Saltar ao contido

Rapcore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O rapcore é un estilo musical que se considera unha fusión do rap co hard rock.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Este estilo musical ten as súas raíces en Holanda a mediados dos anos 80, onde a banda Urban Dance Squad creou este estilo musical que despois chego a América. Outros grupos que fomentaron esta fusión foron Bad Brains, Beastie Boys, Anthrax, e Kid Rock, que eventualmente facían cancións mesturando ambas as vertentes. A partir do éxito de Rage Against the Machine e Biohazard, que facían esa fusión en todos os seus temas, o estilo popularizouse enormemente. O estilo etiquetaxe como rap metal propiamente dito está representado por Limp Bizkit, Linkin Park, Planet Earth, End7, Crazy Town, Biohazard, The Bloodhound Gang, Papa Roach, entre outros. É chamado tamén rap/rock ou rap/metal, como fusión do rap co rock.

As raíces do rapcore pódense achar no álbum de Urban Dance Squad "Mental floss for the globe".