Saltar ao contido

Carmen Amaya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarmen Amaya

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Carmen Amaya Amaya Editar o valor en Wikidata
2 de novembro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Somorrostro, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de novembro de 1963 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Begur, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCementerio de Ciriego (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, bailaor, actriz Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJuan Antonio Agüero González Editar o valor en Wikidata
ParentesLa Chunga, curmá entregue Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteRomArchive (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0024213 Allocine: 8161 Allmovie: p120941 IBDB: 466402
BNE: XX1650331 Spotify: 5UmBsjy0BmvNYBweAftoO9 iTunes: 170006962 Last fm: Carmen+Amaya Musicbrainz: 9f8667df-17af-4d8d-9d80-3174c1177bbb Discogs: 321902 Allmusic: mn0000180367 WikiTree: Amaya-122 Find a Grave: 7772006 Editar o valor en Wikidata

Carmen Amaya Amaya, nada en Barcelona o 2 de novembro de 1918[1] e finada en Bagur (Xirona) o 19 de novembro de 1963, foi unha bailaora de flamenco. Criouse en Barcelona, nunha das barracas da praia de Somorrostro, un espazo entre as praias de Nova Icària e El Bogatell. Naceu probablemente en 1918, segundo o que se deduce do primeiro documento oficial que se ten da súa idade, o padrón xeral de habitantes da cidade de Barcelona de decembro de 1930.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A falta de rexistro de nacemento (non hai ningún Amaya Amaya rexistrado en Barcelona nesas datas) e acta de bautizo (as parroquias do Poble Nou foron incendiadas e os seus arquivos queimados), o valiosísimo documento do padrón certifica que a familia Amaya (Amalla) vivía na barraca número 48 da praia de Somorrostro e que Carmen Amaya tiña 12 anos, polo que debeu nacer en 1918. O pai, José Amaya Amaya foi “tocador de guitarra” e a súa nai Micaela Amaya Moreno era ama de casa e, ocasionalmente, bailaba zambras na intimidade familiar.

O matrimonio Amaya Amaya tivo, que estea rexistrado, 7 fillos, por orde: Paco, Carmen, Antonia, Leonor, José, Antonio e María. Todos dedicáronse profesionalmente ao flamenco, agás o pequeno José, do que se perden as novas nos seus primeiros anos de vida. Paco foi guitarrista e Carmen, Antonia, Leonor, Antonio e María dedicáronse ao baile e, esporadicamente, ao cante, caso de Carmen e Leonor. A irmá da nai, Juana Amaya, coñecida como a "Faraona", foi, en cambio, moi coñecida polo seu porte estatutario e o seu talento no baile.

Dende pequena foi coñecida co alcume de La Capitana, cando se iniciou no flamenco acompañando o seu pai, tamén coñecido como "el Chino" que gañaba a vida tocando polas tabernas da súa vila de noite e de día. O home tocaba a guitarra mentres a pequena Carmen cantaba e bailaba. Despois, pasaban a man ou recollían as moedas que o público lanzara ao chan.[2]

Ao mesmo tempo comezou a aparecer nalgúns teatros que carecían de prestixio. Segundo as súas propias palabras, debutou no Teatro Español do Paralelo na compañía de cómicos de Josep Santpere, empresario de variedades que foi o primeiro en fixarse en Carmen e levala a unha categoría maior,[3] e Josep Bergés. Porén, a súa idade era un grande inconveniente xa que non lle permitía traballar legalmente, e forzaba a unha constante tensión, polo que é bastante probable que a data de nacemento da artista que consta oficialmente non corresponda á realidade segundo investigacións recentes.[3] A súa etnia tamén puido ser unha das causas polas que a súa data de nacemento é un enigma, xa que segundo Montse Madridejos, doutora en Historia da Música pola Universidade de Barcelona e investigadora sobre a historia do flamenco, mostrando un especial interese en Carmen Amaya: "Nese momento, unha xitana nin se bautizaba nin se rexistraba".[4]

Probablemente, a súa primeira actuación nun teatro fora coa obra La Campana de Gràcia o el Fill de la Marieta (secuela de Marieta de l’ull viu) estreada o 7 de xuño de 1924[5].

Pouco tardou en dar un gran salto para actuar en París con grande éxito, no Teatro Palace.[6] Aproveitando a súa estadía en París, o director de cine Benito Perojo fixouse no Trío Amaya (formado por Carmen, a súa tía Juana e a súa prima María) para ambientar “ao flamenco” unhas secuencias do seu filme La Bodega.[7] A aparición de Carmen Amaya bailando por zambra neste filme de 1929 pode considerarse o mellor documento para descartar que nacese en 1913, como se escribiu con pouco fundamento a partir da súa morte, xa que a nena non parece ter moito máis de once anos.

Bailou dende moi nova con figuras xa moi populares e recoñecidas como Raquel Meller.

En 1929, foi a primeira vez que o seu nome apareceu en letra impresa, traballando en Barcelona no escenario de La Taurina grazas ao crítico Sebastián Gasch, quen escribiu un artigo no seminario Mirador[8] sobre Carmen moi eloxioso, e que lle deu recoñecemento xeral polo seu talento como bailadeira.[9] Xa naquela época viuna bailar Vicente Escudero, bailarín, bailadeiro, coreógrafo e pioneiro na renovación do flamenco,[10] quen asegurou que Carmen Amaya faría unha revolución no baile flamenco xa que representaba a síntese de dous grandes estilos: o da bailadeira antiga e o estilo trepidante do bailadeiro nas súas variacións de pés.[11]

En 1930, formou parte da compañía de Manuel Vallejo, actuando por toda España. Ao seu regreso a Barcelona bailou no Teatro Español, recomendada por José Cepero. En 1935 presentouse en Madrid nunha xira organizada polo empresario Juan Carceller. Esta actuación foi seguramente a auténtica consagración de Carmen a nivel estatal.[2] Tamén o mundo do cinema se fixou nela e dende a súa primeira intervención no cinema interpretando un pequeno papel no filme La filla de Juan Simón, con Angelillo, en 1935 ata a última en Los Tarantos descóbrese no seu baile o valor do máis puro flamenco.[2] Tamén en Barcelona, participou nunha revista musical.

A chegada da II República supuxo un cambio a mellor nas condicións de vida de toda a súa familia, os xornalistas falaban dela, o seu caché subía e conseguiron abandonar a barraca da praia para trasladarse a un piso na rúa das Tapias, no Barrio Chinés.

A partir de 1933, as súas actuacións e éxitos sucédense. Apareceu brevemente no filme de José Buchs Dos mujeres y un Don Juan[12] e compartiu escenarios coas figuras máis relevantes do flamenco desa época: La Niña de los Peines, Manuel Vallejo, Manuel Torres, José Cepero, os Borrull, Pastora Imperio, Niño Ricardo, Ramón Montoya ou Sabicas, que se converteu durante moitos anos na súa parella artística á guitarra.

O lanzamento definitivo tivo lugar en 1935 cando o director José Luis Sáenz de Heredia a contratou como artista invitada no filme La hija de Juan Simón e Jerónimo Mihura fixo o propio para a curtametraxe Don Viudo de Rodríguez[13]. Instalada coa súa familia en Madrid, actuou en multitude de salas, como o Teatro de la Zarzuela con Concha Piquer e Miguel de Molina e noutras localidades españolas, como Huesca, Sevilla, San Sebastián ou Valladolid. O seu primeiro papel como protagonista no cinema foi para Francisco Elías en María de la O, rodada en 1936, meses antes de deixar España, ao comezo da guerra civil.

Primeiros éxitos internacionais: Suramérica e Centroamérica (1936-1940)

[editar | editar a fonte]

O 18 de xullo de 1936, comenzada a Guerra Civil co golpe de Estado, Carmen Amaya e a súa compañía atopábanse no Teatro Zorrilla de Valladolide co espectáculo de Luisita Esteso, traballando na compañía de Carcellé, grande empresario español que se dedicaba á organización de grandes eventos en España.[2][14] Por eses momentos as cousas xa lles ían ben economicamente, e compraran o seu primeiro coche. Tiñan que ir a Lisboa para cumprir un contrato, mais o coche foi requisado e ata novembro non puideron pasar a Portugal.[2]

De allí cruzaron a fronteira ata Portugal e, tras un breve espazo de tempo en Lisboa, embarcáronse rumbo a Buenos Aires no buque Monte Pascoal,[15] que tardou quince días en cruzar o Atlántico, facendo escalas no Brasil e o Uruguai.[2]

Coincidindo coa temporada estival (austral) en Buenos Aires, a súa compañía foi contratada para actuar no Teatro Maravillas, estreando espectáculo o 12 de decembro de 1936. O éxito foi inmediato: centenares de funcións ininterrompidas, todo un ano en cartel coas entradas vendidas e a súa fama crecendo como a escuma. O triunfo de Carmen Amaya e os seus superou todas as expectativas. Foron para quedar só catro semanas e, finalmente, viviron alí durante nove meses, xa que cada vez que Carmen actuaba o teatro se enchía e as entradas chegaron incluso a venderse con dous meses de antelación. Mostra da enorme popularidade que a artista conseguiu neste país suramericano, é a construción do teatro que leva o seu nome, o Teatro Amaya.[2]

O éxito que tivo na Arxentina permitiulle presentarse noutros países como o Uruguai, México e Cuba. En 1939, rodou na Habana ás ordes de Jean Angelo a curtametraxe El Embrujo del Fandango, no que actuou cun traxe de inspiración bolera de cor verde que foi inmortalizado por Ruano Llopis no seu cadro dedicado a “Carmen Amaya, prodixio da arte flamenca, con admiración e afecto”, en xuño de 1939, en México[16].

Na capital mexicana debutou no Teatro Fábregas en abril de 1939 e mantívose ata agosto dese mesmo ano, con incursións noutras localidades como Guadalajara ou Torreón. De xaneiro a abril de 1940 actuou na sala El Patio da Cidade de México xunto ao bailarín Antonio Triana quen, segundo a súa esposa Rita de Triana, foi o intermediario entre Carmen e Sol Hurok, o representante de estrelas estadounidense que a anunciou como "El Vesubio humano"[17] e quen a contratou para debutar en Nova York en 1941.[2] Destes anos son os eloxios do director de orquestra Arturo Toscanini declarando: “nunca na miña vida vin unha bailarina con tanto fogo e ritmo e cunha personalidade tan marabillosa”, ou os de Leopolde Stokowski: “qué demo será o que leva no corpo?”[18].

Ademais, parece ser que durante boa parte daqueles anos en América a bailadeira mantivo unha relación sentimental con Sabicas, quen declarou pouco antes da súa muerte que Carmen e el foran mozos durante nove anos, e que se separaban en México.[2]

Consagración nos Estados Unidos (1941-1947)

[editar | editar a fonte]

En América, Carmen Amaya coñeceu moitas das persoas máis influentes do seu tempo.[2] En 1941 viaxou a Nova York, e actuou no Carnegie Hall, en unión de Sabicas e Antonio de Triana.

Carmen foi portada de multitude de revistas e admirárona os máis famosos astros do cinema e a arte. Estivo varias veces en Hollywood para rodar algúns filmes e as personalidades máis destacadas do cine, a música ou a cultura quixeron vela bailar. O músico Toscanini foi un día a vela, e declarou que nunca antes vira unha artista con máis ritmo e máis fogo que ella. Improvisaba continuamente, con tanta rapidez como perfección. Nos Estados Unidos coñeceu tamén ao presidente Roosevelt. Cóntase que este lle regalou unha chaqueta bolera con incrustacións de brillantes tras vela actuar e que a invitou a actuar nunha festa na Casa Branca.[2]

Dende 1942 en Hollywood converteuse nunha grande atracción. Interpretou unha versión de El amor brujo de Manuel de Falla, no Hollywoode Bowl, ante vinte mil persoas, coa Orquestra Filharmónica. Interveu nun gran número de filmes e gravou para diferentes compañías discográficas.

Volveu a Europa e presentouse no Teatro dos Campos Elíseos de París, para facelo logo en Londres, onde chegou a tratar coa raíña de Inglaterra,[2] e en teatros neerlandeses, dende onde pasou a México e despois outra vez a Nova York e Londres, para seguir por Suráfrica e a Arxentina, antes de volver a Europa.

