacada do parque son os ríos secos que se transforman en torrentes na época de choivas. O parque alberga importantes poboacións de rinoceronte negro, hipopótamo e elefante africano, así como diferentes especies de antílopes e gacelas. Dende 2014, o lugar está catalogado como en perigo debido ao desenvolvemento turístico non planificado, o desenvolvemento urbano incontrolado, a contaminación, as especies invasoras e a redución do caudal de auga por mor das secas e das presas hidroeléctricas augas arriba.[10][11]
05 Parque Nacional do Kilimanjaro Rexión do Kilimanjaro 1987 403; vii (natural) O parque nacional engloba o monte Kilimanjaro (na imaxe), un estratovolcán inactivo e o punto máis alto de África, a unha altura de 5.895m. De abaixo a arriba, hai cinco cintos de vexetación na montaña, comezando pola sabana das terras baixas e os bosques montanos, e cun deserto alpino no cume. Por mor do illamento, as ladeiras do monte albergan numerosas especies animais e vexetais endémicas, moitas delas en perigo de extinción.[12]
06 Stone Town Rexión de Mjini Magharibi 2000 173; ii, iii, vi (cultural) Stone Town, a parte antiga da cidade de Zanzíbar, foi moldeada por diferentes culturas a través do comercio, dende Arabia, a India e Europa. É un excelente exemplo dunha cidade comercial suahili na costa leste de África. Tamén foi un centro de comercio de escravos na costa de Suahili. Os principais edificios, construídos en pedra e madeira, datan dos séculos XVIII e XIX. Inclúen a Casa das Marabillas (na imaxe), igrexas, mesquitas, o Forte Vello, o Dispensario Antigo e baños turcos.[13]
07 Sitios de arte rupestre de Kondoa Rexión de Dodoma 2006 1183; iii, vi (cultural) Este sitio comprende máis de 150 lugares con arte rupestre, situados en refuxios rupestres creados polas forzas que conforman o Rfit de África Oriental. Os sitios foron ocupados por cazadores-recolectores e sociedades de pastores durante varios milenios. Crearon pinturas rupestres cunha expresión artística única, representando as súas vidas e crenzas. As figuras humanas represéntanse nun estilo estriado mentres que os animais domésticos raramente se representan. Algúns dos sitios aínda teñen un significado ritual para as comunidades locais.[14]
  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. "Tanzania". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 7 de xullo de 2017. Consultado o 25 de xullo de 2017. 
  4. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  5. "Ngorongoro Conservation Area". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2014. Consultado o 9 de maio de 2021. 
  6. "Decision 8 COM X.26-27: Inscriptions on the List of World Heritage in Danger". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2021. Consultado o 14 de setembro de 2022. 
  7. "Serengeti National Park". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 25 de decembro de 2015. 
  8. "Report of the Decisions adopted by the World Heritage Committee at its 38th session (Doha, 2014)" (PDF). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 30 de abril de 2022. Consultado o 14 de setembro de 2022. 
  9. "Ruins of Kilwa Kisiwani and Ruins of Songo Mnara". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2005. Consultado o 25 de decembro de 2015. 
  10. "Selous Game Reserve". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2005. Consultado o 25 de decembro de 2015. 
  11. "Decision 38 COM 8C.1: Update of the List of World Heritage in Danger (inscribed sites)" (PDF). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 7 de xullo de 2022. Consultado o 14 de setembro de 2022. 
  12. "Kilimanjaro national park". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2012. Consultado o 25 de decembro de 2015. 
  13. "Stone Town Zanzibar". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 25 de decembro de 2015. 
  14. "Kondoa Rock-Art Sites". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 25 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]