Gorgosauro
Gorgosaurus libratus Rango fósil: 76,5 Ma-75,1 Ma Cretáceo superior | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Esqueleto montado de Gorgosaurus, Museo dos Nenos de Indianápolis. | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Gorgosaurus libratus Lambe, 1914 | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Gorgosaurus libratus (gr. "lagarto terrible equilibrado") é un dinosauro terópodo tiranosáurido, única especie coñecida do xénero Gorgosaurus,[1] que viviu a finais do período xeolóxico Cretáceo, hai entre 76,5 e 75,1 millóns de anos, durante o Campaniano, no que hoxe é América do Norte. Os seus restos fósiles foron atopados na provincia canadense de Alberta.[2] Outros restos, achados no estado de Montana, Estados Unidos, probablemente correspondan a este xénero.[3] Os paleontólogos admiten unicamente a especie G. libratus, aínda que outras especies foron incluídas erroneamente neste xénero.[4]
Como todos os tiranosáuridos coñecidos, Gorgosaurus foi un bípede depredador que na súa madurez pesaba máis de dúas toneladas e medía nove metros de longo. Mostraba docenas de afiados dentes aliñados nas súas mandíbulas, mentres que as súas extremidades anteriores, con dous dedos, eran relativamente curtas. O xénero Gorgosaurus está intimamente emparentado con Albertosaurus e, en menor proporción, con Tyrannosaurus. Os fósiles de Gorgosaurus e Albertosaurus, de feito, son extremadamente similares, distinguíndose sutilmente por pequenas diferenzas nos ósos do cranio e os dentes, o que fai que algúns expertos consideren a G. libratus como unha das especies do xénero Albertosaurus.[5]
Gorgosaurus viviu nun exuberante ambiente inundable o longo da costa do mar interior occidental. Foi un superdepredador, na cima da cadea alimenticia, convivindo e alimentándose de abundantes ceratópsidos e hadrosáuridos.[6] Nalgunhas áreas, Gorgosaurus coexistía con outro tiranosáurido, Daspletosaurus. Aínda que estes animais eran aproximadamente do mesmo tamaño, hai evidencia de que existía unha separación en distintos nichos ecolóxicos entre os dous. Gorgosaurus é un dos tiranosáuridos mellor representado no rexistro fósil, con numerosos restos de espécimes que permiten ós científicos calcular con exactitude a ontoxenia, desenvolvemento e outros aspectos da súa bioloxía.[5]
Descrición
[editar | editar a fonte]Foron descubertos máis de vinte esqueletos completos de Gorgosaurus, polo que é un dos tiranosáuridos mellor representado no rexistro fósil.[5][4]
Gorgosaurus era máis pequeno que Tyrannosaurus e Tarbosaurus, pero de maior tamaño que Daspletosaurus. Os adultos chegaban a alcanzar oito ou nove metros desde o fociño ó rabo.[3][5] Os paleontólogos estiman o seu peso en máis de 2,5 toneladas[7][8] e quizais aproximándose ás 2,9 toneladas.[9][10]
O corpo de Gorgosaurus, en xeral, tiña as mesmas características que os demais tiranosáuridos, destacando unha gran cabeza unida ó corpo por un musculoso pescozo en forma de S e, en contraste con ela, extremidades anteriores moi pequenas, con só dous dedos, aínda que algúns espécimes posuían un terceiro metacarpo como vestixio do terceiro díxito típico noutros terópodos. Gorgosaurus contaba con catro dedos en cada unha das súas extremidades posteriores, incluíndo un primeiro dedo do pé, o hallux, de pequeno tamaño e sen contacto co chan. As patas traseiras dos tiranosáuridos eran relativamente longas comparadas có resto do corpo, ó contrario que noutros terópodos.[5] O fémur de Gorgosaurus máis longo coñecido mide 105 centímetros de lonxitude. En varios espécimes de menor tamaño de Gorgosaurus, a tibia era máis longa que o fémur, as cales son proporcións habituais en animais corredores.[3] Non obstante, estes ósos eran de igual lonxitude nos espécimes máis grandes.[11] A longa e pesada cola servía de contrapeso para o seu cranio e torso, e situaba o seu centro de gravidade sobre as cadeiras.[5]