Regreso a España

[editar | editar a fonte]

Cando Carmen Amaya volveu a España en 1947 era xa unha figura mundial indiscutible. Os anos estadounidenses para asentar profesionalmente a súa arte, senón tamén para que a súa lenda crecese imparable. Por entón, o seu baile era o flamenco máis bravo que subira ao teatro. Mais non destacaba unicamente pola súa arte, tamén pola súa personalidade fascinante, que conquistaba todos cantos coñecía, tanto polo seu baile como polos seus imprevisibles comportamentos. Ademais de ser extraordinariamente xenerosa.[2] A súa reaparición nos escenarios foi no Teatro Madrid co espectáculo Embrujo español.

Obtivo un sonado éxito no Princess Theatre londiniense en 1948, e na súa seguinte xira por América, percorreu a Arxentina en 1950. O ano seguinte volveu bailar en España, presentándose no Teatro Tívoli de Barcelona, despois de varias actuacións en Roma. Continuou a actuar en Madrid, París, Londres, e diversas cidades de Alemaña, Italia e outros países europeos. En Londres, foi felicitada pola raíña e apareceu na prensa unha fotografía co texto: «Dúas raíñas fronte a fronte». Europa do norte, Francia, España, os Estados Unidos, México e Suramérica foron os itinerarios que seguiu co seu elenco nos anos seguintes.

En 1952 casou co guitarrista Juan Antonio Agüero, membro da súa compañía, un home pertencente a unha distinguida familia de Santander, que non era xitano. Viviron unha auténtica historia de amor, cunha voda íntima. No ano 1959 Carmen viviu outro dos momentos máis emocionantes da súa vida cando se celebrou a cerimonia de inauguración da fonte co seu nome no Paseo Marítimo de Barcelona, que atravesa o barrio de Somorrostro, os mesmos lugares e a mesma fonte por onde ela paseara moitos anos antes, cos pés descalzos e arrastrando as súas miserias de nena.[2] Ese mesmo ano, alcanzou un gran triunfo no Westminster Theatre de Londres e no Teatro de la Zarzuela de Madrid.

A súa doenza viuse agravada pola rodaxe do seu último filme, Los Tarantos, de Rovira-Beleta (1963). A pesar dos inconvenientes, Carmen levouna con grande enteireza, e ao acabar a rodaxe, iniciaron a xira de verán. Cando actuou por última vez en Madrid, Carmen Amaya estaba xa enferma de morte.[2] Finalmente, a súa enfermidade impediulle continuar, unha especie de insuficiencia renal que lle impedía eliminar debidamente as toxinas que o seu corpo acumulaba. Os médicos non puideron atopar ningunha solución ao seu problema[2] e bailou por última vez en Málaga. O 8 de agosto de 1963, cando estaba traballando en Gandía, Carmen non chegou a terminar a súa actuación. Estaba bailando un dos seus números, cando de súpeto lle dixo a Batista: "Andrés, terminamos".

Falecemento

[editar | editar a fonte]

Os últimos dez anos da súa vida viviunos rodeada de xente e case santificada. Non só polo seu público, senón por quen traballaban con ela.[2] O seu falecemento por unha doenza renal constituíu unha grande aflición para todo o mundo flamenco, séndolle outorgada a Medalla do Mérito Turístico de Barcelona, o Lazo de Isabel a Católica e o título de filla adoptiva de Bagur.

O seu enterro convocou un gran número de persoas xitanas e non xitanas de Cataluña así como de distintos puntos do resto de España e Francia. No ano 1964, os mestres León e Solano compuxeron a copla Aquella Carmen dedicada á memoria de Carmen Amaya, que dicía: Se murió Carmen Amaya, y España entera lloró (“Morreu Carmen Amaya, e España enteira chorou”).[19]

En 1966, inaugurouse o seu monumento no Parque de Montjuïc de Barcelona, e en Buenos Aires foille dedicada unha rúa, mentres que en Madrid, no Tablao Los Califas, se lle tributou unha homenaxe na que interveu entre outros artistas Lucero Tena. Tamén en 1970, fíxoselle unha homenaxe en Llafranch.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Madridejos, Montse; Pérez Merinero, David (2013). Carmen Amaya. Barcelona: Edicions Bellaterra. p. 21. ISBN 978-84-7290-636-5. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 "Biografia de la bailaora Carmen Amaya" (en inglés). Consultado o 18 de maio de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "Biografia da bailaora Carmen Amaya" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2018. 
  4. "Carmen Amaya podría haber nacido en 1918 y no en 1913". La Vanguardia. Consultado o 19 de maio de 2018. 
  5. Edicions Bellaterra, ed. (2013). Carmen Amaya (en castelán). Barcelona. p. 22. ISBN 978-84-7290-636-5. 
  6. Herbert Kadison. "Flamenco Firebrand." Greenwich Village Chatter II:11 (outubro de 1946), 5-7.
  7. "Carmen Amaya na película de Benito Perojo a Bodega de 1929". 
  8. "Biografia de la bailaora Carmen Amaya" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2018. 
  9. Clarke, Mary & Crisp, Clement 1981. The history of dance. Orbis, Londres. p. 60
  10. "Vicente Escudero — Danza.es". www.danza.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2023. Consultado o 18 de maio de 2018. 
  11. "Biografia de la bailaora Carmen Amaya" (en castelán). Consultado o 18 de maio de 2018. 
  12. "Carmen Amaya en dous mujeres e un Don Juan". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2018. 
  13. "Carmen Amaya en Don viudo de Rodríguez". 
  14. "INFOCIRCO. Juan M. Carcellé, vida de un gran empresario". www.infocirco.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2018. Consultado o 18 de maio de 2018. 
  15. Carmen Amaya. Edicions Bellaterra. 2013. p. 33. ISBN 978-84-7290-636-5. 
  16. Carmen Amaya. Barcelona: Edicions Bellaterra. 2013. p. 30. ISBN 978-84-7290-636-5. 
  17. "Especial CENTENARIO CARMEN AMAYA - Revista DeFlamenco.com". Revista DeFlamenco.com (en castelán). 13 de maio de 2013. Consultado o 19 de maio de 2018. 
  18. Carmen Amaya. Barcelona: Edicions Bellaterra. 2013. p. 31. ISBN 978-84-7290-636-5. 
  19. Clarke, Mary & Vaughan, Davide 1977. The encyclopedia of dance & ballet. Pitman, Londres. p. 316
  20. Secuencia do baile sobre unha mesa
  21. Dirixido por Francisco Elías Riquelme
  22. Carmen Amaya bailando con castañolas en "María de la O"
  23. Dirección: Jean Angelo. Duración 16 minutos. Formato 35 mm. Proxectado na Filmoteca Española, en setembro de 2013.
  24. Fragmentos de: Los amores de un torero (1945) e El embrujo del fandango (1939).
  25. Baile por bulerías, na longametraxe Los Tarantos

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Dublin, Anne (2009). Dynamic Women Dancers. Second Story Press. ISBN 978-1-897187-56-2. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2014. Consultado o 12 de setembro de 2018. 
  • Bois, Mario (1994). Carmen Amaya o la danza del fuego. Madrid: Espasa Calpe.
  • Hidalgo Gómez, Francisco (1995). Carmen Amaya: cuando duermo sueño que estoy bailando. Barcelona. Libros PM.
  • Hidalgo Gómez, Francisco (2010). Carmen Amaya. La biografía. Barcelona: Ediciones Carena.
  • Madridejos Mora, Montserrat (2012). El flamenco en la Barcelona de la Exposición Internacional (1929-1930). Barcelona: Edicions Bellaterra.
  • Madridejos Mora, Montserrat e David Pérez Merinero (2013), Carmen Amaya. Barcelona: Edicions Bellaterra.
  • Montañés, Salvador (1963). Carmen Amaya. La bailaora genial. Barcelona: Ediciones G.P.
  • Pujol Baulenas, Jordi e Carlos García de Olalla (2003). Carmen Amaya. El mar me enseñó a bailar. Barcelona: Almendra Music.
  • Revista de l'Associació d'Investigació i Experimentació Teatral, 2008 n.º 66-67
  • Sevilla, Paco (1999). Queen of the gypsies. The Life and legend of Carmen Amaya. San Diego, EE.UU: Sevilla Press.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]