Saltar ao contido

Mesoderma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Sección do embrión.

En todos os animais de simetría bilateral, o mesoderma é unha das tres capas xerminais primarias que se forman nas primeiras fases do desenvolvemento do embrión. As outras dúas capas son o ectoderma (capa externa) e o endoderma (capa interna), en tanto que o mesoderma é a capa intermedia.).[1][2] Os animais diblásticos (como cnidarios e ctenóforos) non teñen mesoderma.

O mesoderma diferénciase do resto do embrión por medio de sinalización intercelular, despois do cal é polarizado por un centro organizador.[3]

Comunmente divídese o mesoderma en paraxial, intermedio e lateral.

Elementos derivados do mesoderma

Nos vertebrados o mesoderma dá lugar aos seguintes tecidos e órganos:

  • Orixina a notocorda, órgano transitorio que induce a formación do tubo neural e establecemento do eixe anteroposterior.
  • Orixina os somitas, que son bloques de células mesodérmicas situados a ambos os lados do tubo neural, que se desenvolven para dar lugar a outros tecidos como a cartilaxe, o músculo, o esqueleto e a derme dorsal.
  • Orixina o aparato excretor (a maior parte) e as gónadas.
  • Orixina o aparato circulatorio e revestimentos de cavidades internas (non conectadas co exterior) do organismo e todas as membranas extraembrionarias importantes para o transporte de nutrientes.
  • Orixina o tecido mesenquimal da cabeza, que formará moitos dos tecidos conectivos e a musculatura da cara.

Notas

  1. Ruppert, E.E., Fox, R.S., and Barnes, R.D. (2004). "Introduction to Bilateria". Invertebrate Zoology (7th ed.). Brooks/Cole. pp. 217–218. ISBN 0-03-025982-7. 
  2. Langman's Medical Embryology, 11th edition. 2010.
  3. Kimelman, D. & Bjornson, C. (2004). "Vertebrate Mesoderm Induction: From Frogs to Mice". En Stern, Claudio D. Gastrulation: from cells to embryo. CSHL Press. p. 363. ISBN 978-0-87969-707-5. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas