Saltar ao contido

Universidade de Aveiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade de Aveiro
Datos xerais
Fundación1973
Datos actuais
ReitorPaulo Jorge Ferreira
Datos de contacto
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de Aveiro (UA) é unha institución pública de ensino superior en Portugal, con sede na cidade de Aveiro. Creada en 1973, a UA converteuse nunha universidade de referencia pola alta calidade da súa investigación, do profesorado e das infraestruturas. Forma parte do Grupo Compostela de Universidades.

Oferta formativa

[editar | editar a fonte]

Ademais dos seus cursos de grao, a UA conta cunha ampla oferta de cursos de formación especializada (CFE), cursos de especialización tecnolóxica (CET), másteres e doutoramentos.

Reitorado

[editar | editar a fonte]

O reitor Paulo Jorge Ferreira foi elixido para un segundo mandato en maio de 2022, é doutorado en Engenharia Eletrotécnica e catedrático no Departamento de Eletrónica, Telecomunicações e Informática do cal foi director entre 2015 e 2018.[1]

En 2011, a antiga reitora da UA, María Helena Nazaré, foi nomeada presidenta da Asociación de Universidades Europeas.[2]

Cualificacións

[editar | editar a fonte]

En 2011, a Universidade de Aveiro foi considerada unha das mellores universidades de Europa e a mellor de Portugal, segundo o ranking da revista británica Times Higher Education (THE).[3] En 2016 segundo a mesma revista situouse como a 83ª do mundo.

En 2009, a Universidade de Aveiro ocupa o posto 137 no campo da enxeñaría, no ranking internacional «Consello de Avaliación e Acreditación da Educación Superior de Taiwán», seguida da Universidade Técnica de Lisboa (189º) e da Universidade do Porto (257º).[4] En canto ás clasificacións baseadas na investigación, como, por exemplo, a NTU, a Universidade acadou o posto 145 en Enxeñaría química; 147 para Ciencias de materiais; 151 para Enxeñaría; 178 para Ambiente/Ecoloxía e 189 para Química.

Na edición de 2017 da Clasificación de Shanghai, a institución situouse no rango [401-500], sendo a terceira universidade portuguesa mellor situada nesa clasificación, despois da Universidade de Lisboa e a Universidade do Porto.[5]

A Universidade de Aveiro está á vangarda da investigación universitaria en Portugal, segundo un estudo do exdecano da Universidade Nova de Lisboa, Luís Sousa Lobo, que demostra que cada profesor da UA publica, de media, 1,5 artigos científicos ao ano.[6]

A UA acadou unha posición significativa entre as institucións de educación superior en Portugal, sendo unha das mellores universidades en canto á calidade da infraestrutura, a capacidade de investigación e a excelencia dos recursos humanos.

Os proxectos de investigación na UA desenvólvense no ámbito de 19 unidades de investigación, das máis variadas áreas científicas. O 52% destas unidades de investigación foron clasificadas como Moi Bo, Excelente ou Excepcional na última avaliación promovida pola Fundación para a Ciência e Tecnoloxía e comprenden o 64% do total de investigadores da UA.


Desde 1998 forma parte do Consorcio Europeo de Universidades Innovadoras (ECIU), un clúster internacional de universidades de investigación, con énfase colectivo na innovación, a creatividade e o impacto na sociedade. Cada membro comparte unha serie de características distintivas cun forte compromiso coa innovación e a investigación aplicada, con estreitos vínculos cos socios da industria. Como a investigación da UA é un compoñente forte, durante 2015 leváronse a cabo 316 proxectos de investigación e transferencia de tecnoloxía. 80 destes proxectos están ou foron financiados por programas europeos e/ou internacionais, sendo 27 polo VII Programa Marco, 13 polo Horizonte 2020 e 17 por ERASMUS+.

O coñecido buscador portugués SAPO foi creado na Universidade de Aveiro en 1995.[7]A Universidade de Aveiro foi campioa do mundo de fútbol robótico en 2008.[8]

Nos comezos da pandemia de COVID-19 investigadores da Universidade de Aveiro, da USC, da UdVigo e do CSIC empregou unha metodoloxía semellante á das enquisas electorais para ditaminar o alcance da onda de contaxios.[9]

Localización

[editar | editar a fonte]

A Universidade de Aveiro concéntrase case na súa totalidade en Aveiro, no Campus Universitario de Santiago, unha ampla zona situada entre a zona da lagoa das salinas e o centro da cidade. As excepcións son a Escola Superior de Tecnoloxía e Xestão de Águeda, a Escola Superior de Deseño, Xestão e Tecnoloxías da Produção Aveiro Norte, con sede en Oliveira de Azeméis, e algunhas residencias espalladas polo distrito.

O Campus de Santiago conta con espazos naturais e está formado por preto de 40 edificios: edificios docentes, de investigación, de apoio administrativo e técnico, residencias, comedores, bares, farmacia, bibliotecas, libraría, papelería, centro universitario de saúde, banco (CGD), correos (CTT), reprografía, tenda da Universidade, complexo deportivo (con pista de atletismo), salas de espectáculos e conferencias, galerías de exposicións, gardería e xardín de infancia. Ademais, o hospital está ao lado da universidade.

No campus reúnense nun único espazo todas as infraestruturas de estudo, investigación, apoio, culturais, deportivas e de lecer.

Fotografia panorâmica tirada ao anoitecer que mostra a Universidade de Aveiro.
Vista panorámica do Campus de Santiago

Con edificios deseñados polos mellores arquitectos portugueses, entre eles Álvaro Siza Vieira (Biblioteca Universitaria), Eduardo Souto de Moura (Departamento de Xeociencias), Adalberto Dias (Departamento de Enxeñaría Mecánica), Alcino Soutinho (Departamentos de Química e Enxeñería Cerámica e do Vidro), Vítor Figueiredo (Conxunto Pedagóxico, Científico e Tecnolóxico), Aires Mateus (Cantina do Polo II), etc., o Campus Universitario de Santiago é unha sala de exposicións da arquitectura moderna portuguesa, visitada cada ano por milleiros de arquitectos e estudantes de arquitectura de arredor do mundo.[10] [11]

Estrutura Orgánica

[editar | editar a fonte]

A superficie do campus da Universidade de Aveiro está próxima ás 100 hectáreas.[12]

Edificio do Departamento de Xeociencias.

Departamentos e escolas politécnicas

[editar | editar a fonte]

A UA divídese en 16 departamentos e 4 escolas politécnicas [13] [14] :

A Universidade de Aveiro envía e recibe estudantes de diferentes países do mundo. Alumnos célebres da UA son a modelo xaponesa Maiko Itai[15], os deportistas olímpicos Catarina Fagundes e Miguel Monteiro, os políticos Eduardo Marçal Grilo e Miguel Viegas (eurodeputado), a cantante de jazz Jacinta ou os profesores e IEEE Fellow José Carlos Pedro e Nuno Borges De Carvalho.

  1. Aveiro, Universidade de. "Reitor - reitoria". Universidade de Aveiro (en portugués). Consultado o 2022-07-18. 
  2. Aveiro, Universidade de. "antigos-reitores-helena-nazare". Universidade de Aveiro (en portugués). Consultado o 2022-07-18. 
  3. "Artigo da TVI". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  4. Ranking[Ligazón morta]
  5. "Ranking de Xangai: cinco universidades portuguesas nas 500 melhores do mundo". www.publico.pt (en portugués). Consultado o 2017-08-15. 
  6. "Artigo do jornal Público em formato PDF" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2006-08-27. Consultado o 2011-01-07. 
  7. Ver rodapé do site
  8. Artigo do Jornal de Notícias
  9. Diario, Nós (2020-04-14). "“O esperábel é tardar 45 días en reducir o número de persoas infectadas a cero”". Nós Diario. Consultado o 2022-07-18. 
  10. A.A.V.V. – Guia de Arquitetura: Norte e Centro de Portugal. Porto: Traço Alternativo, Arquitetos Associados Lda, 2010. ISBN 978-972-788-381-3
  11. Universidade de Aveiro. "Alcino Soutinho". Consultado o 03-03-2014. 
  12. "Superficie da Universidade de Aveiro". ua.pt. Consultado o 2022-07-18. 
  13. Universidade de Aveiro. "departamentos". Consultado o 18 de março de 2017. 
  14. Universidade de Aveiro. "escolas politécnicas". Consultado o 18 de março de 2017. 
  15. Aveiro, Universidade de. "Workshop Sociedades de Reabilitação Urbana". Universidade de Aveiro (en portugués). Consultado o 2022-07-18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

A investigación na UA realízase no ámbito de 19 unidades de investigación, das máis variadas áreas científicas:

Outras ligazóns externas

[editar | editar a fonte]