Isabel Seca Vijande
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de setembro de 1982 (42 anos) A Pontenova, España |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeira química |
Isabel Seca Vijande, nada na Pontenova o 25 de setembro de 1982 é unha enxeñeira química, científica, activista social e divulgadora científica galega.
Traxectoria
Titulada en Enxeñaría Superior Química pola Universidade de Santiago de Compostela, onde publicou artigos sobre o uso de biofilmes para o procesado de augas de refugallo[1] e o funcionamento dos reactores anamox, tema da tesiña do seu Diploma de Estudos Avanzados en Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos. Desenvolveu tamén investigacións sobre o aproveitamento dos refugallos da industria leiteira na Universidade de Coímbra, no marco do seu proxecto de fin de carreira.
Desde 2015 escribe artigos de divulgación científica no portal GCiencia[2], e no Portal Galego da Língua[3], entre outros medios.
Por volta do 2006 comezou a colaborar coa asociación Verdegaia en cuestións de defensa e educación ambiental. Foi unha das fundadoras da Semente, Escolas de Ensino Galego[4][5] no 2011. Foi unha das iniciadoras do movemento de autodefensa feminista que xurdiu en Santiago de Compostela no 2016.[6]
Dende 2016 é profesora interina de TIC e Tecnoloxía na Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Notas
- ↑ Seca, I.; Torres, R.; Val del Río, A.; Mosquera-Corral, A.; Campos, J. L.; Méndez, R. (2011). "Application of biofilm reactors to improve ammonia oxidation in low nitrogen loaded wastewater". Water Science and Technology: A Journal of the International Association on Water Pollution Research 63 (9): 1880–1886. ISSN 0273-1223. PMID 21902026.
- ↑ "Isabel Seca Vijande, autor en GCiencia". GCiencia. Consultado o 2019-04-19.
- ↑ "Isabel Seca, Autor em Portal Galego da Língua - PGL.gal". Portal Galego da Língua - PGL.gal (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2019. Consultado o 2021-06-20.
- ↑ "Un ano de escola de base en galego". Galicia Confidencial. Consultado o 2020-10-14.
- ↑ A semente que está a agromar. Escena en Minuto 1:49.
- ↑ "Compostela Decide | Orzamentos Participativos | Aulas de Autodefensa para Mulleres". Compostela Decide. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2020.