Saltar ao contido

El Ribagorzano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

El Ribagorzano
TipoQuincenal
Corbranco e negro
Fundación1904
Remata1924
FundadorMarcelino Gambón Plana
Tendenciarexeneracionista
Linguacastelán
LocalidadeGraus
Ámbito(Aragón)
Periodicidadequincenal
editar datos en Wikidata ]

El Ribagorzano é o título dun xornal histórico de Aragón fundado polo xornalista Marcelino Gambón en Graus (Ribagorza) en setembro de 1904. O xornal rematou pechando en setembro de 1924 cun número especial sobre a súa fundación e vinte anos de existencia[1]. Dende entón, foi refundado en tres ocasións e foi mudando o seu ideario,[1] até a súa edición actual a cargo da Asociación Lliga Ribagorzana dende 1997.

Pensado orixinalmente para que tivese ámbito local e periodicidade anual, publicouse en setembro cadrando coas Festas patronais de Graus, polo que o primeiro número tivo unha repercusión moito máis grande da agardada xa que caeu nas mans de Joaquín Costa. A Costa agradoulle moito porque cadraba coas súas ideas, e empregou a súa influencia para darlle un pulo ó xornal, que acabou tendo unha periodicidade quincenal e a súa distribución ampliouse a toda a provincia.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 El Ribagorzano en El Periódico del Alto Aragón Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine., consultado o 24 de setembro de 2015. (en castelán)