En 2001, o paleontólogo Phil Currie estudou varias impresións da pel do espécime holotipo de G. libratus. Segundo o seu traballo, a pel de Gorgosaurus era suave, sen as escamas propias doutros dinosauros e similar á pel sen plumas das aves actuais.[12] Escamas dalgún tipo estaban presentes neste espécime, pero infórmase que están moi dispersas entre si e son moi pequenas. Outros parches de pel de Gorgosaurus illados mostran escamas máis densas e máis grandes aínda que relativamente finas, máis pequenas que as escamas de hadrosáuridos e aproximadamente tan finas como as dun monstro do Xila.[13] Ningunha destas mostras asociouse con ningún óso en particular ou área específica do corpo.[13] Na Enciclopedia dos dinosauros, Kenneth Carpenter sinalou que as pegadas das impresións da pel da cola de Gorgosaurus mostraron escamas pequenas redondeadas ou hexagonais similares.[14]
Cranio
[editar | editar a fonte]O cranio máis longo coñecido mide 99 centímetros, lixeiramente máis pequeno que o de Daspletosaurus.[3] Coma noutros tiranosáuridos, o cranio era grande comparado có tamaño do corpo, aínda que mostra grandes fosas temporais e cámaras baleiras entre os ósos do cranio que reducen o seu peso. Os xéneros Albertosaurus e Gorgosaurus compartían proporcionalmente os seus longos e reducidos cranios con Daspletosaurus e outros tiranosáuridos. O extremo de seu fociño era chato e os ósos nasais e parietais estaban fusionados ó longo da liña media do cranio, como en todos os membros da familia Tyrannosauridae. A cavidade ocular, porén, era máis circular que ovalada ou en forma de pechadura, como ocorre noutros xéneros de tiranosáuridos. Tamén presentaba unha crista dende o óso lacrimal diante de cada ollo, de forma similar á de Albertosaurus e Daspletosaurus.[5] Varias diferenzas sutís na forma dos ósos circundantes ó cerebro permiten diferenciar a Gorgosaurus de Albertosaurus.[2]
Mandíbulas e dentes
[editar | editar a fonte]Os dentes de Gorgosaurus son típicos entre os tiranosáuridos coñecidos. Os oito dentes premaxilares na parte dianteira do fociño eran máis pequenos que o resto, estaban moi xuntos e tiñan forma de D en sección de cruzamento. En Gorgosaurus, o primeiro dente do óso maxilar superior ten tamén a forma dos oito dentes premaxilares. O resto dos dentes eran ovalados na sección de cruzamento, bastante diferentes á forma de folla de coitelo típica doutros terópodos.[5] Ademais dos oito dentes premaxilares, Gorgosaurus tiña de 26 a 30 dentes maxilares e de 30 a 34 dentes nos ósos dentarios da súa mandíbula inferior. Ese número é similar nos Albertosaurus e Daspletosaurus, pero menor que en Tarbosaurus ou Tyrannosaurus.[15]
Historia
[editar | editar a fonte]O holotipo de Gorgosaurus libratus, NMC 2120, é un esqueleto case completo, con cranio, descuberto en 1913 por Charles M. Sternberg. Este espécime foi o primeiro tiranosáurido descuberto cunha extremidade anterior completa.[16] Foi atopado na Formación Dinosaur Park de Alberta, Canadá e está exposto no Museo Canadense da Natureza, en Otava.[2] Escavadores do Museo Americano de Historia Natural de Nova York buscaron no río Red Deer en Alberta ó mesmo tempo e recolleron centos de espécimes espectaculares de dinosauros, incluíndo catro cranios completos de G. libratus, tres deles asociados cun esqueleto. William Diller Matthew e Barnum Brown describiron os catro espécimes en 1923.[11]
Matthew e Brown tamén describiron un quinto esqueleto, AMNH 5664, que fora achado por Sternberg en 1917 e vendido a este museo. É máis pequeno que os outros espécimes de Gorgosaurus, cun cranio menor e máis lixeiro e patas con proporcións máis longas. Así mesmo, moitas suturas entre os ósos non estaban osificadas completamente neste exemplar, unha característica dos tiranosáuridos novos, pero de igual forma o describiron como o holotipo dunha nova especie, G. sternbergi.[11] Hoxe en día, os paleontólogos consideran a este espécime un exemplar xuvenil de G. libratus.[5][2] Ducias doutros espécimes foron recuperados na Formación Dinosaur Park e expostos en museos dos Estados Unidos de América e o Canadá.[3][2] G. libratus é un dos tiranosáuridos mellor representado no rexistro fósil, cunha serie completa de todas as idades.[5][4]
