Saltar ao contido

Dinastía tolemaica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 13 de novembro de 2024 ás 12:30 por Estevoaei (conversa | contribucións) (+ referencia para o nome)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Dinastía tolemaica
Imperio Tolemaico
PaísExipto, Cirenaica, Canaán e Chipre.
TítulosFaraón, Rei de Macedonia, Rei de Mauritania
FundadorTolomeo I Sóter
Último gobernanteCleopatra VII
Xefe actualCasa extinta
Fundación323 a.C.
Disolución30 a.C.
EtniaGrecomacedonia
En cor azul a extensión territorial da dinastía tolemaica

A Dinastía tolemaica[1] (/ˌtɒlɪˈmɪk/; grego antigo: Πτολεμαῖοι, Ptolemaioi), tamén coñecida como dinastía láxida (/ˈlæɪdz/) ou Lagidae (/ˈlæɪdi/; Λαγίδαι, Lagidai, logo de Lagos, pai de Tolomeo I), foi unha familia real grego macedónica[2][3][4][5][6] que gobernou o Reino tolemaico en Exipto durante o período helenístico. O seu dominio durou 275 anos, do 305 ao 30 a.C., [7] Foron a última dinastía do antigo Exipto. Esta dinastía adoptou desde o principio os costumes exipcios e foi unha constante inimiga da dinastía macedonia seléucida.

Ptolomeo, o seu fundador, foi un dos sete somatophylakes (gardacostas) de Macedonia que serviu como xeneral e deputado de Alexandre o Grande, foi nomeado sátrapa de Exipto despois da morte de Alexandre no 323 a.C. No 305 a.C., declarouse a si mesmo como Ptolomeo I, máis tarde coñecido como "Sóter" "Salvador". Os exipcios pronto aceptaron ós Ptolomeos como os sucesores dos faraóns do Exipto independente. A familia de Ptolomeo gobernou Exipto durante o período helenístico dende a morte de Alexandre até a conquista romana no ano 30 a.C., en que converteuse en provincia romana.

Tamén se coñece co nome de dinastía láxida, pois o pai (ou presunto pai) de Tolomeo I chamábase Lagos, quen estabeleceu a capital deste reino en Alexandría, a gran cidade da época e que foi un dos meirandes centros comerciais e intelectuais da antigüidade.

Como as anteriores dinastías do antigo Exipto, a dinastía tolemaica practicaba a endogamia incluíndo o matrimonio entre irmáns, pero isto non comezou en serio ata case un século despois na historia da dinastía.[8] Todos os gobernantes masculinos da dinastía tomaron o nome de Ptolomeo, mentres que as raíñas reinantes chamáronse todas Cleopatra, Arsinoe ou Berenice. O membro máis famoso da liña foi a última raíña, Cleopatra VII, coñecida polo seu papel nas batallas políticas romanas entre Xulio César e Pompeio, e máis tarde entre Octavio Augusto e Marco Antonio. O seu aparente suicidio na conquista por Roma marcou o final do dominio tolemaico en Exipto. Durante o reinado dun dos seus monarcas (Tolomeo V) publicouse (no 197 a.C.) un decreto en tres tipos de escritura sobre unha pedra negra que se coñece hoxe en día como Pedra de Rosetta.

