Saltar ao contido

Gästrikland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:Xeografía políticaGästrikland

Símbolo oficialConvallaria majalis (flores provinciais en Suecia) Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 60°33′25″N 16°47′35″L / 60.557, 16.793
EstadoSuecia
Condadocondado de Gävleborg Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación157.200 (2020) Editar o valor en Wikidata (37,3 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie4.215 km² Editar o valor en Wikidata

Gästrikland é unha provincia histórica de Suecia (landskap) no sur da rexión de Norrland. Limita ao leste co golfo de Botnia, ao sueste con Uppland, ao sur con Västmanland, ao oeste con Dalarna e ao norte con Hälsingland.

A princesa Madeleine ostenta o título de duquesa de Gästrikland, tamén de Hälsingland. A meirande parte do landskap inclúese, xunto coa meirande parte de Hälsingland e unha pequena parte do norte de Dalarna, no condado de Gävleborg. Unha pequena parte ao sueste da provincia pertence ao concello de Tierps, no condado de Uppsala, e un anaco pequeno no noroeste do concello de Heby, no mesmo condado, pertence a Gästrikland. Os municipios do landskap de Gästrikland son Gävle, Sandviken, Hofors e case todo o concello de Ockelbo. Gästrikland pertencía a Svealand antes da introdución dos condados no ano 1634.

Historia

Prehistoria

A pesar de que o sur de Gästrikland se caracteriza por unha boa área de cultivo, a provincia diferénciase das veciñas Hälsingland e Uppland no sentido de que faltan rastros de cultivos e asentamentos da época anterior ao nacemento de Cristo. Isto pode deberse probablemente a que quedaron ocultos por cultivos posteriores no mesmo sitio.[1] A industria da zona, ata o período das grandes migracións inclusive, baseábase principalmente no pastoreo de renos a pequena escala e á caza de alces para as necesidades domésticas.[2]

O barco coñecido como Björkebåten, atopado na parroquia de Hille, data do ano 400 d.C. O túmulo máis grande da provincia é Axmarhögen, na parroquia de Hamrånge.

Gästrikland está incluída nunha definición máis ampla de Bergslagen e fixéronse achadegos de manipulación do ferro durante a Idade de Ferro na provincia, como por exemplo o Kråknäsjärnet do 400 d.C. Crese que o uso de ferro en Gästrikland e no sur de Hälsingland na era de Vendel (século VII e posteriores) superou a ampla produción que houbo anteriormente en Mellannorrland.[2]

No landskap atopáronse tamén varias pedras rúnicas da era viquinga.

Idade Media

Gästrikland aparece mencionada por primeira vez en fontes históricas en 1253 co nome de Gestrikalandia. Segundo a Crónica de Eric, o pretendente ao trono Holmger Knutsson fuxiu a Gästrikland despois da batalla de Sparrsätra en 1247, onde foi capturado e executado.

Nun rexisto de recadación de impostos da igrexa para a chamada sexårsgärden (un diezmo para as cruzadas) do ano 1314[3] inclúese a Gästrikland como provincia (härad ou hundare) en Tiundaland, comprendendo as parroquias de Valbo (con anexo), Hamrånge, Ockelbo, Ovansjö (con anexo), Färnebo (Österfärnebo), Torsåker e Hedesunda.

Gästrikland era en 1314 unha provincia en Tiundaland (parte da actual Uppland) así como, por exemplo, Vendel, Oland, Bälinge, Ulleråker e non se contaban entón como unha propia folkland.

O rei Magnus Ericson escribiu unha carta en 1331 aos habitantes de Tiundaland, Attundaland, Fjärdhundraland, Roden e Gästrikland, polo que nese momento contábase Gästrikland como unha área separada. Porén, ata o século XVII Gästrikland pertenceu ao distrito xudicial (lagsaga) de Uppsala, momento no que se transferíu de Västernorrland e se converteu en parte do condado de Västernorrland.[4]

Mapa da provincia de 1789

O cabaleiro Magnus Gislesson, da granxa de Aspnäs en Östervåla, anunciou en 1370 a todos os habitantes de Gästrikland que nomeou a Olof Nilsson como xefe de distrito na parroquia de Bro, en Nora, e pedíulles que o obedecesen a el e a ninguén máis.

A cidade máis antiga de Norrland é Gävle (que non chegou a contarse dentro da rexión ata o século XVI). A localidade recibiu os seus privilexios de cidade en 1446, pero comezou a ser mencionada como cidade xa en 1413. A cidade floreceu na Idade Media como o porto de exportacións de Bergslagen, e os pescadores de Gävle percaron esturións durante moito tempo en gran parte da costa de Norrland.

Idade Moderna

Os únicos castelos de Norrland antes da industrialización eran o castelo de Gävle (un castelo Vasa construído entre 1583 e 1593)[5] e a casa señorial de Gysinge (que orixinalmente era un castelo de madeira carolinxio construído na década de 1750).[6]

Os mineiros de Gästrikland conseguiron os seus primeiros privilexios de mineiría en 1374. No ano 1542 había seis forxas en Gästrikland, dúas na parroquia de Torsåker e catro en Ovansjö.

Os mineiros de conseguiron osseus primeiros privilexios de mineiría en 1374. No ano 1542 había seis forxas en Gästrikland, dúas na parroquia de Torsåker e catro en Ovansjö. A primeira forxa que obtivo privilexios en Gästrikland foi Järbo, no presente concello de Sandviken, no ano 1637. No século XIX apareceron grandes funcións onde ontes estaban as vellas forxas, como as de Hofors, Forsbacka e Sandviken. A cidade industrial de Sandviken fundouse en 1862 cando comezou a construírse a fundición, e a localidade recibiu os dereitos de cidade en 1942.

Xeografía

Gästrikland é na súa meirande parte unha provincia cha con algunhas pequenas elevacións. No sur e no leste hai unha parte de terra cultivada, pero o bosque domina a paisaxe da provincia, especialmente no oeste e no norte. A zona de bosque do norte de Gästrikland chámase Ödmården. O landskap é rico en lagos, sendo o máis grande o Storsjön. O curso de auga máis grande de Gästrikland é o Dalälven, que flúe a través da provincia no sur, formando alí unha serie de grandes lagos. O segundo curso de auga máis grande é o Gavleån cos seus afluentes. Outros cursos de auga importantes son o Testeboån e o Hamrångeån.

Notas

  1. "Arkeologisk forskningshistorik över Gävleborgs län. Rapport 2008:05" (PDF). Arkeologisk forskningshistorik över Gävleborgs län. Rapport 2008:05”. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xullo de 2017. Consultado o 2 de xaneiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Fem Norrland: Om norrländska regioner och deras interaktion" (PDF). Arkeologi i Norr 10. Archived from the original on 16 de abril de 2014. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  3. Svenskt diplomatarium, SDHK-nummer 2593, DS-nummer 1946
  4. "Gästriklands historia". www.tacitus.nu. Consultado o 2023-01-02. 
  5. "Gävle slott". SFV (en sueco). Consultado o 2023-01-03. 
  6. "Gysinge, Sverige". Slottsguiden. Consultado o 2023-01-03.