The Futureheads (álbum)
The Futureheads | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Futureheads | ||||
Publicado | 2004 | |||
Gravación | 2004 | |||
Duración | 36:30 | |||
Xénero(s) | post-punk revival | |||
Selo(s) | 679 Recordings, Sire Records | |||
Produtor | Paul Epworth | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
The Futureheads é o álbum de estrea da banda inglesa de post-punk revival The Futureheads, editado o 12 de xullo do 2004. Do disco sacáronse os sinxelos "First Day", "Decent Days and Nights", "Meantime" e "Hounds of Love" (unha versión de Kate Bush). The Futureheads tivo unha boa acollida por parte da crítica e foi re-lanzado nunha edición especial no ano 2005, contando cun DVD, traendo unha portada lixeiramente cambiada, en rosa en vez do gris da orixinal.
"Decent Days and Nights" e "Hounds of Love" puxéronse á disposición do xogo Rock Band o 9 de marzo de 2010. "Decent Days and Nights" tamén aparece na banda sonora do videoxogo Burnout 3 e usouse nun capítulo da serie de televisión The O.C. e na película Grandma's Boy.
O disco foi elixido pola publicación Pitchfork Media o 33 mellor álbum do ano 2004[1].
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os temas compostos por The Futureheads agás onde se indique.
- "Le Garage" – 1:45
- "Robot" – 2:00
- "A to B" – 2:27
- "Decent Days and Nights" – 2:31
- "Meantime" – 2:50
- "Alms" – 2:05
- "Danger of the Water" – 2:57
- "Carnival Kids" – 2:44
- "The City Is Here for You to Use" – 2:35
- "First Day" – 2:04
- "He Knows" – 3:13
- "Stupid and Shallow" – 1:34
- "Trying Not to Think About Time" – 2:24
- "Hounds of Love" (Kate Bush) – 3:02
- "Man Ray" – 2:18
Edición especial
[editar | editar a fonte]A edición especial do álbum contén dous temas extra ao final da súa listaxe.
- "Decent Days and Nights (Radio Mix)" – 2:42
- "Hounds of Love (Radio Mix)" – 3:05
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Os 50 mellores álbums de 2004 para Pitchfork Media". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2012. Consultado o 10 de marzo de 2012.