Gobernantes e consortes tolemaicos

[editar | editar a fonte]
Nome Consorte Correxente Reinado Descendentes
Dinastía toloméica (305-31 a. C.)
Tolomeo I Sóter
(367-285 a.C.)
Tais (cortesana). Artacama, Eurídice e Berenice I. 305 a. C. - 285 a. C. Tolomeo Cerauno, Meleagro, Arsinoe II e Ptolomeo II Filadelfo
Tolomeo II Filadelfo
(308-246 a. C.)
Arsinoe I
Arsinoe II
Arsinoe II (279-270 a. C.) 285 a. C. - 246 a. C. Ptolomeo III Evergetes, Berenice Sira, Lisímaco de Exipto
Tolomeo III Evergetes
(282-222 a. C.)
Berenice II (246-222 a. C.) 246 a.C. - 222 a.C. Tolomeo IV Filopátor, Arsínoe III, Magas e Berenice
Tolomeo IV Filopátor
(¿-203 a. C.)
Arsínoe III Berenice II (222-221 a. C.)
Arsínoe III (221-204 a. C.)
222 a. C. - 203 a. C. Tolomeo V Epífanes
Tolomeo V Epífanes
(210-181 a. C.)
Cleopatra I 203 a. C. - 181 a. C. Ptolomeo VI, Ptolomeo VIII e Cleopatra II
Ptolomeo VI Filomáter
(¿-145 a. C.)
Cleopatra II Cleopatra I (181-175 a. C.)
Cleopatra II (175-164 a. C.)
Tolomeo VIII Evergetes II
(170-164 a. C.)
181 a. C. - 164 a. C. Tolomeo VII
Tolomeo VIII Evergetes II
(182-116 a. C.)
Cleopatra II Tolomeo VI Filomáter
(170-164 a. C.)
Cleopatra II (175-164 a. C.)
170 a. C. - 163 a. C. -
Tolomeo VI Filomáter
(¿-145 a. C.)
Cleopatra II Cleopatra II (164-145 a. C.)
Tolomeo VIII Evergetes II
(145 a. C.)
163 a. C. - 145 a. C. Tolomeo VII e Cleopatra III
Tolomeo VII Neo Filopátor
(¿-144 a. C.)
- Cleopatra II 145 a. C. - 144 a. C. -
Tolomeo VIII Evergetes II
(182-116 a. C.)
Cleopatra II
Cleopatra III
144 a. C. - 131 a. C. Tolomeo IX Sóter II Latiros, Tolomeo X Alexandre, Trifena, Cleopatra IV e Cleopatra Selene I.
Cleopatra II
(185-116 a. C.)
- Tolomeo Menfitis (131-130 a. C.) 131 a. C. - 126 a. C. -
Tolomeo VIII Evergetes II
(182-116 a. C.)
Cleopatra II
Cleopatra III
126 a. C. - 116 a. C. Tolomeo IX Sóter II Latiros, Tolomeo X Alexandre, Trifena, Cleopatra IV e Cleopatra Selene I.
Tolomeo IX Sóter II Latiros
(¿-81 a. C.)
Cleopatra IV
Cleopatra Selene I
Cleopatra III
Cleopatra IV (116-115 a. C.)
116 a. C. - 110 a. C. Tolomeo XII Neo Dioniso e Berenice III
Tolomeo X Alexandre I
(¿-88 a. C.)
Cleopatra Selene I Cleopatra III 110 a. C. - 109 a. C. Tolomeo XI Alexandre II
Tolomeo IX Sóter II Latiros
(¿-81 a. C.)
- Cleopatra III 109 a. C. - 107 a. C. Tolomeo XII Neo Dioniso e Berenice III
Tolomeo X Alexandre I
(¿-88 a. C.)
Berenice III Cleopatra III (107-101 a. C.)
Berenice III (101-88 a. C.)
107 a. C. - 88 a. C. Tolomeo XI Alexandre II
Tolomeo IX Sóter II Latiros
(¿-81 a. C.)
- - 88 a. C. - 81 a. C. Tolomeo XII Neo Dioniso e Berenice III
Berenice III
(116/115 a. C.-80 a. C.)
Tolomeo X e Tolomeo XI Tolomeo XI Alexandre II
(80 a. C.)
81 a. C. - 80 a. C. Cleopatra V
Tolomeo XI Alexandre II
(¿-80 a. C.)
Berenice III 80 a. C. -
Tolomeo XII Neo Dioniso
(112-51 a. C.)
Cleopatra V 80 a. C. - 58 a. C. Berenice IV,
Berenice IV
(76-55 a. C.)
- Cleopatra V 58 a. C. - 55 a. C. -
Tolomeo XII Neo Dioniso
(112-51 a. C.)
- - 55 a. C. - 51 a. C. Berenice IV, Cleopatra VII, Tolomeo XIII, Tolomeo XIV e Arsínoe IV
Guerra civil (49-44 a. C.)
Tolomeo XIII Teos Filopátor
(61-47 a. C.)
Cleopatra VII (51-49 a. C.) 51 a. C. - 47 a. C. -
Arsínoe IV
(68/67-41 a. C.)
- - 48 a. C. - 47 a. C. -
Tolomeo XIV Teos Filopátor II
(59-44 a. C.)
Cleopatra VII (47-44 a. C.) 47 a. C. - 44 a. C. -
Dinastía tolomaica (44-30 a. C.)
Cleopatra VII
(69-30 a. C.)
Tolomeo XIII
Tolomeo XIV
Xulio César (amante)
Marco Antonio (esposo)
Tolomeo XIII
Tolomeo XIV
Tolomeo XV
51 a. C. - 30 a. C. Tolomeo XV César, Alexandre Helios, Cleopatra Selene II e Tolomeo XVI Filadelfo
Tolomeo XV César
(47-30 a. C.)
- Cleopatra VII (47-44 a. C.) 44 a. C. - 30 a. C. -
Exipto convértese en provincia romana (30 a. C.)

