Solar Dynamics Observatory
Solar Dynamics Observatory / SDO | |
---|---|
Solar Dynamics Observatory | |
Tipo | Observatorio solar |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 11 de febreiro de 2010[1][2] |
Foguete portador | Atlas V[2][3] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, SLC-41[2][4] |
Obxectivo da misión | Observación e estudo do Sol.[2][4] |
NSSDC ID | 2010-005A |
Masa | 270,0 kg[2][3][4] |
Potencia | 1540,0 vatios[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 42.164 km[1] |
Inclinación | 28,8 graos[1] |
Apoapse | 35.794,5 km[1] |
Periapse | 35.792,6 km[1] |
Solar Dynamics Observatory (Observatorio da dinámica solar), tamén coñecido polo seu acrónimo SDO, é un observatorio espacial da NASA lanzado o 11 de febreiro de 2010 mediante un foguete Atlas V desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral, en Florida.[2][3]
Características
A misión de SDO pertence a un conxunto de misións encadradas co programa Living With a Star da NASA. A nave estabilízase nos tres eixos apuntando ao Sol. Foi inxectada nunha órbita xeosincrónica de 28 graos de inclinación orbital. O obxectivo da misión é estudar, comprender e predicir os mecanismos de variación solar que afectan á vida na Terra e á tecnoloxía humana.[2][3]
SDO pode enviar datos á Terra a 130 Mbit/s, xerando sobre 1,5 terabytes de datos diarios.[2][3]
Instrumentos
SDO leva tres instrumentos a bordo:[2][3]
- Atmospheric Imaging Assembly (AIA): toma imaxes da atmosfera solar en varias lonxitudes de onda para relacionar cambios no exterior do Sol con cambios no seu interior.
- Extreme Ultraviolet Variability Experiment (EVE): mide as variacións na irradiancia no ultravioleta extremo do Sol segundo as variacións magnéticas solares para comprender o papel do Sol nas variacións da atmosfera da Terra.
- Helioseismic and Magnetic Imager (HMI): o instrumento estuda a orixe da variabilidade solar mediante a análise heliosísmica do interior do Sol e magnetogramas.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Solar Dynamics Observatory |
Outros artigos
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SDO" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2017.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (21 de marzo de 2017). "Solar Dynamics Observatory" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "SDO" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Mark Wade (2017). "SDO" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2017.