Lingua galó
Aparencia
Galó Galo | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [fʁɑ̃sɛ] | |
Falado en: | Francia | |
Rexións: | Bretaña | |
Total de falantes: | 28 000 | |
Familia: | Indoeuropeo Itálico Románico Italo-Occidental Galoibérico Galorrománico Oïl Galó | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
SIL: | FRA
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua galó é unha lingua romance (polo tanto, derivada do latín) pertencente ao grupo galorrománico, subgrupo de oïl. Algúns lingüistas tamén a denominan britorromance. Xunto co bretón, da familia das linguas celtas, o galó é unha das dúas linguas propias da Bretaña.
O galó fálase tradicionalmente na parte oriental da Bretaña (nos seus límites históricos), así como en boa parte do departamento de Mayenne e no noroeste do de Maine-et-Loire (Alto Anjou).
Dentro do dominio de oïl, o galó encádrase tipolóxica e xeograficamente na súa área occidental e, polo tanto, comparte numerosas características co normando e o pictevino-santonxés.
Comparativa léxica
[editar | editar a fonte]Galego | Bretón | Galó | Francés |
---|---|---|---|
abella | gwenanenn | avètt | abeille |
cadeira | kador | chaérr | chaise |
queixo | formaj | fórmaij | fromage |
saída | er maez | desort | sortie |
caer | kouezhañ | cheir | tomber |
cabra | gavr | biq | chèvre |
casa | ti | ostèu | maison |
beizo | gweuz | lip | lèvre |
boca | genou | góll | bouche (gueule) |
número | niver | limerot | numéro |
pera | perenn | peirr | poire |
escola | skol | escoll | école |
esquío | kazh-koad | chat-de-boéz | écureuil |
estrela | steredenn | esteill | étoile |
horario | taolenn an eurioù | oryaer | horaire |
fumar | mougañ | betunae | fumer |
hoxe | hiziv | anoet | aujourd'hui |
asubiar/chifrar | c'hwibanañ | sublae | siffler |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lingua galó |