Titulatura

[editar | editar a fonte]
Cartucho exipcio dos tolomeos: P T U L M Y S
<
p
t
wAl
M
iis
>

Cronoloxía gráfica

[editar | editar a fonte]
CesariónTolomeo XIVArsínoe IVTolomeo XIIICleopatra VIITolomeo XIIBerenice IVCleopatra VTolomeo XIITolomeo XIBerenice IIITolomeo IXTolomeo XTolomeo IXCleopatra II de EgiptoTolomeo VIIITolomeo VIITolomeo VITolomeo VIIITolomeo VITolomeo VTolomeo IVTolomeo IIITolomeo II FiladelfoTolomeo I Sóter
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tolemaico.
  2. Jones, Prudence J. (2006). Cleopatra: A Sourcebook. University of Oklahoma Press. p. 14. ISBN 9780806137414. Eran membros da dinastía ptolemaica de macedona, que gobernaron Exipto logo da morte do seu conquistador, Alexandre o Grande. 
  3. Pomeroy, Sarah B. (1990). Women in Hellenistic Egypt. Wayne State University Press. p. 16. mentres que o Exipto ptolemaico era unha monarquía cunha clase dominante grega. 
  4. Redford, Donald B., ed. (2000). The Oxford Encyclopedia of Ancient Egypt. Oxford University Press. Cleopatra VII era filla de Ptolomeo XII Auletes (80-57 a.C., gobernou entre 55 e 51 a.C.) e Cleopatra, ambos pais eran gregos macedonios. 
  5. Bard, Kathryn A., ed. (1999). Encyclopedia of the Archaeology of Ancient Egypt. Routledge. p. 488. ISBN 9780415185899. Os reis ptolemaicos aínda eran coroados en Menfis e popularmente a cidade considerábase o rival exipcio de Alexandría, fundada polos macedonios. 
  6. Bard, Kathryn A., ed. (1999). Encyclopedia of the Archaeology of Ancient Egypt. Routledge. p. 687. ISBN 9780415185899. Durante o período tolemaico, cando Exipto estaba gobernado por gobernantes de orixe grega... 
  7. Epifanio de Salamina, con todo, sitúa o número total de anos da dinastía Ptolomeo en 306. Vexa: Tratado de Epiphanius sobre pesos e medidas - A versión siríaca (ed. James Elmer Dean), University of Chicago Press 1935, p. 28 (nota 104), ou o que foi do 306/5 BCE ao 1 CE.
  8. Move over, Lannisters: No one did incest and murder like the last pharaohs on The A.V. Club

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Dinastía precedente Período helenístico de Exipto Dinastía seguinte
Dinastía macedónica Dinastía tolemaica Imperio Romano