En 1856, Joseph Leidy describiu dous dentes premaxilares procedentes de tiranosáuridos descubertos en Montana. Sen outro indicio do aspecto do animal e xa que os dentes eran longos e robustos, Leidy deulle o nome de Deinodon.[17] Matthew e Brown postularon en 1922 que eses dentes eran indistinguibles dos de Gorgosaurus, pero en ausencia doutro material para comparar ambos xéneros, optaron por non sinonimizar as especies, nomeando provisionalmente os dentes como ?Deinodon libratus.[18] Aínda que os restos maxilares de Deinodon son moi parecidos ós de Gorgosaurus, os dentes dos tiranosáuridos son moi uniformes, polo que non se pode dicir con certeza a que animal pertenceron. Deinodon foi colocado actualmente na lista de nomina dubia ou nomenclaturas dubidosas.[3][4] Outro esqueleto de tiranosáurido foi encontrado nuns sedimentos algo máis xoves situados en Alberta, foi nomeado en 1905 por Henry Fairfield Osborn como Albertosaurus sarcophagus.[19] Ó achar unhas poucas diferenzas para separar os dous xéneros, Dale Russell declarou ó Gorgosaurus un sinónimo de Albertosaurus en 1970, creando a nova combinación Albertosaurus libratus. Este feito deu lugar á ampliación do rango temporal en varios millóns de anos e do rango xeográfico, centos de km cara ao sur, deste xénero.[3]
Un exame máis recente de Albertosaurus e Gorgosaurus puxo en dúbida a sinonimia proposta por Russell. En 2003, Phil Currie e os seus compañeiros examinaron os cranios das dúas especies e chegaron á conclusión de que ambos xéneros deben manterse, aínda que recoñeceron que os dous xéneros son taxóns irmáns e que a distinción é por conseguinte moi arbitraria. Porén, de acordo con Currie, Albertosaurus e Gorgosaurus non son máis similares que o que o son Daspletosaurus e Tyrannosaurus, case sempre considerados xéneros independentes. Ademais, varios espécimes sen describir de albertosáurinos foron atopados noutras partes de América do Norte, incluíndo Alasca e Novo México, así que Currie recomendou deixar a estes dous xéneros separados ata obter máis información ó respecto.[20] Moitos autores dende entón foron a recomendación de Currie,[5][21][22] pero outros non.[23]
Os moitos esqueletos de tiranosáuridos da Formación Río Judith de Montana probablemente pertenceron a Gorgosaurus, pero non se pode afirmar con certeza se pertencen a G. libratus ou a unha nova especie.[2] Un espécime de Montana, TCMI 2001.89.1, aloxado no Museo dos Nenos de Indianápolis, mostra evidencias de severas patoloxías, incluíndo unha pata sa, costelas e vértebras fracturadas, osteomielites na punta da mandíbula inferior con perda permanente de dentadura e, posiblemente, un tumor cerebral.[24][25]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Merino Laguna, F. M. "Gorgosaurio - Gorgosaurus libratus". Francis. Consultado o 27 de outubro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Currie, Philip J. (2003). "Cranial anatomy of tyrannosaurids from the Late Cretaceous of Alberta". Acta Palaeontologica Polonica 48 (2): 191–226.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Russell, Dale A. (1970). "Tyrannosaurs from the Late Cretaceous of western Canada". National Museum of Natural Sciences Publications in Paleontology 1: 1–34.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Carr, Thomas D. (1999). "Craniofacial ontogeny in Tyrannosauridae (Dinosauria, Coelurosauria)". Journal of Vertebrate Paleontology 19 (3): 497–520.
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 Holtz, Thomas R. (2004). "Tyrannosauroidea". En Weishampel, David B.; Dodson, Peter; & Osmólska, Halszka (eds.). The Dinosauria (Second Edition ed.). Berkeley: University of California Press. pp. 111-136. ISBN 0-520-24209-2.
- ↑ Eberth, David A. (1997). "Judith River Wedge". En Currie, Philip J. & Padian, Kevin (eds.). Encyclopedia of Dinosaurs. San Diego: Academic Press. pp. 199-204. ISBN 0-12-226810-5.
- ↑ Seebacher, Frank (2001). "A new method to calculate allometric length-mass relationships of dinosaurs". Journal of Vertebrate Paleontology 21 (1): 51–60. doi:10.1671/0272-4634(2001)021[0051:ANMTCA]2.0.CO;2.
- ↑ Benson, R. B. J.; Campione, N. S. E.; Carrano, M. T.; Mannion, P. D.; Sullivan, C.; Upchurch, P.; Evans, D. C. (2014). "Rates of Dinosaur Body Mass Evolution Indicate 170 Million Years of Sustained Ecological Innovation on the Avian Stem Lineage". PLoS Biology 12 (5): e1001853. PMC 4011683. PMID 24802911. doi:10.1371/journal.pbio.1001853.
- ↑ Therrien, F.; Henderson, D.M. (2007). "My theropod is bigger than yours...or not: estimating body size from skull length in theropods" (PDF). Journal of Vertebrate Paleontology 27 (1): 108–115. doi:10.1671/0272-4634(2007)27[108:MTIBTY]2.0.CO;2.
- ↑ Campione, Nicolas E.; Evans, David C.; Brown, Caleb M.; Carrano, Matthew T. (2014). "Body mass estimation in non-avian bipeds using a theoretical conversion to quadruped stylopodial proportions". Methods in Ecology and Evolution 5 (9): 913–923. doi:10.1111/2041-210X.12226.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 Matthew, William D.; & Brown, Barnum. (1923). "Preliminary notices of skeletons and skulls of Deinodontidae from the Cretaceous of Alberta". American Museum Novitates 89: 1–9. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 21 de febreiro de 2020.
- ↑ Currie, P. (2001). 2001 A. Watson Armour Symposium: The Paleobiology and Phylogenetics of Large Theropods. Field Museum of Natural History, Chicago.
- ↑ 13,0 13,1 Holtz, T. 2001. Phil Currie celebration, tyrant skin, and other things. Dinosaur Mailing List post. http://dml.cmnh.org/2001Jul/msg00243.html Arquivado 01 de agosto de 2020 en Wayback Machine.. Consultado: 15 de marzo de 2014
- ↑ Carpenter, Kenneth (1997). "Tyrannosauridae". En Currie, Philip J.; Padian Kevin (eds.). Encyclopedia of Dinosaurs. San Diego: Academic Press. pp. 768. ISBN 978-0-12-226810-6.
- ↑ Currie, Philip J.; Hurum, Jørn H; & Sabath, Karol. (2003). "Skull structure and evolution in tyrannosaurid phylogeny". Acta Palaeontologica Polonica 48 (2): 227–234.
- ↑ Lambe, Lawrence M. (1914). "On the fore-limb of a carnivorous dinosaur from the Belly River Formation of Alberta, and a new genus of Ceratopsia from the same horizon, with remarks on the integument of some Cretaceous herbivorous dinosaurs". Ottawa Naturalist 27: 129–135.
- ↑ Leidy, Joseph. (1856). "Notice of remains of extinct reptiles and fishes, discovered by Dr. F.V. Hayden in the badlands of the Judith River". Proceedings of the Academy of Sciences in Philadelphia 8: 72–73.
- ↑ Matthew, William D.; & Brown, Barnum (1922). "The family Deinodontidae, with notice of a new genus from the Cretaceous of Alberta". Bulletin of the American Museum of Natural History 46 (6): 367–385. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2009. Consultado o 24 de decembro de 2020.
- ↑ Osborn, H.F. 1905. Tyrannosaurus and other Cretaceous carnivorous dinosaurs. Bulletin of the American Museum of Natural History. 21: 259-265.
- ↑ Currie, Philip J. (2003). "Cranial anatomy of tyrannosaurids from the Late Cretaceous of Alberta" (PDF). Acta Palaeontologica Polonica 48 (2): 191–226.
- ↑ Erickson, Gregory M.; Makovicky, Peter J.; Currie, Philip J.; Norell, Mark A.; Yerby, Scott A.; & Brochu, Christopher A. (2004). "Gigantism and comparative life-history parameters of tyrannosaurid dinosaurs". Nature 430: 772–775. doi:10.1038/nature02699.
- ↑ Ricklefs, Robert E. (2007). "Tyrannosaur ageing". Biology Letters 3 (2): 214–217. doi:10.1098/rsbl.2006.0597.
- ↑ Carr, T.D., Williamson, T.E. & Schwimmer, D.R. 2005) A new genus and species of tyrannosaurid from the Late Cretaceous (middle Campanian) Demopolis Formation of Alabama. Journal of Vertebrate Paleontology 25(1): 119-143.
- ↑ Pickrell, John. (24 de novembro de 2003). "First dinosaur brain tumor found, experts suggest" (en inglés). National Geographic News. Consultado o 7 de febreiro de 2008.
- ↑ "Meet the Gorgosaur" (en inglés). The Children's Museum of Indianapolis. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2008. Consultado o 7 de febreiro de 2008.