Atol Kwajalein
Kwajalein (en) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.408 (2011) (696,03 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 16,39 km² | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | MH-KWA | ||||
Kwajalein (en marshalés: Kuwajleen) forma parte das Illas Marshall. Está a 3.900 km de Honolulu, Hawai.
No seu territorio atópase unha das cinco estacións de monitorización do sistema GPS (as outras catro están en Colorado Springs, Hawai, Diego García e Ascensión).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Kwajalein é un atol coralino dos máis grandes do mundo, medido pola zona pechada de auga. Composto por 97 illotes, que teñen unha superficie de 16,4 km², e ao redor dunha das maiores lagoas do mundo, cunha superficie de 2.174 km².
A illa de Kwajalein é a parte máis ao sur, e a maior, das illas no atol de Kwajalein. A máis setentrional, e a segunda, é a illa de Roi-Namur.
A poboación do illote de Kwajalein atópase actualmente por baixo dos 1.000 habitantes, na súa maioría estadounidenses e un pequeno número das Illas Marshall e doutras nacionalidades, todos os cales teñen o permiso expreso do Exército dos Estados Unidos para vivir alí.
O principal modo de transporte persoal é a bicicleta, a vivenda é gratuíta para a maioría de persoal, dependendo do contrato ou do servizo.
Uso actual do Exército dos Estados Unidos
[editar | editar a fonte]Estas son as dúas illas principais utilizados polo persoal dos Estados Unidos, e as súas familias alóxanse en remolques ou infravivendas. A maioría do persoal solteiro reside en vivendas tipo apartamentos.
Desde 1944, cando forzas estadounidenses capturaron o atol ao Xapón na Batalla de Kwajalein, utilízase con fins militares polos Estados Unidos, escapou do destino dos atois Bikini, Rongelap e Enewetak. Kwajalein nunca foi un lugar de detonacións de armas nucleares. Con todo, foi a base principal destas probas de armas, é dicir, da Operation Crossroads.
Kwajalein hoxe
[editar | editar a fonte]Aínda que as Illas Marshall independizaronse oficialmente dos Estados Unidos, e converteuse nunha república independente en 1986, o atol de Kwajalein é aínda utilizado polos Estados Unidos para as probas de mísiles e outras operacións. Aínda que esta historia militar influenciou profundamente a vida dos habitantes das Illas Marshall que viviron no atol desde a guerra ata a actualidade, a historia militar de Kwajalein fixo que o turismo fose case inexistente polo que o medio mantívose relativamente virxe. Os civís norteamericanos e as súas familias que residen nas instalacións militares en Kwajalein poden gozar desta contorna con poucas restricións. A lagoa de Kwajalein ofrece un excelente lugar de mergullo no que ver naufraxios, unha gran cantidade de buques xaponeses, uns poucos avións, e o cruceiro pesado alemán Prinz Eugen. A pesca en mar a fóra e a pesca submarina tamén son excepcionais. A temperatura da auga de 27 graos e os 100 pés de visibilidade son comúns cando se mergulla no océano a veira do atol.
A veciña illa Ebeye ten a maior poboación do atol, con aproximadamente 13.000 habitantes (a maioría das Illas Marshall e unha pequena poboación de voluntarios e emigrantes doutros grupos de illas e nacións) que viven en 0´32 km² de terra. Ebeye é un dos lugares máis densamente poboados do mundo e os seus habitantes viven na extrema pobreza con só un arrecife de coral (visible e capaz de ser percorrido en marea baixa), unindoos a Kwajalein e o resto do mundo exterior.