Saltar ao contido

Cowboy Bebop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

Cowboy Bebop
{{{caption}}}
カウボーイビバップ
(Kaubōi Bibappu)
XéneroFicción, crime, cine negro, western do espazo
Anime Cowboy Bebop
Dirixido por Shinichirō Watanabe
Estudio Sunrise
Canle televisiva TV Tokyo, WOWOW, Animax
Primeira emisión 3 de abril do 1998
Última emisión 23 de abril de 1999
Núm. de capítulos 26
Manga Cowboy Bebop: Shooting Star
Creado por Hajime Yatate
Editor Kadokawa Shoten
Publicado en Tokyopop
Primeira edición maio de 1998
Última edición outubro de 1998
Núm. de volumes 2
Manga Cowboy Bebop: A New Story
Creado por Hajime Yatate
Editor Kadokawa Shoten
Publicado en Tokyopop
Primeira edición abril de 1999
Última edición abril de 2000
Núm. de volumes 3
Filme

Cowboy Bebop (カウボーイビバップ Kaubōi Bibappu?) é unha serie de anime dirixida e creada por Shinichirō Watanabe, tamén creador de Samurai Champloo. Baséase no manga de Hajime Yatate Cowboy Bebop: Shooting Star e Cowboy Bebop: A New Story.

Personaxes

A serie conta cunha tripulación con diferentes personaxes principais. Inicialmente non eran máis que dous, Spike Spiegel e Jet Black, que traballan como cazadores de recompensas. Ó longo da historia, a tripulación do Bebop medra coa chegada de Faye Valentine, Ed e Ein, a mascota do grupo.

  • Spike Spiegel (スパイク スピーゲル Supaiku Supīgeru?)
Nado en Marte. É un exmembro do sindicato do crime Dragón Vermello. Spike é un mestre coas armas de fogo e co combate corpo a corpo, practica o Jeet Kune Do, e tamén é un experto piloto. A súa nave é un deseño Mono Racer personalizado, pintada de vermello. A pesar da súa actitude desleixada, está obsesionado coas lembranzas da súa estadía no sindicato, en particular da súa relación sentimental cunha misteriosa muller chamada "Julia", e do seu conflito co seu inimigo e excompañeiro "Vicious". Tamén é carteirista.
  • Jet Black (ジェット ブラック Jett Burakku?)
Nado en Ganímedes. É un ex oficial da ISSP (policía do espazo) e o dono da nave Bebop. É alcumado "O can negro" polo seu carácter implacábel. Deixou a ISSP xa que estaba farto da corrupción da organización, polo que dirixe a caza de recompensas como unha forma de buscar xustiza.
  • Faye Valentine (フェイ ヴァレンタイン Fei Varentain?)
Unha muller fatal con adicción ó xogo. Únese á tripulación da Bebop sen que ninguén a convidara, para consternación de Jet e Spike. Abandona a nave en moitas ocasións durante o transcurso da serie, mais o afecto que sente pola tripulación, fai que sempre acabe volvendo. Jet e Spike que sempre deixan que volva aínda que afirman que están contentos cando ela se vai. Pilota unha nave espacial chamada Red Tail, que é de cor azul pálido. O seu xogo, o engano, e o seu carácter competitivo non teñen rival, agás para Spike. Gran parte do seu pasado é un misterio, xa que sufriu un accidente do que saíu gravemente ferida e permaneceu crioxenizada durante moitos anos. O seu pasado vaise descubrindo ó longo da serie.
  • Ed (エドワード ウォン ハウ ペ ペル チブルスキー 4 世 Edowādo Hau Peperu Chiburusukī Yon-es?)
Nada na Terra, é unha nena xenio, excéntrica e unha experta hacker. Edo é unha nena, malia que o seu nome e a súa aparencia andróxina suxiren o contrario. Comprométese a axudar ós membros da Bebop en troques de converterse en membro da tripulación. A pesar de que é extremadamente intelixente, Edo é unha nena pequena, e considera á tripulación do Bebop como a súa familia. De feito, criouse nun orfanato terrestre dirixido por unha monxa, e o seu nome verdadeiro é Françoise.
  • Ein (アイン Ain?)
Ein é un can experimental de laboratorio identificado como un "can de datos" polos científicos que o crearon. Este título seu, suxire que ten unha intelixencia superior (que supera mesmo á dos seres humanos), xa que case ó final da serie aparece "hakeando" un ordenador doadamente, mentres que os intentos previos dos seus compañeiros fracasaran. A pesar da súa intelixencia superior, a tripulación do Bebop non percibe esta cualidade. A miúdo fai unha vida propia dun can normal, e xeralmente véselle dando voltas pola nave.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas