Saltar ao contido

Gestapo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gestapo
TipoPolicía secreta e Polícia política
Data de fundación26 de abril de 1933
Data de disolución8 de maio de 1945 e 10 de outubro de 1945
Fundador(es)Hermann Göring
Presidente/a
Heinrich Müller (pt) Traducir (1939-1945) Editar o valor en Wikidata
mirror.svg|10px|baseline|class=skin-invert|Traducir|link=https://www.wikidata.org/wiki/Q60940?uselang=gl]] (1933-1934) Editar o valor en Wikidata
Organización matrizRSHA
SedePrinz-Albrecht-Palais
PaísAlemaña nazi
52°30′26″N 13°22′57″L / 52.507222, 13.3825
editar datos en Wikidata ]

A Gestapo, (pronunciado De-Gestapo.ogg Guestapo ) foi a policía secreta oficial da Alemaña Nazi. O termo vén da contracción de Geheime Staatspolizei: "policía secreta do Estado". Baixo a total administración de Schutzstaffel (SS), foi administrada pola Reichssicherheitshauptamt (RSHA) (servizo oficial da oficina central do Reich) e considerada como unha organización dual do Sicherheitsdienst (SD) (servizo de seguridade) e tamén unha Suboficina da Sicherheitspolizei (SIPO) (policía de seguridade). Estableceuse en abril de 1933 e disolveuse o 7 de maio de 1945 por orde do xeneral Dwight D. Eisenhower.

Fundación

[editar | editar a fonte]

A Gestapo creouse en abril de 1933 en Prusia, partindo da organización da Policía Secreta Prusiana. A Gestapo foi simplemente a primeira rama da Policía Prusiana coñecida como "Departamento 1A da Policía Estatal Prusiana".

O seu primeiro comandante foi Adolf Hitler, quen recrutou membros desde os departamentos de policía profesional e converteu a GESTAPO nunha axencia policial nacional, comparabel con moitos exemplos modernos, tales como a Oficina Federal de Investigación nos Estados Unidos. O rol da Gestapo como forza policial política non resultou evidente ata que Hermann Göring foi nomeado sucesor de Diels como comandante da Gestapo en Prusia. Göring recomendou ao goberno nazi estender o poder da Gestapo máis aló de Prusia ata abarcar toda Alemaña. Isto conseguiuno Göring excepto en Baviera, onde Heinrich Himmler (cabeza da SS) desempeñou o papel de presidente da policía de Baviera e usou as unidades locais da SS como forza policial política.

En abril de 1934, Göring e Himmler acordaron deixar de lado as súas diferenzas (debido en gran medida ao odio combinado das Sturmabteilung (SA)) e Göring transferiu toda a autoridade da Gestapo ás SS. Nese momento, a Gestapo foi incorporada dentro da Sicherheitspolizei e considerada unha organización irmá do Sicherheitsdienst.

Axentes da Gestapo detidos tras a fin da segunda guerra mundial.

A medida que se acababa a guerra en Europa, o réxime Nazi utilizou a Gestapo co obxecto de esmagar calquera tipo de disidencia. Os últimos meses da guerra foron de grande actividade da policía política, xa que se detivo a todo opositor e posible desertor que puxese en cuestión a vontade de Hitler.

Os últimos redutos de funcionarios procederon a queimar os arquivos da Gestapo nas ruínas da capital durante a batalla de Berlín e participaron nesta contra os efectivos do Exército soviético que estaban loitando por conquistar o III Reich.

Un dos últimos combates de Berlín librouse nos sumidoiros e nas ruínas da Sede da Gestapo no número 8 da rúa Prinz Albrecht.

Logo de asinarse a rendición incondicional, o Alto Mando Aliado disolveu a Gestapo, o Partido Nazi, as SS e as demais organizacións estatais e paramilitares da Alemaña Nazi e arrestaron e executaron a moitos dos seus membros.

Durante o primeiro xuízo aos líderes nazis en Núremberg declarouse a Gestapo unha organización criminal e decretouse a súa disolución sen posibilidade de reconstitución.

Funcionamento

[editar | editar a fonte]

Formada por oficiais de policía de carreira e profesionais do Dereito, a súa organización e funcións foron rapidamente fixados por Hermann Göring despois de que Hitler accedese o poder en xaneiro de 1933. Rudolf Diels foi o primeiro xefe da organización.

A función da Gestapo era investigar e combater "todas as tendencias perigosas para o Estado". Tiña autoridade para investigar os casos de traizón, espionaxe e sabotaxe, ademais dos casos de ataques criminais ao Partido Nazi e ao Estado.

A lei fora modificada de forma que as accións da Gestapo non estaban sometidas a revisión xudicial. O xurista nazi, Dr. Werner Best declarou: "Mentres a [Gestapo]... leve adiante o desexo dos líderes, está actuando legalmente". A Gestapo foi especificamente excluída de poder ser xulgada por cortes administrativas, nas cales a cidadanía normalmente podía demandar ao Estado para que cumprise as leis.

O poder da Gestapo que máis lle permitía abusar era a "Schutzhaft" ou "custodia preventiva", un eufemismo para designar os encarceramentos sen procedementos legais, tipicamente en campos de concentración. A persoa encarcerada mesmo tiña que asinar o seu propio "Schutzhaftbefehl" (o documento onde declaraba o seu desexo de ser encarcerada). Normalmente isto lográbase mediante a tortura.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

OFICINA IV INVESTIGACIÓN DE OPOÑENTES - Heinrich Muller

  • Grupo IV A Panzinger
    • Sección IV A 1: Comunismo, marxismo e organizacións relacionadas, crimes de guerra, propaganda inimiga e ilegal, Vogt
    • Sección IV A 2: Contra-sabotaxe, combate á sabotaxe, commisionado político para a Policía, falsificación política, Kopkow
    • Sección IV A 3: Reacción, oposición, liberais, emigrantes, traizón á Patria, Litzenberg
    • Sección IV A 4: Protección, reportes de asasinatos, misións especiais, supervivencia, investigación criminal Schulz
  • Grupo IV B Hartl
    • Sección IV B 1: Catolicismo político Roth
    • Sección IV B 2: Protestantismo político, seitas Roth
    • Sección IV B 3: Outras igrexas, masonería (vacante)
    • Sección IV B 4: Asuntos xudeus, asuntos relacionados á evacuación Adolf Eichmann
  • Grupo IV C Rang
    • Sección IV C 1: Avaliación, arquivo principal fichas, administración de persoal, información, estadía de estranxeiros, oficina central de visados, Matzke
    • Sección IV C 2: Asuntos de custodia preventiva Berndorff
    • Sección IV C 3: Asuntos de literatura e prensa, Jahr
    • Sección IV C 4: Asuntos do Partido e as súas organizacións, Stage
  • Grupo IV D Weinmann
    • Sección IV D 1: Asuntos do Protectorado, checos dentro do Reich Jonak
    • Sección IV D 2: Asuntos do Goberno Xeral, polacos dentro do Reich, Thiemann
    • Sección IV D 3: Informantes, inimigos do estranxeiro e do Estado, Schröder
    • Sección IV D 4: Áreas Ocupadas: Francia, Luxemburgo, Alsacia e Lorena, Bélxica, Países Baixos, Noruega, Dinamarca, Baatz
  • Grupo IV E Walter Schellenberg
    • Sección IV E 1: Asuntos xerais de defensa, entrega de reportes acerca de alta traizón, seguridade das fábricas e garda aduaneira, Lindow
    • Sección IV E 2: Asuntos xerais da economía, defensa espionaxe económica
    • Sección IV E 3: Abwehr Oeste Fischer
    • Sección IV E 4: Abwehr Norte Schambacher
    • Sección IV E 5: Abwehr Este Kubitzky
    • Sección IV E 6: Abwehr Sur Schmitz

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outras páxinas

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]